José Luis Bugallal Marchesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Bugallal Marchesi
Nacemento18 de setembro de 1899
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento26 de decembro de 1989
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
PaiIsidoro Bugallal
IrmánsJavier Bugallal Pérez de Castro
editar datos en Wikidata ]

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de xornalistas. O seu bisavó fora Isidoro Araújo de Lira, xornalista galegocubano de Bouzas, e o seu pai o tamén xornalista Isidoro Bugallal. Estudou o bacharelato en Alemaña e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela[1]. Como xornalista, colaborou con medios locais, como El Noroeste, El Orzán e Marineda, e tamén no ABC e na Hoja del Lunes de Madrid, pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi El Ideal Gallego. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo.

En 1951 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Manuel Casás, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo López[2]. Tamén foi membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El coloso de Rande, 1927.
  • El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía[3], 1951.
  • La gaita en Britania, 1956.
  • Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores, 1964.
  • Compostela: piedra y alma, 1983.

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Platino ao Mérito Deportivo.
  • Premio de honra da Agrupación Española de Periodistas Deportivos.
  • O concello da Coruña tenlle adicada unha rúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El coloso de Rande, por José Manuel Ponte, Faro de Vigo, 18/10/2007, arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2012
  2. "José Luís Bugallal y Marchesi". Real Academia Galega. 
  3. Bugallal Marchesi, J. L. (1951). El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía. Real Academia Galega.