Mazaricos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°56′12.83″N 8°59′26.65″W / 42.9368972°N 8.9907361°W / 42.9368972; -8.9907361

Mazaricos
Escudo de Mazaricos
Casa do Concello de Mazaricos-Galiza.jpg

Casa do concello.
Situacion Mazaricos.PNG
Situación
Xentilicio[1] mazaricán
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca do Xallas
Poboación 4.289 hab. (2014)
Área 187,3 km²
Densidade 22,9 hab./km²
Entidades de poboación 12 parroquias
Política (2015)
Alcalde Juan José Blanco Riveiro
Concelleiros BNG: 7
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 0
Eleccións municipais en Mazaricos
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 96,42%
Na rede
www.mazaricos.net
concello@mazaricos.net

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.289 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 4.289 (2014)
Menores de 15 anos 308 (7.18 %)
Entre 15 e 64 anos 2.573 (60 %)
Maiores de 65 anos 1.408 (32.83 %)

Evolución da poboación de Mazaricos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
6.036 6.769 7.183 6.757 5.639 4.533 {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación[editar | editar a fonte]

Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el -antes están os estreitos concellos de Carnota e Muros. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara o sur cara o Macizo do Pindo). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sul, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan directamente na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.

A oscilación térmica anual é de 10 °C, se ben a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).

O hábitat é disperso. As principais poboacións son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Historia[editar | editar a fonte]

Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo.

Economía[editar | editar a fonte]

Case a metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería en pequenas parcelas dedicadas ao auto-consumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, ainda que moi reducidas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.

Cultura[editar | editar a fonte]

Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os Dacosta (bordóns e ovellas).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Mazaricos.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Lugares de Mazaricos[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mazaricos Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca do Xallas Comarca do Xallas
Mazaricos
Mazaricos
Santa Comba
Santa Comba