Benito Blanco-Rajoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benito Blanco-Rajoy Espada, nado o 12 de abril de 1891[1] na Coruña e finado o 1 de outubro de 1968 na mesma cidade[2], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Fillo do senador e deputado Ramón Blanco-Rajoy Poyán. Licenciouse en dereito en 1911 na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en 1913 na Universidade de Madrid. Ingresou nese mesmo 1913 no Corpo de Avogados do Estado por oposición. Iniciou en 1919 a súa carreira política ao ser elixido deputado polo distrito de Corcubión coa etiqueta do Partido Conservador datista, resultando reelixido en 1920 e 1923, aínda que xa adscrito ao maurismo. Nas Cortes Españolas destacou pola súa participación no debate da reforma do Código de Comercio. En 1921 asumiu o posto de director xeral dos Rexistros e do Notariado.

Durante a Segunda República Española continuou coa súa actividade política, foi deputado independente nas Cortes de 1931 e pola CEDA nas de 1933 e 1936. Foi decano honorario do Colexio Provincial de Avogados da Coruña de 1930 a 1959[3].

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort (1955).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BLANCO RAJOY Y ESPADA, BENITO". congreso.es. Consultado o 03-09-2017. 
  2. Necrolóxica en ABC
  3. Decanos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]