Deportivo da Coruña Feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deportivo ABANCA»)
Deportivo da Coruña feminino
NomeReal Club Deportivo da Coruña, S.A.D.
Alcume(s)Dépor, Branquiazuis,
Herculinas, As Nosas
Fundación2016 (8 anos)
EstadioCidade Deportiva de Abegondo,
Abegondo, Galicia
Capacidade1.000
PresidenteGalicia Álvaro García Diéguez
AdestradorEspaña Irene Ferreras
LigaPrimeira Federación
2022–233.º de 16
Na rede
http://www.rcdeportivo.es/gl/asnosas
Titular
Alternativo
Terceiro
Tempada actual

O Deportivo da Coruña feminino, que ten por nome oficial Real Club Deportivo ABANCA[1][2][3] por razóns de patrocinio[4], é a sección de fútbol feminino do Deportivo da Coruña[5], club de fútbol galego da cidade homónima. Compite na Primeira Federación, segunda categoría nacional, e o seu terreo de xogo é a Cidade Deportiva de Abegondo.

A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo,[6][7] desaparecendo en 1988 por problemas económicos.[8]

A sección feminina foi recuperada en 2016[9][10][11][12], vindo precedida dunha campaña de sinaturas en prol da súa recuperación.[13]

Historia[editar | editar a fonte]

Karbo Deportivo (1983-1988)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Karbo Deportivo.

A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do exitoso Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo. Despois de conversas entre o entón presidente do Deportivo da Coruña, Jesús Corzo Sierra, e os propietarios do colexio Karbo, Ramón Carrasco e Mary Carmen Borrego, chegouse a un acordo polo cal o Deportivo se faría cargo do Karbo.[6][7] A partir de entón o equipo comezaría a empregar a camisola branquiazul co escudo do Deportivo,[14][15] e disputaría os encontros como local alternativamente entre o campo de Elviña, o de Vilaboa e o estadio de Riazor —no que chegou a rexistrar entradas de 4.000 espectadores—.[14] A entrada ós partidos que xogaba o Karbo Deportivo como local tamén era gratuíta para os socios do R.C. Deportivo.[16]

Antes da unión co Deportivo, o Karbo xa gañara a primeira Copa da Raíña oficial organizada pola Real Federación Española de Fútbol en 1983,[17][18] e máis a Copa Raíña Sofía de 1981, precedente oficioso do devandito campionato, no que venceu na final contra o Risco (2-1), con remontada e dous goles de Lis Franco[19][20][21] Trala absorción obtería dous títulos máis en 1984 e 1985.[14]

Durante os anos 1980 o equipo coruñés foi un referente en toda España. En Galicia o único capaz de facerlles fronte era o Celta Mayador.[22] Os seus encontros tiñan lugar na Copa Galicia e na Liga Galega. O equipo coruñés fíxose coas cinco ligas galegas celebradas entre 1983 e 1988, así coma unha Copa galega,[23] mentres que o Celta se levou a copa galega en 1984.[24][25] A nivel internacional disputaron múltiples torneos, destacando en dúas ocasións o Torneo das Sete Nacións, logrando o subcampionato en 1980 fronte ó Borussia Mönchengladbach[26] cun resultado de 2-1[27] o cal se disputou en Olivet, Orleáns (Francia).

Naquela época, o Estadio de Riazor rexistrou entradas de milleiros de espectadores[14] Acadaron gran repercusión dos medios en España[28] por vencer a un equipo masculino, o Laracha F.C. cun resultado de 4 a 2.[29] A sección disolveuse no ano 1988, un ano antes de que se crease a Liga Nacional Feminina, debido ós problemas económicos que atravesaba o R.C. Deportivo, sumido nunha débeda asfixiante e co equipo masculino ó bordo do descenso a Segunda División B, así coma un incremento dos gastos pola crecente profesionalización do fútbol feminino. Moitas xogadoras tiveron que retirarse, outras ficharon por equipos cataláns ou asturianos, e algunhas derivaron ó fútbol sala.

Posteriormente á desaparición da sección feminina o R.C. Deportivo mantivo dúas xogadoras no seu cadro, Inma Castañón e Ángeles Olmo, co propósito de que puidesen prepararse para os seus partidos coa selección española[30].

