Logroño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°27′55″N 2°27′0″W / 42.46528°N 2.45000°W / 42.46528; -2.45000

Logroño
Bandera de Logroño.png CoA of Logroño.svg
Autumn in La Rioja, Spain.jpg
Situación xeográfica
Logroño en España
Logroño
Logroño
Logroño en A Rioxa
Logroño
Logroño
País España España
Comunidade Autónoma A Rioxa A Rioxa
Provincia A Rioxa A Rioxa
Comarca Logroño
Xeografía
Altitude 391 msnm
Superficie 79,55 km²
Poboación
Poboación 152.650 hab. (INE 2008)
Densidade 1.918,92 hab./km²
Xentilicio logroñés, lucroniense
Información
Código postal 26001 - 26009
Alcalde Concepción Gamarra (PP)
Páxina web www.logroño.org

Logroño é un concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.

Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media. No último século, a cidade experimentou un crecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

O concello de Logroño está situado no norte da Rioxa Media, limitando cos municipios de Fuenmayor, Navarrete, Lardero, Villamediana de Iregua, Murillo de Río Leza e Agoncillo na Rioxa; Laguardia, Lanciego e Oyón en Álava e Viana en Navarra.

A maior parte da superficie municipal e do núcleo urbano asenta na marxe dereita do río Ebro. A súa altitude, tomada no céntrico paseo do Espolón, é de 386 m sobre o nivel do mar. O punto máis alto da localidade, as Coronillas, está a 565 metros de altura.

Historia[editar | editar a fonte]

Monumento ao foro outorgado por Afonso VI en 1095.

Logroño foi poboada no ano 905 por Sancho Abarca, rei de Navarra, para garantir o paso do Ebro e o acceso ás terras tomadas aos musulmáns logo da batalla de Clavijo, instalándose novas xentes na beira dereita do río. En 1044, na "Rúa Vieja", arteria principal da localidade, ergueuse un pazo dos monarcas navarros.

En 1095, o rei de León, Afonso VI, apoderouse da Rioxa, e consolida a súa conquista concedendo a Logroño unha carta foral, que garantía a libre circulación pola ponte, o que asegura a prosperidade económica da cidade. O dito foro constituíse en modelo para moitos outros posteriores.

No século XIII, a urbe, que conta con varios hospitais, arrodéase de fortificacións. O seu castelo foi derrocado no século XVII.

Desde época medieval Logroño foi unha das etapas do Camiño de Santiago. Os peregrinos atravesaban Logroño pola "Rúa Vieja", onde unha vella mansión do século XVIII foi habilitada polo concello como refuxio dos peregrinos modernos.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Personalidades da cidade[editar | editar a fonte]