Monte de San Pedro, Visma, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monte de San Pedro
Monte San Pedro - Coruña.jpg
Parque do Monte de San Pedro
Parroquia Visma
Concello A Coruña
Situación do Monte de San Pedro no concello da Coruña. En verde, parque.[1]

O Monte de San Pedro é un lugar da parroquia de Visma no concello da Coruña. Dende 1933[2] albergou unha batería de costa do exército, pero tralo abandono da mesma en 1996, o lugar foi convertido nun parque, aínda que se conservaron moitos elementos da antiga instalación militar, coma os canóns, algúns deles antiaéreos.

Natureza[editar | editar a fonte]

No monte de San Pedro existe unha duna fósil de 28 000 anos de antigüidade.[3]

Separadas do monte por unha canle de apenas 1 km atópanse as illas de San Pedro.[4]

Parque[editar | editar a fonte]

Sobre a antiga área militar inaugurouse en 1999 un parque de 78 339 m2. No parque hai un estanque de parrulos, un labirinto vexetal e o Centro de Interpretación da batería. A Cúpula Atlántica é un miradoiro de 360º cuberto, inaugurado en 2010,[5] localizado sobre un antigo depósito de auga.[6]

Pódese acceder ao parque mediante un ascensor panorámico.[2][4]

Batería de costa[editar | editar a fonte]

A batería de canóns do Monte de San Pedro forma parte dunha antiga instalación militar de defensa costeira do período de entreguerras.

As pezas Vickers que forman esta batería proceden da fábrica de Barrow-in-Furness (Inglaterra). Adquiríronse en 1929 e trala súa verificación e probas de tiro foron transportadas por mar ata A Coruña. O traslado desde o porto da cidade ata o monte realizouse por medio de raís desmontables nun avance lento e complicado de 200 metros por día. O primeiro disparo foi o 19 de decembro de 1933. Dende entón, realizaron unicamente 19 disparos, o último o 24 de outubro de 1977.[7]

Os canóns teñen un calibre de 381 mm e unha lonxitude de 17 metros. Eran capaces de disparar proxectís dunha tonelada de peso cun alcance de 38 km. Cada un dos proxectís pesaba 885 kg.[7][8]

As instalacións estaban dotadas de estacións telemétricas, unha mesa calculadora que obtiña os datos de tiro e unha mesa trazadora na que se representan as traxectorias do disparo e do obxectivo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estudos previos
  2. 2,0 2,1 "Parque del monte de San Pedro". Coruña Virtual (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  3. Mato, Mar (4 de maio de 2015). "Galicia destaca en el mapa geológico mundial". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Monte de San Pedro
  5. "A Coruña inaugura la Cúpula Atlántica, un mirador interactivo de la ciudad". ABC (en castelán). 27 de novembro de 2010. 
  6. La Cúpula Atlántica, en el Parque de San Pedro
  7. 7,0 7,1 "La Coruña en armas: los cañones Vickers del monte de San Pedro". 20 minutos (en castelán). 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  8. Yahoo! Viajes. "Parque del Monte de San Pedro" (en castelán). Yahoo! España. Consultado o 2 de febreiro de 2009. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Visma[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]