José Rubinos Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Rubinos Ramos
Nacemento3 de abril de 1898
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento3 de decembro de 1963
Lugar de falecementoMiami
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
Na rede
Bitraga: 4539
editar datos en Wikidata ]

José Rubinos Ramos, nado na Coruña o 3 de abril de 1898 e finado en Miami o 3 de decembro de 1963, foi relixioso e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Compañía de Xesús e trasladouse a Bogotá onde estudou Filosofía e Ciencias.[1] Fixo o doutoramento en Teoloxía en Quito. En 1927 volveu a Bogotá onde impartiu clases. Dende alí viaxou a España.[1] De volta a América, desenvolveu a maior parte da súa actividade cultural na Habana, con esporádicas visitas á súa terra natal. Foi expulsado de Cuba en 1961, despois da chegada ao poder de Fidel Castro, que fora alumno seu.

É autor de varios libros de poemas e doutro de prosa, cunha especial predilección pola cidade da Coruña. Tamén de múltiples artigos en diversas publicacións da colonia galega en Cuba.

O poema da Cruña, Nós, 1933.

A rúa Padre Rubinos da Coruña está dedicada a el. Foi nomeado membro de honra da Real Academia Galega[2].

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou, entre outras obras, as seguintes (todas en América agás a primeira):

  • O poema da Cruña (1933), Nós, Santiago de Compostela.[3]
  • Lope de Vega como poeta religioso: estudio crítico de sus obras épicas y líricas religiosas (1935)
  • Covadonga: epopeya en XV gestas (1950)
  • A xesta de cómo a América nasceu da melodía (1953)
  • Gabanza da Cruña (1954).
  • Dial poético da viaxe du galego pol-os Estados Unidos (1958)
  • Cervantes y Menéndez Pelayo: algunas semejanzas (1958)
  • Cantigas de novo xeito vello (1959)
  • Cuentos de color del siglo (1959)
  • Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos: texto gallego y versión castellana (1960).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. Real Academia Galega, ed. (1954). Homenaje de la Real Academia Gallega al R.P. José Rubinos Ramos: Imposición de la medalla de académico de honor. Real Academia Galega. 
  3. Iglesias, Xabier (21/6/2014). "O poema da Cruña". Os libros de Ánxel Casal. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]