Saltar ao contido

O Peruleiro, Visma, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Peruleiro

Avenida do Peruleiro.
ParroquiaVisma
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′01″N 8°25′20″O / 43.36698, -8.42215
editar datos en Wikidata ]
Situación do Peruleiro no concello da Coruña.[1]

O Peruleiro é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona occidental da Coruña. Antes da anexión do concello de Oza polo da Coruña, este lugar atopábase no límite entre ámbolos dous concellos. O Camiño do Peruleiro foi historicamente a principal vía de acceso á Coruña dende San Pedro de Visma.

Na división en barrios da Coruña de 1839, O Peruleiro estaba incluído no barrio 13.º.[2]

O Peruleiro dá nome á avenida principal, que cruza o barrio. O antigo camiño do Peruleiro foi bautizado en 1931 como rúa de Pablo Iglesias, prolongación da rúa da Cidade Xardín. En 1937, a corporación franquista restituíu o nome anterior.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo "peruleiro" só aparece neste lugar e a súa etimoloxía é discutida. O dicionario de Eladio Rodríguez González dá a palabra o significado de "sitio elevado", mais nun documento de 1726 aparece denomidado Peroleiro, o que podería indicar que procede do nome dun veciño chamado "Pedro Leiro".[3]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Visma

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña

[editar | editar a fonte]
  1. Estudos previos
  2. de Vedia y Goossens, Enrique. Historia y descripción de la ciudad de La Coruña (en castelán). Consultado o 24-8-2016. 
  3. 3,0 3,1 Reiriz Rey, Jesús María (1999). Nombres del callejero coruñés (en castelán). Perillo, Oleiros: Vía Láctea Editorial, Concello da Coruña. ISBN 84-89444-59-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]