O Castrillón, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Castrillón, A Coruña
Barriocastrillon2.JPG
Praza da Concordia.
Parroquia Oza
Concello A Coruña
Poboación 9.317[Cómpre referencia] hab. (2010)

O Castrillón é un barrio pertencente ao concello da Coruña, do cal entrou a formar parte en 1912 trala absorción do concello de Oza.

Casa do antigo concello de Oza.
Situación do Castrillón no concello da Coruña.[1]

Historia e urbanismo[editar | editar a fonte]

O seu nome obedece a un asentamento castrexo que até o de agora non foi posíbel localizar con exactitude, mais se teñen atopado restos arqueolóxicos na construción do polideportivo que se erguerá no cruzamento das avenidas da Concordia e de Casanova de Eirís[2].

O barrio sitúase na parroquia de Santa María de Oza e acubilla o antigo e centenario cemiterio municipal e a última casa consistorial do extinto concello.

De tardía, irregular e descontinua urbanización ten orixes eminentemente rurais. Ata principios do século XXI varias rúas, algunha delas importantes como Antonio Ríos[3] ou a avenida da Concordia,[4] comezadas no franquismo, tiñan aínda tramos incompletos.

As súas vías principais son as avenidas da Concordia[5] (NE-SW) e Casanova de Eirís (NW-SE). Na súa contorna atópanse tres importantes zonas verdes como son a praza de Pablo Iglesias, o parque de Eirís e o parque de Oza.

Servizos públicos[editar | editar a fonte]

Os servizos educativos son fornecidos principalmente polo colexio de educación primaria Fernández Latorre e os IES Monelos e Monte das Moas.

Conta cun centro cívico e biblioteca municipais na praza de Pablo Iglesias.

A Compañía de Tranvías da Coruña presta os seus servizos coas liñas 1, 12A e 14.

Sociedade e tradicións[editar | editar a fonte]

Os principais centros de culto relixioso son os templos católicos de Santa Tareixa de Xesús, no Montiño, e Santa María de Oza.

O barrio celebra as súas festas a finais de agosto, como parte das festas de María Pita.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns[editar | editar a fonte]