Partido Popular de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "PPdeG")
Partido Popular de Galicia (PPdeG)
Partido político de Galicia
Líder Alberte Núñez Feijóo
Fundación 1989
Sede Avda. Fernando Casa Novoa - Edif. C.N.L. Bloque 2, Santiago de Compostela
Ideoloxía Conservadorismo
Dereita política
centro-dereita
Liberalismo
Rexionalismo galego
Españolismo
Galeguismo (política)
Mocidades Novas Xeracións
Páxina web www.ppdegalicia.org

O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. Conta con 2042 concelleiros, e 12 no Congreso dos Deputados. É a maior forza política en número de escanos no Parlamento de Galicia ; Tras a eleccións ao parlamento galego celebradas en marzo de 2009, o PSdeG e o BNG acadaron un total de 37 escanos (25 e 12 respectivamente), namentres que o PP subiu un respecto a 2005 e situouse nos 38 asentos.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo[1] até o nacionalismo español[2]. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro[3] e con raíces cristiás[4].

Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG[editar | editar a fonte]

Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal[editar | editar a fonte]

Manuel Fraga.

O antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por ex ministros franquistas: Reforma Democrática (Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Laureano López Rodó), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñóz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendenza liberal-conservadurista do seu partido[5]. Por outra banda, a relevancia dos Lexionarios de Cristo, conduce a que algúns comentaristas políticos liguen o partido co nacional-catolicismo[6].

Ideoloxía do PPdeG na actualidade[editar | editar a fonte]

Alberte Núñez Feijóo, actual presidente do PPdeG

Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña[7], Xesús Palmou[8] ou o propio presidente do partido na actualidade, Alberte Núñez Feijóo[9], quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas, e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel Barreiro[10], destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centro-dereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo presidente estatal Mariano Rajoy[11] ou o ex-presidente do goberno español José María Aznar[12]. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal[13][14][15] como europeo[16] do Partido Popular, o cal alenta aos seus rivais políticos para non aceptaren tal denominación e falar do Partido Popular coma dun partido de dereita radical[17] ou extrema-dereita[18][19].

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
1985 Gerardo Fernández Albor
(Coalición Popular: AP, PDP, PL e Centristas de Galicia)
34 parlamentarios 45,33% 8
En comparación cos resultados obtidos por AP
516.218 40,4% 215.179
En comparación cos resultados obtidos por AP
1989 Manuel Fraga 38 parlamentarios 50,66% 4 582.157 44,3% 65.939
1993 Manuel Fraga 43 parlamentarios 57,33% 5 763.839 52,6% 181.682
1997 Manuel Fraga 42 parlamentarios 56% 1 832.751 52,2% 68.915
2001 Manuel Fraga 41 parlamentarios 54,66% 1 791.885 51,6% 40.866
2005 Manuel Fraga 37 parlamentarios 49,33% 4 756.562 44,9% 35.323
2009[20] Alberte Núñez Feijóo 38 parlamentarios 50,66% 1 789.427 47,47% 32.865
2012[21] Alberte Núñez Feijóo 41 parlamentarios 54,66% 3 653.934 45,7% 135.493

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]