Emilio Merino Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Merino Losada
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 2004 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio Merino Losada, nado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1918 e finado na Coruña o 31 de outubro de 2004, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi director de El Compostelano. En 1946 deixou Compostela e trasladouse a vivir á Coruña, onde permaneceu o resto da súa vida. Traballou nas redaccións de diversos medios de comunicación: El Correo Gallego, La Noche, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia (no que foi redactor xefe). Foi presidente da asociación da prensa coruñesa e o último director da Hoja del lunes da Coruña.[1]

Era membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e da Asociación Española de Críticos Literarios. Finou na Coruña o 31 de outubro de 2004.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mujeres de ideas largas, 1985.
  • Pequeña historia de un hombre cabal. Memorias de un periodista, 1988.
  • La vida que vuelve, 1989.
  • Los españoles: entre caballeros y pícaros, 1992.
  • El Mundo que conocí, 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un periodista todoterreno", La Voz de Galicia, A Coruña, 17-11-2004, p. L10.
  2. La Voz de Galicia, A Coruña, 1-11-2004, p. L13, 61.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]