Bergondo
Coordenadas: 43°19′10″N 08°14′02″O / 43.31944, -8.23389
Bergondo | |
---|---|
![]() | |
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | bergondés/bergondesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Coruña |
Poboación | 6.892 hab. (2022)[2][3] |
Área | 32,7 km²[3] |
Densidade | 210,76 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Carrio |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Alejandra Pérez Máquez (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 6 Outros: Alternativa dos Veciños 2 |
Eleccións municipais en Bergondo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 33,67% |
Na rede | |
bergondo.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés[8].
Xeografía[editar | editar a fonte]
Demografía[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Censo total 2014 | 6702 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 797 (11,89 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4171 (62,23 %) |
Maiores de 65 anos | 1734 (25,87 %) |
Evolución da poboación de Bergondo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5869 | 5597 | 6003 | 5293 | 6413 | 6696 | 6712 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura[editar | editar a fonte]
Toponimia[editar | editar a fonte]
Bergondo ten unha orixe celta ou xermánica[Cómpre referencia]. Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas[9].
O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]
Existen numerosos castros no concello:
- Castro de Rebodero na parroquia de Ouces
- Bergondiño na de Bergondo
- Os Fornos, en San Xoán de Lubre
- Carrio (Bergondo)
- Santa Marta de Babío
- San Fiz de Vixoi
- Montecelo
- Pazos en Moruxo
- Castro do Monte da Fame en Guísamo
Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]
A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.
Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]
- Museos:
Patrimonio natural[editar | editar a fonte]
- Praias:
- Praia de Gandarío (Ouces)
- Praia do Pedrido
- Praia de Regueiro
Economía[editar | editar a fonte]
O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.
Política[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais de 2019[editar | editar a fonte]
Partido Político | Diferenza en escanos | Votos | Escanos |
---|---|---|---|
PSdeG-PSOE | +1 | 1518 | 6 / 13 |
PPdeG | +1 | 1090 | 4 / 13 |
Alternativa dos Veciños | novo | 740 | 2 / 13 |
BNG | +1 | 404 | 1 / 13 |
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.
Casa consistorial do concello de Bergondo
Escalinata posterior do pazo de Mariñán
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Bergondo[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Bergondo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Concello de Bergondo na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ "Historia, Concello de Bergondo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bergondo ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.