UIMP Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

UIMP Galicia é un dos centros da Universidade Internacional Menéndez Pelayo que programa cursos e seminarios en diversas localidades de Galicia desde 1982. A súa sede está na Coruña. O groso dos seus estudantes procede do ámbito galego, portugués e iberoamericano.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O número das súas actividades varía cada ano, aínda que se conseguiu unha media de 20 cursos e seminarios ou talleres, cunha asistencia media de máis de 600 alumnos en cada ano. A realización destas actividades viuse favorecida polo apoio e patrocinio das universidades e institucións públicas e privadas galegas. As tres universidades de Galicia outorgan validez aos seus créditos.

No que se refire ás institucións locais, convén destacar o apoio das deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra, que mantiveron de forma sistemática o patrocinio das actividades da UIMP Galicia. Outras institucións implicadas son a Xunta de Galicia, dende as súas diferentes consellerías, o Concello da Coruña e Novacaixagalicia. Tamén recibe o apoio de institucións locais, como concellos e deputacións, e de entidades financeiras.

Desde o ano 2003 UIMP Galicia organiza o seminario destinado á orientación formativa e investigadora dos estudantes que están entre os ciencuenta mellores expedientes de bacharelato de Galicia. Os directores da UIMP Galicia foron Ramón Villares desde 1998 até 2006, e Xosé Luís Barreiro Rivas, desde febreiro de 2006. Desde febreiro de 2013 o director é Domingo Bello Janeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]