Existen restos de dous castrosgalaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.
Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.
Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.
Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.[1]
Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cercedense».
Censo total 2014
5.156 habitantes
Menores de 15 anos
520 (10.08%)
Entre 15 e 64 anos
3.101 (60.14%)
Maiores de 65 anos
1.535 (29.77%)
Evolución da poboación de Cerceda Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
2024
4.803
5.949
7.418
7.201
5.499
5.486
5.392
5.318
5.265
5.156
5.076
5.031
4.992
5.023
5.001
5.008
4.996
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)