Campaña para a recuperación da sección[editar | editar a fonte]

En 2013, co motivo da celebración do I Trofeo Teresa Herrera Feminino, fíxose unha homenaxe á desaparecida sección feminina, ás súas xogadoras, adestradores etc.[31]. En decembro dese mesmo ano, Tino Fernández incluíu a recuperación do equipo entre as intencións da súa candidatura á presidencia do club.

En 2015 emprendeuse a recollida de ata 10 000 sinaturas solicitando ó Deportivo da Coruña a recuperación[13] do equipo feminino, entre as sinaturas, destacaba a da futbolista compostelá Vero Boquete. Tamén se lanzou un documental titulado Karbo, escola de fútbol dirixido por Óscar Losada. Ese ano o Deportivo anunciou[32] que recuperaría a sección feminina. Aconteceu finalmente en 2016 logo dun acordo co Orzán SD polo cal a súa estrutura de fútbol feminino a nivel sénior foi transferida ao Deportivo[9][10][11][12]

Debut (2016/2017)[editar | editar a fonte]

O equipo deu os seus primeiros pasos no verán de 2016 empregando a denominación xenérica do club, Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.,[33] aínda que sendo coñecido popularmente como Deportivo feminino. Contaría cun cadro composto por xogadoras dos principais equipos coruñeses e algunhas das mellores promesas do fútbol galego (Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou Raquel Béjar).[34] A través da profesionalización, a idea era crear un bloque novo co que ir medrando ata acadar o grande obxectivo da entidade, o ascenso a Liga Iberdrola.

O debut tivo lugar o 30 de xullo na Cidade Deportiva de Abegondo nun amigable contra o Portonovo S.D. (4-0).[35]

Durante a pretempada, o Dépor disputou a Copa Deputación da Coruña, torneo que reúne os mellores equipos clasificados da provincia a tempada anterior. Acadou o título logo de gañar todos os partidos con solvencia, incluída a final ante o S.D. O Val (7-0),[36] deixando entrever o potencial do novo proxecto. Ese mesmo verán o equipo xogou o seu primeiro partido en Riazor para disputar a IV edición do trofeo Teresa Herrera; torneo que sumaron ao seu palmarés ao derrotaren nos penaltis ao Villarreal.[37]

O primeiro partido oficial do club foi ante o Oviedo Moderno (actual Real Oviedo) no Estadio Ponte dos Brozos de Arteixo o 4 de setembro de 2016 (0-0).[38]

A tempada regular foi dominada polas favoritas a priori, o Real Oviedo. As branquiazuis aguantan o tirón e a metade de ano reforzáronse coas primeiras xogadoras internacionais (as venezolanas Gabriela García "Gaby" e Lourdes Moreno "Kika"[39]) pero as ovetenses non cederon e leváronse finalmente o campionato.[40] As herculinas acadaron na súa primeira tempada un meritorio segundo posto, superando a clubs con máis experiencia e bagaxe na competición.

Consolidación (2017/2018)[editar | editar a fonte]

Esta tempada o equipo pasou a chamarse Deportivo ABANCA tras un acordo[41][4] coa entidade bancaria de 4 anos de duración. A segunda tempada arrincou cos mesmos obxectivos. O club reforzouse con xogadoras con nome na categoría e que incluso xogaran na Primeira división (Iris Arnaiz[42] ou Ainize Barea "Peke"[43]) para dotar o cadro de xogadoras de experiencia e afrontar con garantías os encontros máis intensos do ano, pasando a contar con 5 xogadoras profesionais[44]. Ademais de sumar á causa algunhas das xogadoras galegas máis prometedoras (Laura Vázquez[45] ou Patricia Díaz[46]).

En pretempada, o Dépor volveu gañar a Copa Deputación ante o Victoria C.F. (3-0).[47]

A competición ligueira igualouse e foi un cara a cara entre o Dépor e o Real Oviedo desde a primeira xornada. Ambos os equipos contaron os seus partidos por vitorias e ningún mostrou síntomas de debilidade. Foi tal a igualdade que a liga se decidiu a falta de catro xornadas, nun dramático encontro entre ambas as entidades no que as coruñesas, con todo a favor, sucumbiron na casa ante as asturianas (0-2),[48] perdendo así todas as opcións de loitar polo ascenso a Primeira división.

