Casa Museo de María Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′15.72″N 8°23′32.15″O / 43.3710333, -8.3922639

Casa Museo María Pita
Casa Museo María Pita A Coruña.jpg
Casa Museo de María Pita
País Galicia
Cidade A Coruña
Tipo Histórico
Construción Século XVI

A Casa Museo de María Pita é unha casa museo da Coruña lembra a vida desta heroína que loitou contra unha frota inglesa no século XVI liderada por Francis Drake. No soar que ocupa levantábase no século XVI unha vivenda propiedade do primeiro marido de María Pita, Xoán Alonso de Rois.

Contido[editar | editar a fonte]

Casa Museo María Pita (1).jpg

Estrutúrase en catro salas:

  • Andar baixo: nel exponse información básica sobre a cidade nos séculos XVI e XVII
  • Casa de María Pita "a vella": recreación da tenda e dormitorio principal da casa dos seus pais.
  • Sala nivel 2: información sobre o papel xogado pola Coruña nas relacións internacionais da época.
  • Sala nivel 3: na que se analizan as relacións entre España e Inglaterra e os feitos que levaron ao ataque a cidade da Coruña no ano 1589, e nunha segunda parte exponse unha panorámica da traxectoria vital de María Pita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]