Roberto Tojeiro Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1928 As Pontes de García Rodríguez, España |
Morte | 1 de febreiro de 2011 (82 anos) Liáns, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Fillos | Roberto Tojeiro Rodríguez |
Roberto Tojeiro Díaz, nado nas Pontes de García Rodríguez o 29 de febreiro de 1928 e finado en Liáns, Oleiros, o 1 de febreiro de 2011[1], foi un empresario galego fundador da empresa Gadisa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou no mercado da madeira e diversificou as súas actividades cara aos transportes e á alimentación coa creación de Gadisa na década de 1980. Presidente do Grupo Tojeiro, de Reganosa-Regasificadora del Noroeste, Forestal del Atlántico, Trotansa-Tojeiro Transportes, Camosa-Caleras de Moeche, Unemsa-Unión de Empresas Madereras, Intasa-Industrias del Tablero, Galparquet e Servicios Polígono Piadela.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Grupo Voz (1998).
- Medalla de Prata de Galicia (1991).
- Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2003).
- O concello da Coruña adicoulle unha rúa no ano 2008.