A pesar da decepción, o equipo rematou a tempada no alto facéndose coa Copa Galicia fronte ás viguesas do Atlántida Matamá (4-0).[49]

Consagración e ascenso a Liga Iberdrola (2018/2019)[editar | editar a fonte]

O terceiro ano afrontouse coa experiencia dos triunfos e as derrotas. O club deu un paso máis e fichou xogadoras do talle de Alba Merino,[50] Ali Muñoz[51] ou Maya Yamamoto,[52] futbolistas cun gran percorrido profesional na máxima categoría nacional.

O salto de calidade comezou a apreciarse na Copa Deputación onde o equipo volveu a saír vencedor, de novo, ante o Victoria C.F. (4-0).[53]

A tempada regular iniciouse cun empate na casa (2-2)[54] ante o PM Friol CD Lugo que prendeu todas as alarmas e vaticinou un novo ano á estela dun Real Oviedo que domina no grupo 1 de Segunda división pero non acada o ansiado ascenso. Porén, o equipo dirixido por Manu Sánchez pisou o acelerador e encadeou 23 vitorias consecutivas, unha delas no campo das favoritas (1-3)[55] que serviu para redimirse do tropezo sufrido meses atrás. Ante este nivel de esixencia cada semana o Real Oviedo rematou por ceder. O Dépor fíxose co seu primeiro campionato de liga o 31 de marzo de 2019 ao golear por cinco goles a cero ao Sárdoma C.F., con tantos de Peke (2), Gaby, Patri López e Tere Abelleira.[56] Obtivo así o seu primeiro pase á fase de ascenso a Primeira división 30 anos despois, escribindo unha nova folla de ouro na historia do club e do fútbol feminino coruñés.

O equipo cruzouse na primeira fase do 'playoff' de ascenso a Liga Iberdrola co Alhama CF, ao que gañou a domicilio grazas a un gol de Maya Yamamoto, sentenciando a eliminatoria no partido de volta cun contundente 5-1 ante un cheo histórico na Cidade Deportiva de Abegondo. Na segunda fase do playoff o Deportivo ABANCA enfrontouse ao CD Femarguín, ao que venceu 2-0 na casa e 1-4 a domicilio, acadando así o ascenso a Liga Iberdrola o 19 de maio de 2019.[57]

O Deportivo en Primeira División (2019-)[editar | editar a fonte]

O Deportivo fichou a Athenea del Castillo en 2019.

Para a súa estrea na Primeira División o Deportivo reforzou a súa portería con xogadoras con experiencia na máxima categoría, como Esther Sullastres[58] que se recuperaba dunha longa lesión, e María Isabel Rodríguez[58] suplente no Atlético de Madrid que acababa de gañar a liga. Tamén Noelia Villegas[58] proviña desta categoría e viña a reforzar a defensa. O resto das súas incorporaciónes foron xogadoras novas con proxección. Foi o caso de María Méndez, campioa do mundo sub-17.[58] A derradeira fichaxe do Deportivo na pretempada foi a dianteira Athenea del Castillo, internacional sub-19, tras unha dura disputa co CDE Racing Féminas.[59]

Nesta pretempada 2019-20 o Deportivo programou dous amigábeis con equipos de Primeira División, para prepararse para un salto de nivel que se outros anos fora considerable, este ano prometía ser aínda maior trala intensa campaña de fichaxes internacionais realizada polos equipos de primeira. Nestes partidos as branquiazuis sufriron contundentes derrotas, 1-5 co U.D.G. Tenerife e 0-2 co Madrid C.F.F.[60]. Non obstante, o 8 de setembro de 2019 as nosas estreáronse cunha vitoria ante o R.C.D. Español (3-1),[61] sendo o primeiro equipo que se estreaba cunha vitoria na máxima categoría dende o Fundación Albacete na temporada 2014-15. O equipo continuou sumando vitorias e mantívose invicto durante as primeiras sete xornadas, ocupando o segunda praza ata o partido da xornada 8 fronte ao Atlético de Madrid, cando volveu perder un partido oficial, cousa que non ocorría dende marzo de 2018, un ano e medio antes.[62][63] Nos partidos como local, esta xeira prolongouse ata a xornada 19.[64] Finalmente a irrupción da pandemia de coronavirus provocou o final abrupto da competición cando o equipo ocupaba a cuarta posición da táboa. Pouco antes, en febreiro, o Deportivo volveu disputar un partido da Copa da Raíña, competición que non xogaba dende os tempos do Karbo. Nunha histórica noite na que o equipo xogou ademais o seu primeiro partido no Estadio de Riazor, as coruñesas golearon por 7 a 2 ao Valencia Féminas, con 4 goles de Peke, e cadanseu gol de Athenea, Tere Abelleira e María Méndez.[65] Con todo, foron eliminadas na seguinte rolda (cuartos de final) polo FC Barcelona.

