Inditex
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Coordenadas: 43°18′52.55″N 8°30′18.02″O / 43.3145972, -8.5050056
INDITEX ![]() | |
---|---|
![]() Industria de Deseño Téxtil | |
![]() Sede de Inditex en Arteixo. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 12 de xuño de 1985 (38 anos) |
Localización | Avda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo, provincia da Coruña ![]() |
Fundador | Amancio Ortega Gaona |
Persoas clave | Marta Ortega(Presidenta) Pablo Isla (exPresidente e CEO) Ignacio Fernández (CFO) |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa, calzado especializado e téxtil para o fogar |
Beneficio | € 25.336 millóns (2017)[1] |
Número de empregados | 171 839 (2017)[2] |
Na rede | |
https://www.inditex.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é unha multinacional da industria téxtil de orixe galega. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa por diante da sueca H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap, sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy).[3] Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, provincia da Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. A súa presidenta actual é Marta Ortega[4].
Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo[5] e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.[6]
A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.
Historia[editar | editar a fonte]


En 1963 Amancio Ortega, Rosalía Mera, Antonio e Josefina Pepita (irmáns de Amancio), Primitiva Renedo (muller de Antonio) e Miguel Jove (marido de Pepita) xunto con José Antonio Caramelo (quen máis tarde fundaría Caramelo)[7] traballan en La Maja e marchan para fundar unha empresa dedicada á fabricación de pezas de roupa de vestir na rúa Noia da Coruña. En 1971 fundan Goa (as iniciais dos irmáns Amancio e Antonio Ortega Gaona ao revés) no Polígono da Moura na Grela. En 1974 Amancio Ortega merca a terceira parte do polígono de Sabón que estaba a construír a Deputación da Coruña en Arteixo. Non foi porén ata 1975 cando abriu a primeira tenda baixo a denominación Zara na rúa Juan Flórez[8] da Coruña. Durante os dez anos seguintes, a cadea estendeuse rapidamente por toda España e en 1985 creouse INDITEX como cabeceira do grupo de empresas, que medrou progresivamente ata contar con varios centros de fabricación, que distribuían os seus produtos a distintos países europeos, abrindo tendas no Porto (1988), Nova York (1989) e París (1990).
No ano 1991 o grupo expandiuse coa creación da cadea de tendas Pull and Bear e a adquisición do 65% da cadea Massimo Dutti, merca que se completou en 1995. Tamén se creou Kiddy's Class, unha cadea de tendas de roupa para nenos. Bershka abriu as súas portas en 1998 e ao ano seguinte mercou Stradivarius.
O 2001 converteuse nun ano importante para o grupo, coa apertura de Oysho e a saída a bolsa do grupo o 23 de maio por un valor total dun billón de pesetas. Dous meses despois o grupo xa formaba parte do selecto IBEX 35. A expansión do grupo seguiu ata hoxe en día.
En 2002 crea a marca Often que sae ao mercado en 2003. En 2006 a marca pecha tendo entón 40 establecementos, 36 en España e catro en Portugal. Trinta desas tendas foron vendidas ao empresario catalán Julián Imaz coas que creou Friday's Project. En 2010, xa coa marca Often pechada, o Tribunal Xeral da Unión Europea rexeitou a petición de Inditex para rexistrar a marca para reloxos e complementos por posible confusión coa marca española de reloxos Olten[9].
En 2011-12 a marca Oysho chegou a un acordo de deseño e colaboración con Adidas[10].
