Igrexa de Santa Lucía da Coruña
Igrexa de Santa Lucía da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
A Coruña ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela ![]() | |||
Arquitecto/a | Manuel Hernández y Álvarez Reyero ![]() | |||
Dedicado a | Lucía de Siracusa ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1913 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | A Coruña ![]() | |||
Fontes e ligazóns | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A igrexa de Santa Lucía é un templo relixioso da Coruña, situado na praza de Lugo do Ensanche.
Descrición
[editar | editar a fonte]A igrexa foi construída en cemento e pedra en estilo ecléctico con detalles neorrománicos e modernistas segundo o proxecto de Manuel Hernández y Álvarez Reyero.[1] A torre, con elementos renacentistas,[2] remata nun chapitel piramidal.[3]
O interior ten unha soa nave de 50 metros en forma de cruz latina con oito capelas laterais.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A poboación do barrio de Santa Lucía pertencía á parroquia de San Xurxo e era atendida na capela homónima desde 1777.[4] Esta capela reconstruíuse despois do cerco de Drake. Desde 1930 a 1964 foi a sede provisional da nova parroquia de San Pedro de Mezonzo antes de ser demolida en 1969 polos desmontes que se realizaron para construír a ronda de Nelle e a avenida da Vedra.[5]
Porén, o aumento da poboación fixo que se solicitase a creación dunha nova parroquia xa en 1867.[6] Finalmente a construción dun novo templo, decisión que tomou o cardeal José María Martín de Herrera, non chegou ata o 1 de xullo de 1890.[7]
A construción iniciouse o 20 de agosto de 1899 e rematouse o 28 de marzo de 1913. O interior continuou a modificarse ata a década de 1950.[7]
En 1965 acaroouse un edificio destinado aos locais parroquiais.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Iglesia Parroquial de Santa Lucía
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 2005, p. 34.
- ↑ García Cortés, p. 81.
- ↑ García Cortés, p. 79.
- ↑ García Cortés, pp. 227-229.
- ↑ García Cortés, p. 80.
- ↑ 7,0 7,1 Coruña Virtual
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa Lucía da Coruña |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Turgalicia
- Parroquia
- Web da Parroquia Arquivado 21 de setembro de 2021 en Wayback Machine.