Na tempada 2019/20 o equipo comezou con tres derrotas nas tres primeiras xornadas.[66] O 23 de outubro de 2020 Athenea del Castillo fixo historia ao converterse na primeira futbolista do Deportivo en debutar coa selección española absoluta, no partido de clasificación para a Eurocopa, fronte á República Checa.[67]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tempada Liga Copa
da Raíña
Copa
Galicia
Copa
Deputación
Adestrador Presidente
Competición Posición X G E P GF GC Ptos
1982/1983 LG 10 9 1 0 65 4 19 - - José Mañana
1983/1984 LG 14 - - - - - - - José Mañana Jesús Corzo
1984/1985 LG 10 10 0 0 82 0 20 - - Antonio "Quinocho" Jesús Corzo
1985/1986 LG 9 8 0 1 - - 16 1/2 - - Antonio "Quinocho" Jesús Corzo
1986/1987 LG 8 - - - - - - 1/2 - Antonio "Quinocho" Andrés G. Yáñez​
2016/2017 2ªD 26 21 2 3 120 19 65 Non clasificado - Manu Sánchez Tino Fernández
2017/2018 2ªD 26 24 1 1 155 11 73 Non clasificado Manu Sánchez Tino Fernández
2018/2019 2ªD 26 25 1 0 150 13 76 Non clasificado Manu Sánchez Tino Fernández
2019/2020 1ªD 21 11 4 6 46 38 37 1/4 Manu Sánchez Paco Zas
Fernando Vidal
Datos actualizados a 6 de maio de 2020.
  • Nota: Inclúe tempadas do Karbo.
1ªD Primeira División 2ªD Segunda División Grupo 1 LG Liga Galega

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cidade Deportiva de Abegondo.

Tanto o primeiro equipo como o filial xogan os seus partidos na Cidade Deportiva de Abegondo. O complexo deportivo da entidade foi inaugurado en 2003 e conta con ata 14 campos de fútbol.

Cadro de xogadoras[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino

Cadro 2019/20[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR España Esther Sullastres
13 POR España María Isabel Rodríguez "Misa"
25 POR España María Miralles
7 DEF España Miriam Ríos
14 DEF España María Méndez "Pecas"
16 DEF España Laura Vázquez
20 DEF España Noelia Villegas
22 DEF España Cristina Martínez
23 DEF España Patricia Díaz
15 DEF Lorena Bedoya
3 MED España Teresa Abelleira
Posto País Xogador
5 MED España Iris Arnaiz
8 MED España Alba Merino
10 MED Lourdes Yaurimar Moreno "Kika"
17 MED Maya Yamamoto
12 MED Carolina Arbeláez
6 DIA Michelle Yeraldine Romero
9 DIA España Athenea del Castillo
11 DIA España Nuria Rábano
18 DIA España Ainize Barea "Peke"
19 DIA Gabriela García "Gaby"

Altas e baixas 2019/2020[editar | editar a fonte]

Altas
Xogadora Posición Orixe Tipo Cobro
España Esther Sullastres Porteira España Zaragoza C.F.F. Fin de contrato -
España Mª Isabel "Misa" Porteira España Atlético de Madrid Libre -
España María Méndez Defensa España Real Oviedo Femenino Fin de contrato -
España Noelia Villegas Defensa España Madrid C.F.F. Fin de contrato -
España Athenea del Castillo Dianteira España CDE Racing Féminas Libre -
Carolina Arbeláez Centrocampista Atlético Nacional Libre -
Lorena Bedoya Centrocampista Atlético Nacional ? -


Baixas
Xogadora Posición Destino Tipo Cobro
España Malena Mieres Porteira España S.D. Eibar Fin de contrato -
España Patricia Curbelo Porteira España UD Tacuense Fin de contrato -
España Raquel Béjar Defensa - Fin de contrato -
España Rosalía Muíño Centrocampista South Florida Bulls Libre -
España Alicia Muñoz Dianteira España C.F.F. Cáceres Fin de contrato -
España Silvia Mérida Defensa España Deportivo Alavés Libre -
Érika Sâmia Defensa España Deportivo Alavés Libre -


Ademais de Nuria Torres[68] procedente do Atlántida Matamá e Sara Álvarez, defensa/lateral dereito tamén procedente do Atlántida de Matamá incorporáronse ó filial co obxectivo de ter algúns minutos no primeiro equipo.