Expansión internacional de ![]() | |
---|---|
Data | Países |
1988 | Portugal (Porto) |
1989 | Estados Unidos de América (Nova York) |
1990 | Francia (París) |
1991 | - |
1992 | México |
1993 | Grecia |
1994 | Bélxica e Suecia |
1995 | Malta |
1996 | Chipre |
1997 | Noruega e Israel |
1998 | Xapón, Turquía, Reino Unido, Arxentina, Venezuela, Líbano, Emiratos Árabes Unidos e Kuwait |
1999 | Alemaña, os Países Baixos, Polonia, o Brasil, Chile, o Uruguai, Arabia Saudita, Bahrain e o Canadá |
2000 | Australia, Qatar, Dinamarca e Andorra |
2001 | Irlanda, Islandia, Luxemburgo, República Checa, Porto Rico, Xordania e Italia |
2002 | Finlandia, Suíza, O Salvador, República Dominicana e Singapur |
2003 | Eslovenia, Rusia, Eslovaquia e Malaisia |
2004 | Marrocos, Hong Kong, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Romanía e Panamá |
2005 | Mónaco, Costa Rica, Indonesia, Filipinas e Tailandia |
2006 | Serbia, China e Tunisia |
2007 | Colombia, Croacia, Guatemala, Omán... |
Fonte: Inditex |
Subsidiarias[editar | editar a fonte]
Vendas de Inditex por marca en 2016 (23 311 millóns de €)[11] Zara, 15 394 millóns € (66.04%) Pull & Bear, 1 566 millóns € (6.72%) Massimo Dutti, 1 630 millóns € (6.99%) Berhska 2 012 millóns € (8.63%) Stradivarius 1.343 millóns € (5.76%) Oysho 509 millóns € (2.18%) Zara Home 774 millóns € (3.32%) Uterqüe 83 millóns € (0.35%)
Compañía | Nº de tendas a 29/12/2014 [12] |
Ano de creación |
---|---|---|
Zara | 2057 | 1975 |
Bershka | 992 | 1998 |
Stradivarius | 893 | 1999 (adquirida) |
Pull and Bear | 885 | 1991 |
Massimo Dutti | 695 | 1995 (adquirida) |
Oysho | 561 | 2001 |
Zara Home | 420 | 2003 |
Uterqüe | 67 | 2008 |
T o t a l | 6570 |
Dende a creación da empresa foise ampliando o número de marcas coas que vende. Algunhas son de creación propia e outras foron mercadas.
- Zara - tenda bandeira. Abrangue moitos estilos diferentes, de roupa diaria, máis informal, ou máis serio ou formal a través de vestidos e traxes para eventos do festival. Moda para mulleres, homes e nenos.
- Zara Kids - Roupa de nenos entre os 0 e os 14 anos.
- Pull and Bear - Marca de roupa casual e accesorios para xente nova cun estilo urbano.
- Bershka - Comezou en 1998 con distribución de roupa para rapazas, e máis recentemente tamén para rapaces.
- Massimo Dutti - Roupa elegante e clásica. É a máis cara das tendas do grupo. Moda para muller, home e neno.
- Stradivarius – Roupa innovadora e accesorios.
- Oysho - Roupa de casa e íntima de muller.
- Zara Home - Produtos para o fogar.
- Uterqüe - Accesorios.
- Tempe - Calzado.
Beneficios[editar | editar a fonte]
![]() |
O grupo Inditex facturou no ano 2005 uns 6.741 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior, converténdose así no primeiro grupo téxtil europeo (superando por primeira vez á empresa sueca H&M) e segundo do mundo detrás da empresa norteamericana Gap. O beneficio neto do grupo acadou os 803 millóns de euros nese ano. En 2006 o beneficio do grupo situouse nos 1.002 millóns de euros, cun volume de negocio de 8.196 millóns de euros.[13][14]
Ademais, o grupo integra tamén diversas empresas como Zara Logística ou Tempe, de produción de calzado e a construtora GOA Invest.[15] A roupa que non se vende despois de facer o ciclo por tódolos mercados onde está Inditex remata en mercados como o de África, fóra dos círculos nos que se moven as empresas de Inditex.[16]
Dende a súa creación o grupo Inditex mantén un crecemento de vendas superior á media do sector.
Política ambiental[editar | editar a fonte]
En 2007 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a multa de 60.101 euros imposta a Inditex pola Xunta por ter instalado un xerador eólico sen autorización nas súas instalacións de Sabón.[17]
Entre 2007 e 2010 Inditex iniciou un proxecto de aforro enerxético e produción eléctrica construíndo unha planta de coxeración de 5.000 kW, unha instalación termo solar de 1.500 m2 e un aeroxerador de 850 kW. Entre todos producen máis da metade da enerxía consumida nas instalacións de Sabón. Nos centros loxísticos de Meco, Tordera, Zaragoza, Elche e León fixéronse instalacións fotovoltaicas[18]. O proxecto global inclúe a redución da enerxía consumida polas tendas, redución da produción de residuos e deseños ecoeficientes.
