Canuto Berea Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Canuto Berea Rodríguez
Canuto Berea Rodríguez.jpg
Retrato de Canuto Barea
Nacemento28 de xuño de 1836
 A Coruña Galicia Galicia
Falecemento24 de febreiro de 1891
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Instrumento(s)director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor
Composicións destacadasLa Alfonsina, muiñeira sinfónica dedicada ao príncipe Alfonso de Castilla y Díaz de Haro
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

Canuto José Berea Rodríguez, nado na Coruña o 28 de xuño de 1836 e finado na mesma cidade o 24 de febreiro de 1891, foi un empresario, músico (director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor) e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canuto Berea Rodríguez naceu o 28 de xuño de 1836, fillo do director, pianista e comerciante nado en Zaragoza Sebastián Canuto Berea Ximeno, que se trasladara á cidade herculina un ano antes,[1] e de María Antonia Rodríguez Vázquez.[2] De familia de músicos, logo da morte de seu pai, que deixara nunha situación crítica dende o punto de vista económico,[3] en 1854 abriu o primeiro establecemento musical de Galicia,[4] un almacén de música que destacou moi cedo pola riqueza dos seus fondos bibliográficos que, dez anos despois, alcanzaban os 30 000 títulos de partituras, así como pola calidade dos instrumentos musicais que vendía e a do taller de reparación de instrumentos.[5]

Desdempeñou sucesivamente os postos de segundo (1861) e primeiro (1862) director titular da Orquestra da Compañía de Ópera do Teatro Principal (hoxe Teatro Rosalía de Castro), así como no Teatro de Variedades da mesma cidade (1863). A partir desta data converteuse en protector dos músicos galegos, e dedicouse ao coidado e edición das súas obras.[4]

O seu enorme prestixio cidadán foi un apoio fundamental para o establecemento de novas agrupacións musicais. Considérse como un dos pioneiros do orfeonismo galego, xunto a José Castro "Chané", Juan Montes e Pascual Veiga.

Compositor eminentemente popular, o seu catálogo abarca obras escénicas, sinfónico-corais, sinfónicas, para piano e cancións que se conservan na colección "Canuto Berea" da Biblioteca Provincial da Coruña. Entre as súas máis famosas obras cabe destacar, entre outras, La Alfonsina, muiñeira sinfónica, pola que lle foi concedida a Cruz da Orde de Carlos III.

Unha das súas dedicacións profesionais como pianista foi a ensinanza, e entre os seus alumnos máis aventaxados figurou María Lois, pianista coruñesa de grandes condicións musicais que aos quince anos revalidou a carreira de piano completa no Conservatorio de Música de Madrid.

A súa actividade estendida a toda Galicia levouno a ser conselleiro do Banco de España, da Sociedad de Crédito Gallego, presidente da Cámara de Comercio, vogal da Xunta de Obras do Porto, deputado provincial, e presidente da Reunión Instructiva y Recreativa de Artesanos.

Foi nomeado alcalde da Coruña do 12 de agosto de 1889, xa que o posto se encontraba vacante debido ao falecemento de Tomás Iglesias Lloreda.[6] O seu mandato finalizou o 23 de decembro dese ano.

Obra[editar | editar a fonte]

A produción musical de Canuto Berea Rodríguez, logo do estudo das obras conservadas no arquivo da biblioteca da Deputación da Coruña, abrangue unha gran variedade de xéneros, dende a súa produción pianística, camerística ou orquestral. Polo que respecta á instrumentación, o maior número de obras de Canuto Berea Rodríguez foron escritas para orquestra, cun total de 21 obras puramente orquestrais e outras seis para orquestra e voz, mentres que o xénero que máis desenvolveu foron as danzas, cun total de 14 obras sen incluír as súas catro muiñeiras, ou as súas cinco polcas. A seguinte listaxe inclúe o número de obras de Canuto Berea recollidas no fondo Berea da Deputación da Coruña por agrupación e xénero de acordo coa clasificación de Nilo Jesús García Armas e Aurelio Chao Fernández:[a][7]

Agrupación/instrumentos Obras
Orquestra 21
Orquestra e voz 6
Piano 5
Piano e voz 5
Exercicios de harmonía 5
Banda e voz 3
Trío de corda 1
Xénero Obras
Danza 14
Estudio 5
Himno 5
Polca 5
Muiñeira 4
Escénica 3
Barcarola 2
Chotis 1
Marcha fúnebre 1
Habanera 1
Marcha 1
Sinfonía 1
Vals 1
Villancico 1
Zarzuela 1

De todas estas obras a máis coñecida e interpretada é a versión para piano de La Alfonsina, unha muiñeira escrita orixinalmente para orquestra adicada ao príncipe Alfonso e composta en 1861 para ser estreada nos primeiros xogos florais da Coruña.[7][8]

Distincións[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ricardo Vidal Alonso
 Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
 
1889
Sucesor:
José Marchesi Dalmau

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A listaxe está realizada a partir das partituras do fondo Berea da Deputación da Coruña, segundo Nilo Jesús García Armas e Aurelio Chao Fernández.
Referencias
  1. Cascón Góñez, Sabela (2015). "El violín y la música gallega durante los siglos XIX y XX : cambios y transformaciones entre dos siglos, 1850-1950" (PDF) (en castelán). p. 14. 
  2. Carreira Antelo 1986, p. 11.
  3. Carreira Antelo & 1991-1992, p. 489.
  4. 4,0 4,1 4,2 VV.AA. (1975): "Berea, Canuto". Gran Enciclopedia Galega. Tomo 3. Santiago de Compostela/Gijón: Silverio Cañada, Editor. ISBN 54-7286-038-8.
  5. "Berea Rodríguez, Canuto (A Coruña 1836-1891)". Fundación Barrié. Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  6. Fernández Carmaño, Jose María. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán). Vision Libros. 
  7. 7,0 7,1 García Armas & Chao Fernández 2019, p. 589-590.
  8. García Armas & Chao Fernández 2019, p. 587.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]