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Real Club Deportivo da Coruña B[editar | editar a fonte]

O filial deportivista xoga na Primeira Nacional (Grupo I), despois de conseguir o ascenso na tempada 2018/2019.[69][70] Antes de ascender proclamouse campión da Copa Galicia da categoría de Primeira División Galega.[71]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos estatais[editar | editar a fonte]

España Competición Títulos Subcampionatos
Copa Raíña Sofía (1) 1981[72]
Copa da Raíña (3) 1983, 1984, 1985
Segunda División de España (1) 2018/19 2016/17, 2017/18

Títulos rexionais[editar | editar a fonte]

Galicia Competición Títulos Subcampionatos
Copa Galicia (3) 1987, 2018,[73] 2019 1984
Liga Galega (5) 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1985-86, 1986-87
Copa Deputación (4) 2016, 2017, 2018, 2019[74]

Trofeos amigables[editar | editar a fonte]

Competición Títulos Subcampionatos
Teresa Herrera (1) 2016[75] 2017, 2018, 2019
Memorial Manuel Fernández Faraldo (1) 2016[76]
Torneo Concello de Friol (1) 2017[77]
Trofeo Villa de Jovellanos (1) 2019[78]
Trofeo Emma Cuervo (1) 2022[79]
  • Nota: Palmarés combinado do Karbo e o Deportivo feminino.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Datos actualizados a 14 de abril de 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do equipo na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020
  2. Datos do equipo na web da Real Federación Española de Fútbol Arquivado 18 de maio de 2020 en Wayback Machine. Consultado o 30 de setembro de 2020
  3. Plantilla Real Club Deportivo Abanca rcdeportivo.es
  4. 4,0 4,1 El Dépor y ABANCA se unen para impulsar el fútbol femenino rcdeportivo.es
  5. Ficha do Deportivo da Coruña na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020
  6. 6,0 6,1 "La Voz de Galicia". A Coruña. 26 de novembro de 1983. p. 47. Ayer, a última hora de la tarde, tuvo lugar una reunión en el local social deportivista entre el presidente del Deportivo, Jesús Corzo, y los propietarios del colegio Karbo, Ramón Carrasco y Mary Carmen Borrego, que a su vez patrocinan el equipo femenino que lleva el nombre del colegio. En la conversación se llegó, inicialmente, al acuerdo de que el Deportivo se haga cargo de la plantilla que forman actualmente el citado equipo. El primer club coruñés respetará el nombre de Karbo, que tienen registrado los actuales propietarios, en el campeonato de España que se iniciará en el próximo diciembre, en el que figurará como Karbo Deportivo. 
  7. 7,0 7,1 "Marca". Madrid. 5 de xaneiro de 1984. p. 10. El Coruña ha absorbido al club Karbo, de la categoría femenina, uno de los más calificados. La nueva denominación será Karbo Deportivo Femenino. 
  8. "Karbo, las futbolistas que ganaron a los hombres". Marca. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 El equipo femenino del Dépor nacerá con la estructura del Orzán La Voz de Galicia. 25 de febreiro de 2016
  10. 10,0 10,1 Deportivo y Orzán presentan el nuevo equipo femenino blanquiazul, que arrancará la próxima temporada rcdeportivo.es
  11. 11,0 11,1 "#ASNOSAS". Página Oficial del R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  12. 12,0 12,1 "Memoria anual de sostenibilidad 2016/2017" (PDF). Página Oficial del R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  13. 13,0 13,1 Pardo, Miguel. "Más de 10.000 firmas para recuperar el Dépor femenino". eldiario.es. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 El Karbo, pioneras también en Riazor La Opinion A Coruña. 3 de febreiro de 2020
  15. "Un once inicial do Karbo, equipo feminino do Deportivo, en 1985. RC Deportivo". recordos.rcdeportivo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 07 de febreiro de 2020. 
  16. La Voz de Galicia, ed. (16 de setembro de 1984). "En Riazor, a las 8, Karbo Deportivo y Celta ofrecerán un partido de fútbol femenino". 
  17. Chío de Manu Sainz coa crónica do diario As
  18. "La Voz de Galicia". A Coruña. 23 de maio de 1983. p. 25. 