Produción[editar | editar a fonte]
País | Traballadores | Fornecedores | Fabricantes |
---|---|---|---|
![]() |
230.000 | 84 | 150 |
![]() |
200.000 | 248 | 761 |
![]() |
52.000 | 114 | 174 |
![]() |
50.000 | 129 | 251 |
![]() |
50.000 | 104 | 158 |
![]() |
16.000 | 147 | 291 |
![]() |
11.000 | 69 | 232 |
![]() |
10.553 | 198 | 149 |
![]() |
5.005 | 64 | 53 |
![]() |
143.206 | - | 130 |
![]() |
104.695 | 1 | 68 |
Inditex ten 1.398 fornecedores, uns 5.000 fabricantes en 40 países e uns 700.000 traballadores.[20][21] |
A roupa e complementos que vende Inditex provén principalmente de empresas alleas ao grupo aínda que os deseños e estilos son propios de cada marca xa que contan con xestión independente e organización propia na toma de decisións. O grupo comercializa 1177 millóns de pezas de ropa ao ano. Zara é a única marca que ten produción propia, aproximadamente a terceira parte dos seus artigos son feitos en fábricas de Inditex ou rematados alí. O calzado é deseñado e xestionado pola filial Tempe de Alacant para tódalas marcas do grupo. Os artigos de punto son fabricados por Indipunt en Narón, outra filial do grupo.
Centros loxísticos[editar | editar a fonte]

Inditex ten tódolos centros loxísticos en España que distribúen produtos de tódalas marcas[22] a nivel mundial.
- En Galiza:
- Centro loxístico de Zara en Sabón, Arteixo. Tamén fabrica roupa para Zara
- Pull&Bear en Narón, tamén é a sede da marca
- A Laracha, en construción
- Plataforma Europa, Zaragoza
- Centro de Tordera, en Barcelona. Massimo Dutti, Bershka e Oysho
- Centro en Sallent de Llobregat para Stradivarius
- Plataforma loxística de León[23] tamén xestiona os excedentes sen vender
- Centro loxístico de Tempe, Alacant. Calzado para tódalas marcas do grupo
- Centro de Meco, Madrid. Distribución de roupa infantil de Zara e menaxe de Zara Home
- Plataforma loxística en Cabanillas del Campo, Guadalajara
Polémicas[editar | editar a fonte]
Accionistas de inditex[24] Amancio Ortega (59.29%) Partler 2006 SL (9.28%) Rosalía Mera (6.99%) Rosp Corunna Participaciones Empresariales (6.99%) Capital Research And Management Company (4.97%) Inditex (0.38%) Pablo Isla Álvarez (0.02%) Antonio Abril Abadin (0.02%) Bolsa (12.06%)

A empresa foi denunciada en máis dunha ocasión pola utilización de man de obra infantil,[25] así como polas duras condicións laborais,[26] próximas á escravitude[27][28] en países do terceiro mundo ou en vías de desenvolvemento.[29][30][31][32]
En 2006 o diario portugués Expresso fixo públicas fotografías en Felgueiras de nenos de 11 a 14 anos cosendo zapatos para Zara. Inditex comprometeuse a investigar o caso e declarou que no último ano ata 400 empresas deixaron de traballar para eles por diversos incumprimentos: traballo infantil, liberdade de asociación, saúde, seguridade ou impacto ambiental[33][34].
Inditex prescindiu de Javier Chércoles Blázquez, Director do Departamento de Responsabilidade Corporativa, por diferenzas con Pablo Isla tras unha inspección en 2008 a unha empresa que traballou para Zara en Bangladesh acusada de abusos verbais, físicos e reducións de salarios.[35] Chércoles redactou o Código Ético Interno de Zara, e Inditex aprobou o acordo de prevención após o colapso do Rana Plaza en Dacca.
En 2011 AHA, unha contrata de Zara no Brasil, foi inspeccionada por un equipo de inspectores de traballo e axentes da policía. Liberaron a 15 traballadores a maioría bolivianos e peruanos que eran explotados en condicións de escravitude en São Paulo en xeiras de 16 horas diarias por un soldo miserable, algúns deles eran menores de catorce anos.[Verificar credibilidade]
En 2018 o goberno chinés acusou a Zara de ter atentado contra a súa soberanía ao identificar a Taiwán como un país independente.[36] Inditex creou unha categoría individual para o Tíbet, Hong Kong, Macau e Taiwán como mercados, e non como países.[37]
A empresa foi acusada de plaxio, e condenada en repetidas ocasións.[38][39][40][41][42]
A CIG ten denunciado reiteradamente á construtora GOA Invest polas condicións laborais das empresas que fan as tendas de Inditex.[43]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Inditex online: 10% de las ventas y más de 2.500 millones de euros", modaes.es (en castelán).
- ↑ "Inditex ha creado 250 empleos fijos en sus centros logísticos españoles este año". (en castelán).
- ↑ "Inditex agranda su distancia y se suma al ‘club’ de los 25.000 millones", modaes.es (en castelán).
- ↑ "Inditex recibe a Marta Ortega como presidenta". La Voz de Galicia.
