Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte | |
---|---|
![]() Monumento a Eduardo Sanjurjo de Carricarte na Coruña. | |
Nacemento | 16 de decembro de 1911 |
A Coruña, España | |
Falecemento | 14 de febreiro de 1966 |
A Coruña | |
Nacionalidade | ![]() |
Ocupación | Político, avogado |
Premios | Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito en Valladolid e despois da guerra civil traballou cos alcaldes da Coruña Fernando Álvarez de Sotomayor e José Pérez-Ardá.
Accedeu á alcaldía o 13 de agosto de 1963 e cesou o 20 de decembro de 1965. Durante o seu mandato a cidade tivo unha época de grande expansión e grazas á súa iniciativa o 3 de xullo de 1964 constituíuse o Instituto José Cornide.[2] Foi procurador en Cortes (1961-1964).
Faleceu dous meses despois de deixar a alcaldía e o concello dedicoulle unha rúa e un colexio no barrio de Monte-Alto. En 2010 a CRMH da Coruña denunciou que estas honras debían ser retiradas conforme á Lei de memoria histórica.[3]
Honras[editar | editar a fonte]
Foille concedida a Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo branco en 1964[4]
Predecesor: Sergio Peñamaría de Llano |
![]() Alcalde da Coruña 1963 – 1965 |
Sucesor: Demetrio Salorio Suárez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biografía na wiki da Biblioteca Municipal de Estudos Locais do Concello de A Coruña". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2011.
- ↑ "Historia do Instituto José Cornide". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011.
- ↑ "Tras Astray, hai 52 iconas franquistas por retirar na Coruña". A Historia é noticia. domingo, 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ Decreto 2965/1964, de 1 de octubre, por el que se concede a don Eduardo Sanjurjo de Carricarte la Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo blanco. BOE