  19. Alfredo Relaño (16 de maio de 2019). "La Copa de la Reina Sofía". As.com. 
  20. Las reinas del fútbol ganan su copa La Voz de Galicia. 25 de maio de 2019
  21. "La Voz de Galicia". A Coruña. 8 de xullo de 1981. p. 53. 
  22. Varela, Marci (24 de abril de 2019). "Las primeras estrellas celestes". Cadena SER. Consultado o 21 de setembro de 2019. 
  23. "Real Federación Galega de Fútbol - O fútbol feminino abre as actividades de 'Valor e Mestría. Galicia como fútbol'". www.futgal.es. Consultado o 21 de setembro de 2019. 
  24. Álvarez, Armando. "Talento a raudales". www.farodevigo.es. Consultado o 21 de setembro de 2019. 
  25. "Valor e mestría - O fútbol galego contado pola súas protagonistas - Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 21 de setembro de 2019. 
  26. Naboulsi, Omar (26 de agosto de 2016). "Las 'marimachos' del Karbo: vuelve el equipo que ganaba a los chicos". PlayGround. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  27. "Pili Neira: “En las gradas de los partidos de la Irmandiña tienen que tener cabida todos, tengamos la ideología política que tengamos”". 28 de xuño de 2011. 
  28. "Los gloriosos años del Karbo – Reinas del balón". Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  29. País, Ediciones El (3 de xuño de 1984). "Reportaje - Karbor, las futbolistas que ganaron a los hombres". Consultado o 7 de setembro de 2019 – vía elpais.com. 
  30. La Voz de Galicia, ed. (13 de xuño de 1988). "Inmaculada Castañón espera que el fútbol femenino vuelva a resurgir en Galicia". 
  31. "El Karbo recibe un merecido homenaje en el Teresa Herrera Femenino | ellastambienjuegan". 
  32. AS, Diario (4 de decembro de 2015). "Fútbol Femenino: El Deportivo anunció que tendrá equipo femenino en 2016". AS.com. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  33. Acta da final da I Copa Deputación da Coruña Federación Galega de Fútbol. 1 de setembro de 2016
  34. "Raquel e Tere, primeiras xogadoras profesionais do RC Deportivo", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 18 de xaneiro de 2017.
  35. "Primera victoria para el Dépor Femenino", artigo en El Desmarque, 31 de xullo de 2016.
  36. "O Dépor Feminino A gana a Copa Deputación nunha bonita final ante Ou Val", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de setembro de 2016.
  37. "Os penaltis dan o Trofeo Teresa Herrera ao Deportivo Feminino A", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 9 de agosto de 2016.
  38. "RC Deportivo y Oviedo Moderno empatan sin goles en el partido debut de las blanquiazules en Liga 0-0", artigo na web Ellas también juegan, 4 de setembro de 2016.
  39. "As venezolanas Kika Moreno e Gabriela García asinan co Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de febreiro de 2017.
  40. "¡El Oviedo Moderno, Campeón de Liga!", artigo en La Voz de Asturias, 23 de abril de 2017.
  41. Coruña, La Opinión de A. "Deportivo Abanca, nuevo nombre para las blanquiazules". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  42. "El Dépor le roba la brújula al campeón y ficha a Iris Arnáiz", artigo en La Voz de Galicia, 22 de xuño de 2017.
  43. "El Deportivo se refuerza con Peke", artigo en La Opinión, 15 de xuño de 2017.
  44. https://eldesmarque.com/coruna/deportivo/noticias/5779-fichada-iris-quinta-jugador-profesional-en-el-depor-abanca
  45. "Laura Vázquez é a quinta incorporación do Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 26 de xuño de 2017.
  46. "Patri Rúa, terceiro reforzo do Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 21 de xuño de 2017.
  47. "El Dépor ABANCA vence la Copa Diputación", artigo en El Desmarque, 24 de agosto de 2017.
  48. El Dépor muere en la orilla", artigo en La Voz de Galicia, 25 de marzo de 2017.
  49. "O Deportivo ABANCA gaña a Copa e reina no fútbol feminino galego", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de maio de 2018.
  50. "Alba Merino se convierte en el tercer fichaje del Dépor Femenino", artigo en riazor.org, 1 de xullo de 2018.
