Palacio de María Pita
Palacio de María Pita | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Fachada do palacio municipal. | ||||
Tipo | palacio e casa do concello ![]() | |||
Estado de uso | Sede do concello | |||
Estilo | arquitectura ecléctica ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Concello da Coruña ![]() | |||
Propietario/a | Concello da Coruña ![]() | |||
Arquitecto/a | Pedro Mariño ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1912 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Rúa | praza de María Pita ![]() | |||
Código postal | 15001 ![]() | |||
Enderezo | Praza de María Pita, 1, 15001, A Coruña | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O palacio de María Pita, ou tamén pazo de María Pita,[1] é un edificio de estilo ecléctico que ocupa a fronte norte da praza de María Pita, na cidade da Coruña. Proxectouno o arquitecto Pedro Mariño e construíuse entre os anos 1904 e 1912. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal.
Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:
Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]O palacio é un edificio de estilo ecléctico, inspirado no neoclasicismo e na ampliación do palacio do Louvre de Napoleón III.[3] Os soportais dan acceso a un amplo vestíbulo con dúas escaleiras. As torres están recubertas de cinc e baixo a torre do reloxo atópase o escudo da cidade e catro cariátides que representan as provincias galegas.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Dende o século XVI a sede do concello da Coruña estaba situada nunha casa da praza da Fariña, mais en febreiro de 1837 trasladouse ao número 23 da rúa da Franxa, abandonando a Cidade Vella. Non obstante o 9 de marzo dese mesmo ano, unha real orde propiciou o traslado ao que fora convento de Santo Agostiño, acaroado á igrexa de San Xurxo, do que tomaron posesión o 13 de decembro de 1838.[3]
Tralo decreto que permitía o derrubamento das murallas, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez deseñou unha praza na que destacaba o edificio que serviría de sede ao consistorio. Finalmente as obras do palacio non se iniciaron ata o comezo do século XX, xa segundo o proxecto de Pedro Mariño.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da casa do concello da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Pita acolleu a primeira reunión Ferreiro-Caballero". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018.
- ↑ En galego, "Casas consistoriais da moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Fernández Fernández, Xosé. El ayuntamiento y la plaza de María Pita de La Coruña. Recortables de La Coruña.
- ↑ Ficha en Turgalicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de María Pita ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Fernández, Xosé. Historia del Ayuntamiento de La Coruña. Biblioteca Coruñesa (en castelán). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-36-6.