As Somozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Somozas
Logo das Somozas
Escudo das Somozas
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]somocense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación1.073 hab. (2022)[2][3]
Área70,9 km²[3]
Densidade15,13 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias[4]
Capital do concelloA Igrexa
Política (2023 [5])
AlcaldeJuan Alonso Tembrás (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6

Outros: Alternativa por Somozas: 1
Eleccións municipais nas Somozas
Uso do galego[7] (2001)
Galegofalantes80,74%
Na rede
https://assomozas.es/
Facebook: AsSomozas Twitter: AsSomozas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1211 (2014)
Menores de 15 anos 98 (8,09%)
Entre 15 e 64 anos 768 (63,42%)
Maiores de 65 anos 345 (28,49%)
Evolución da poboación das Somozas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
3801 3934 3962 2004 1403 1279 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os 71,4 km² polos que se estende este concello son bastante accidentados, aínda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m), Pena dos Ladróns (620 m), Naveira (523 m), Lameira (518 m) Barreiros (538 m) e Cortello (484 m), todas elas nas parroquias de Seixas e Recemel. Atravésano o río Mera e o río Grande de Xuvia; o primeiro conforma o límite con Ortigueira e desemboca na ría de Ortigueira e o segundo nace na confluencia dos ríos Ferreiras e Grande.

Historia[editar | editar a fonte]

Grazas á súa situación estratéxica, arrodeada de vales e montañas, todo o territorio do concello das Somozas foi visitado por numerosas culturas ao longo da súa historia. Da época castrexa consérvase o Castro de Marván (Seixas).

No dominio musulmán, foi imposto un tributo aos seus habitantes, coñecido como Tributo das Cen Doncelas, polo que numerosas mulleres foron apresadas e trasladadas aos seus haréns. Eran despedidas polos seus achegados dende o Monte Marbán. Pénsase que a denominación de 'Somozas' provén dun nobre francés chamado Sumaças, que venceu aos musulmáns e que foi recompensado con terras na zona[8].

O territorio das Somozas pertenceu a distintos clans señoriais e a varias xurisdicións. Algúns dos nobres máis importantes que dominaron estas terras foron a Duquesa de Lemos, o Conde de Maceda e o Marqués de San Sadurniño.

O concello das Somozas constituíse no ano 1836, intre no que xurdiron os primeiros concellos constitucionais, formando parte da provincia histórica de Betanzos. Posteriormente, no ano 1845, incorporouse a parroquia de Recemel, desvencellándose de Moeche, e, máis tarde, no ano 1895, formáronse as de Enchousas e Seixas, ao se dividir a parroquia principal.

Na actualidade, As Somozas é un concello rural, adicado á agricultura e á gandería e arrodeado de vales e montañas que lle proporcionan un clima oceánico con temperaturas agradables.

O 19 de xaneiro do 2014, falece o actual alcalde Manuel Candocia Ramos, a causa dun infarto mentres presenciaba un partido do equipo do Unión Deportiva Somozas, do que tamén era presidente[9].

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Ao longo da democracia, Manuel Candocia non deixou nunca de ser alcalde das Somozas. Inicialmente, coa UCD e, xa na actualidade, co PP. Non só ven revalidando unha ampla maioría absoluta, senón que esta é, cando menos, abafante.

Durante varias lexislaturas, e tamén na que descorre entre 2007 e 2011, o PP conta con 8 concelleiros e existe un só grupo na oposición, o PSdeG-PSOE, cun único concelleiro. Malia superar a barreira do 5% dos votos en 2007, o BNG non foi quen aínda de rachar con ese tradicional bipartidismo e entrar no Concello.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía, aínda que marcadamente agrícola, vai perdendo peso a medida que vai medrando o Polígono industrial das Somozas, onde se localizaron industrias dedicadas ás novas tecnoloxías como a construción de aeroxeradores (Gamesa) e plantas de rexeneración de materiais industriais e reciclaxe (a maioría do chapapote do Prestige será tratado aquí). Tamén conta con explotacións forestais de eucalipto, gando vacún e cultivos de kiwi e autoconsumo, que como moito, son vendidos nos mercados e feiras de Moeche e As Pontes de García Rodríguez, transformación da madeira en serradoiros e a existencia dunha embotelladora de leite.

Case unha cuarta parte dos traballadores viaxan até As Pontes, pois están empregados por Endesa ou as súas empresas auxiliares.

A poboación é moi dispersa e o lugar de maior tamaño, Igrexa, rolda os 100 habitantes.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santiago Seré, A Igrexa de Santiago é o monumento máis importante do Concello. Atópase na capital, As Somozas, no lugar coñecido como A Igrexa, presidindo o centro urbano da poboación. É un templo de estilo barroco, levantado no século XVIII, con planta rectangular e tres naves cubertas de madeira. Merece especial mención na súa fachada principal a torre campanario de grande altura, visible dende case que calquera punto da poboación. Está coroada por unha cúpula octogonal, rematada por un pináculo sobre o que se sitúa unha cruz de ferro.
  • Ermidas, en todo o Concello levántanse numerosos templos cun gran valor histórico-artístico. Merecen especial mención as ermidas de San Pedro, en Enchousas; do Socorro, en Recemel; de Nosa Señora de Francia, no Campo; de San Isidro, na Graxoiba; de San Bartolomeu, en Seixas, e as ermidas de San Cidre, San Pedro e Santo Estevo, nas Somozas.
  • Montañas, Os picos de maior altura son Pena dos Ladróns, de 620 metros de altitude; Gradoi, de 357, e o histórico Marbán, que acada os 316 metros, lugar dende onde despedíanse os habitantes da poboación das doncelas cativadas polos musulmáns.
  • Área recreativa da Queiroga, localízase ao nordeste das Somozas, nos arredores do río Mera, visitado polos amantes da pesca pola presenza de troitas. Atópase arrodeada por fragas e conta nas súas instalacións con mesas, bancos e grellas. Merecen especial mención un antigo muíño de auga e varios refuxios de pescadores.

Deporte[editar | editar a fonte]

A Unión Deportiva Somozas xoga na Segunda División B Española (tempada 2015-16).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes das Somozas.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas

As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré)


Lugares das Somozas[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Somozas vexa: Lugares das Somozas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "As Somozas".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Historia das Somozas
  9. Falecemento de Manuel Candocia Ramos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.