  51. "Ali Muñoz, segunda fichaxe do Dépor ABANCA 2018-2019", artigo na web do Real Club Deportivo da Coruña, 27 de xuño de 2018.
  52. "Maya Yamamoto, nueva jugadora del Deportivo Femenino", artigo en riazor.org, 22 de setembro de 2018.
  53. "El Deportivo Femenino, campeón de la Copa Diputación", artigo en riazor.org, 22 de agosto de 2018.
  54. "RC Deportivo Abanca 2 - PM Friol CD Lugo 2", artigo na web oficial do Club Deportivo Lugo, 9 de setembro de 2018.
  55. "El Dépor femenino arrasa en Oviedo y allana su camino hacia Primera", artigo en La Voz de Galicia, 22 de decembro de 2018.
  56. "El Deportivo Femenino golea al Sárdoma y se proclama campeón de Liga", artigo en riazor.org, 31 de marzo de 2019.
  57. "El Deportivo Abanca a la Liga Iberdrola" (en castelán). 30 de xuño de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  58. 58,0 58,1 58,2 58,3 "El Dépor femenino refuerza su plantilla de cara a su nueva etapa en Primera". Quincemil. Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  59. "El Dépor Abanca firma a su quinta incorporación: la internacional sub-19 Athenea del Castillo". La Voz de Galicia. 2 de agosto de 2019. Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  60. "El Dépor ABANCA coge ritmo frente a un acertado Madrid CFF - Página Oficial del R.C. Deportivo de La Coruña". El Dépor ABANCA coge ritmo frente a un acertado Madrid CFF - Página Oficial del R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  61. SL, POMBAPRESS. "(RESUMEN) El Dépor ya sabe lo que es ganar y hacer historia en el fútbol femenino". Galiciapress. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  62. Menayo, David (1 de outubro de 2019). "El Deportivo Abanca, de 'Cenicienta' a equipo revelación". Marca (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  63. "Golpe de realidad para el Dépor en el Wanda" (en castelán). 3 de novembro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  64. Zaballa, Pablo (2 de febreiro de 2020). "Este no es mi Depor". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  65. Antelo, Iván (12 de febreiro de 2020). "7-2: el Deportivo femenino golea al Valencia en Riazor en una noche histórica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  66. "Tercera derrota seguida del Deportivo Abanca". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  67. "Athenea fai historia no Dépor ABANCA ao debutar coa selección española con tan só 19 anos". 23 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  68. https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/deporte/nuria-torres-se-incorpora-al-depor-femenino
  69. https://www.riazor.org/el-femenino-b-pone-el-broche-a-su-gran-temporada-con-el-ascenso/
  70. "Clasificación Segunda división feminina grupo 1 (tempada 2018/19 na web da Federación Galega de Fútbol".
  71. Acta do partido futgal.es
  72. Karbo, de La Coruña, primer campeón nacional, artigo publicado en El Pais, 30 de xuño de 1981
  73. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/torremarathon/2018/05/01/deportivo-campeon-copa-galicia-femenina/00031525197826929666685.htm
  74. "Cuarta Copa Deputación consecutiva para o Dépor ABANCA", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 14 de agosto de 2019.
  75. "Los penaltis dan el Trofeo Teresa Herrera al Deportivo Femenino A" (en castelán). 9 de agosto de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  76. Los dos equipos femeninos del Dépor, campeones del Memorial Fernández Faraldo rcdeportivo.es
  77. El Dépor ABANCA, campeón en Friol rcdeportivo.es
  78. O Deportivo ABANCA gana en Xixón o Trofeo Villa de Jovellanos rcdeportivo.es
  79. "El Dépor Abanca conquista el Emma Cuervo" (en castelán). 28 de agosto de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  80. "El Dépor Femenino arrolla al UD Llanera", artigo en riazor.org, 11 de novembro de 2017.
  81. "El Barça retoma con fuerza la Liga Iberdrola" (en castelán). 24 de novembro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]