- ↑ "Pull&Bear abre su mayor tienda del mundo en Preciados 9, que pasa a manos de Generali", modaes.es (en castelán).
- ↑ "Inditex alcanza un nuevo máximo y ya roza un valor en Bolsa de 90.000 millones", La Opinión de A Coruña, 17 de marzo de 2015 (en castelán).
- ↑ Empezó en la mercería La Maja. elmundo.es
- ↑ "El primer Zara cambia de imagen", La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Often, el único punto negro de Inditex", modaes.es (en castelán).
- ↑ "En las entrañas de Zara". Marie Clare (en castelán).
- ↑ "Inditex logra un beneficio récord de 3.157 millones y aumenta un 13% el dividendo", Expansión, 15 de marzo de 2017.
- ↑ "Presencia internacional". inditex.com. 29 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2014.
- ↑ "Inditex gañou un 25% máis en 2006", Vieiros
- ↑ "Inditex ganó un 40,7% más en 2004, con unas ventas de 5.670 millones", El País, 1 de abril de 2005 (en castelán)
- ↑ "La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega", El País (en castelán).
- ↑ "El amigo sirio-canario de Amancio Ortega", Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Multan a Inditex por construir una torre eólica en Arteixo sin autorización", Líderdiario.com (en castelán).
- ↑ "En Inditex se lleva el verde", La Opinión (en castelán).
- ↑ Inditex simplifica la estructura de su mayor fábrica en España y absorbe su área de diseño
- ↑ INDITEX: Responsabilidad Social Empresarial con Intervención Sindical[Ligazón morta], CC.OO. (2011) (en castelán).
- ↑ "A Inditex no le falta un tornillo".
- ↑ "El éxito de ventas por Internet obliga a Inditex a redoblar su logística" Arquivado 09 de xuño de 2013 en Wayback Machine., economíadigital.
- ↑ Inauguración de la nueva plataforma logística de Inditex en León Arquivado 12 de xullo de 2013 en Wayback Machine., Inditex (en castelán).
- ↑ Mercado Continuo Español / IBEX 35 / Inditex en Bolsa / Principales accionistas
- ↑ Daisy Dumas (19 de agosto de 2011). "Zara accused of employing children as young as 14 in 'slave labour' factories in Brazil". Daily Mail (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Alexandra Richards (5 de novembro de 2017). "Unpaid workers 'hid secret messages' in Zara clothes". London Evening Standard (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Fiona Govan (18 de agosto de 2011). "Company behind Zara investigated for 'slave labour'". The Telegraph (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Anderson Antunes (17 de agosto de 2011). "Zara Accused Of Alleged 'Slave Labor' In Brazil". Forbes (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ "Trabajo esclavo en la India: tres empresas españolas están incluidas en la lista negra". El Confidencial. 18 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2012.
- ↑ "Inditex, implicada en un escándalo de esclavitud en Brasil". Ethics. 18 de maio de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2012.
- ↑ "Zara produce en condiciones de esclavitud en Argentina". Diagonal. 17 de maio de 2013.
- ↑ "Refugiados sirios trabajan ilegalmente para proveedores de Mango y Zara en Turquía, según la BBC". eldiario.es. 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Una empresa contratada por Zara usa a niños para coser los zapatos, según un semanario portugués", 20 minutos (en castelán).
- ↑ "Zara investiga un presunto uso de trabajo infantil en Portugal", El País (en castelán).
- ↑ Jesús Salgado, Xabier R. Blanco (2017). Pablo Isla: En el corazón de Zara (en castelán). La Esfera de los Libros.
- ↑ "China acusa a Zara de atentar contra su soberanía galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Inditex rectifica tras las quejas del Gobierno chino galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Inditex retira una partida de camisetas ante la acusación de plagio en internet". La Vanguardia (en castelán). 15 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Michal Addady (20 de xullo de 2016). "12 Artists Are Accusing Zara of Stealing Their Designs". Fortune (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Lisa Bradshaw (6 de xullo de 2017). "Limburg artisan wins Zara plagiarism court case". Flanders Today (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Justine Beauvais (5 de febreiro de 2018). "Zara accusée d'"appropriation culturelle" à cause de cette jupe". Le Huffington Post (en francés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ "El dueño de Diesel gana la batalla legal contra Zara por unos vaqueros y unas sandalias", 'Modaes, 6 de xullo de 2018 (en castelán).
- ↑ Ocupan o local insignia de Zara na Coruña para denunciar a precariedade na construcción das tendas sermosgaliza.gal
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inditex ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Badía, E. (2008): Zara y sus hermanas. LID, ISBN 978-84-8356-026-6