Xulio Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro

Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Carlos Negreira

Datos persoais
Nacemento 18 de outubro de 1974 (42 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Partido Marea Atlántica
En Marea
Profesión Profesor, xuíz e político
Alma mater Universidade da Coruña
Residencia A Coruña
Twitter @XulioFerreiro
Facebook xulioferreiro

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, nado na Coruña o 18 de outubro de 1974, é un xuíz, profesor e político galego. É o alcalde da cidade da Coruña dende o 13 de xuño de 2015.

Traxectoria Profesional[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña (1997) e doutor pola mesma universidade coa tese La protección de la Víctima en el proceso penal. Foi maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo. É profesor titular de Dereito Procesual na Universidade da Coruña.

Tras realizar diversas estadías de investigación en Alemaña, EUA (por dúas veces), Chile e Bélxica, culminou a súa carreira académica e profesional accedendo á praza de Profesor Titular de Universidade no ano 2012. Entre os anos 2012 e 2015 foi Maxistrado Suplente da Audiencia Provincial de Lugo, posto ao que renunciou para presentar a súa candidatura á Alcaldía da Coruña pola Marea Atlántica.

Traxectoria Política[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria política comezouna como mebro dos CAF, afiliado á CIG e militante do BNG até 2012.[1][2]

En 2015 encabezou a candidatura de Marea Atlántica á alcaldía da Coruña. Esta candidatura quedou en segundo posto nas eleccións locais do 25 de maio de 2015 por unha diferenza de 28 votos, por detrás da candidatura do Partido Popular, que encabezaba Carlos Negreira.[3] O 13 de xuño de 2015, Xulio Ferreiro foi investido alcalde da cidade cos apoios do PSdeG e o BNG.[4]

Alcalde da Coruña[editar | editar a fonte]

Ademais da alcaldía, Ferreiro asumíu as áreas de Oficina Orzamentaria, Transparencia, Seguridade Cidadá, Seguridade Xurídica e Política Lingüística. Tamén se encargou de presidir desde entón a presidencia da Corporación Municipal.

Durante a campaña electoral, a Marea Atlántica promovera un texto de medidas urxentes para os seus primeiros cen días de goberno,[5] tras a súa investidura como alcalde, empezou a traballar de cara a poñelas en práctica; nesa orde, o 22 de xuño reuniuse en María Pita co grupo Salvemos Bens e anunciou a súa intención de cumprir o seu compromiso en campaña para paralizar o proxecto do museo da historia da automoción no parque de Bens, e crear unha liña de autobús que conectara a cidade co parque.[6] Esta foi a primeira gran decisión que tomou, e contou co rexeitamento por parte do PP,[7] quen criticaba que Ferreiro non se reunira con todas as partes implicadas antes de tomar a decisión e de poñer o proxecto do museo en perigo. O PSOE, outrora favorable á construción do museo en Bens, trocou a súa postura e manifestouse a favor dun cambio na situación pero procurando que o proxecto seguira en Coruña.

O 25 de xuño, Xulio Ferreiro reuniu 50 asociacións de veciños no salón de plenos para dialogar sobre a situación da cidade. O 26 de xuño, por primeira vez na historia, e coincidindo coa celebración do día do orgullo, despregouse no concello unha bandeira do arco da vella.

Outra das decisións polémicas, tras a do museo, que se anunciaron eses días, foi a modificación do contido das festas da cidade; anuláronse precontratos con cantantes coma Rosario[Cómpre referencia] ou Miguel Bosé, e tamén se suprimiron as axudas ao certame das casas rexionais que se celebraba todos os anos, aducindo os elevados custos que supuñan, e anunciou unha recondución do presuposto;[8][9] coma contrapartida fíxose un Noroeste Pop Rock máis longo e descentralizado en distintos escenarios.[10]

O 6 de xullo compareceu en rolda de prensa anunciando a solicitude dun crédito de 10 millóns de euros debido a un desfasamento derivado da actuación do goberno anterior.[11]

O 14 de xullo anunciou o fin das subvencións municipais para a feira taurina que se celebraba na cidade[12] cumprindo así con outra das súas promesas electorais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Carlos Negreira
Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña

2015 – actualidade
Sucesor:
No cargo