Deputación da Coruña
| Deputación da Coruña | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1812 promúlgase a Constitución das Cortes de Cádiz na que se dispón por primeira vez a creación das deputacións provinciais. En 1813 instálase a primeira deputación en Galiza, con sede en Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña ese mesmo ano[1]. En 1814 a constitución é derrogada e as deputacións son eliminadas[1]. En 1820 coa volta ao réxime constitucional, instáurase na cidade da Coruña a segunda Deputación de Galiza, que desaparecerá dous anos despois para dar paso a catro novas deputacións, conforme á división territorial de España en 1822 aprobada polas Cortes do Trienio liberal na cal se dividiu o reino de Galiza en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo; o 1 de xuño de 1822 creouse a Deputación Provincial da Coruña[1][2]. En 1823 o absolutismo fixo desaparecer as deputacións[3] e a división provincial creada un ano antes.[1]
Creación
[editar | editar a fonte]Trala reimplantación do réxime liberal a partir da promulgación do Estatuto Real de 1834, e xa estando en vigor a división territorial en provincias de 1833 realizada por Javier de Burgos, a creación da Deputación da Coruña tivo lugar o 21 de novembro de 1835[1].
Presidencia
[editar | editar a fonte]- 1977-1979: Manuel Fraga Solar
- 1979-1987: Enrique Marfany Oanes (UCD/PDP)
- 1987-1989: José Manuel Romay Beccaría (AP)
- 1989-1995: Jesús Salvador Fernández Moreda (PSdeG-PSOE)
- 1995-1999: Augusto César Lendoiro (PP)
- 1999-2003: José Luis Torres Colomer (PP)
- 2003-2011: Jesús Salvador Fernández Moreda (PSdeG-PSOE)
- 2011-2015: Diego Calvo Pouso (PP)
- 2015-actualidade: Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE)
Representación provincial
[editar | editar a fonte]O pleno da deputación está formado por 31 deputados. Logo das eleccións municipais de 2019 repetiuse o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG en xullo de 2015, polo que continuou a ser presidente o alcalde socialista das Pontes, Valentín González Formoso. O vicepresidente é o edil nacionalista carballés Xosé Regueira Varela, en substitución da súa compañeira de partido, a compostelá Goretti Sanmartín Rei.[4] A representación dos diferentes partidos políticos é a seguinte[5]:
| Composición da Deputación tras as eleccións de 2019 | ||||
|---|---|---|---|---|
| Partido político | Votos | % | Deputados | |
Distribución dos escanos por partidos xudiciais.
[editar | editar a fonte]| Partido xudicial | Deputados | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Betanzos | 1 | 1 | 2 | |||
| Carballo | 1 | 1 | 3 | |||
| Corcubión | 1 | 1 | ||||
| A Coruña | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 10 |
| Ferrol | 2 | 2 | 1 | 5 | ||
| Noia | 2 | 1 | 3 | |||
| Santiago de Compostela | 4 | 3 | 1 | 8 | ||
| Total | 14 | 11 | 4 | 1 | 1 | 31 |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 González Mariñas, Pablo (1978). Las Diputaciones Provinciales en Galicia: del Antiguo Régimen al Constitucionalismo (en castelán). Diputación Provincial de La Coruña - Publicaciones. Depósito Legal C-205-1978.
- ↑ La memoria de toda la provincia La Voz de Galicia
- ↑ A Deputación da Coruña, unha institución con historia
- ↑ "PSdeG e BNG selan o acordo para cogobernar a Deputación da Coruña". Nós Diario. Consultado o 2020-09-10.
- ↑ "Órganos de goberno". www.dacoruna.gal. Consultado o 2020-09-10.




