Estadio Municipal de Riazor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′7″N 8°25′3″O / 43.36861, -8.41750

Riazor
Estadio Riazor.jpg
Datos
Localización Avda. de Manuel Murguía, s/n 15011
A Coruña, Galicia
Construción
Inauguración 28 de outubro de 1944
Renovación 1982, 1995–1998
Arquitecto Santiago Rey Pedreira
Estadio
Superficie Herba
Dimensións 105 × 68 m
Capacidade 34.600
Propietario Concello da Coruña
Localía Deportivo da Coruña (1944–presente)
Eventos

O Estadio Municipal de Riazor é un estadio de fútbol, situado na cidade da Coruña. Serve de sede habitual ao Real Club Deportivo da Coruña.

Cunha capacidade para 34 600 espectadores sentados[1] e un terreo de xogo cunhas medidas de 105×68 metros tras ser remodelado en 1982 e de 1995 a 1998, é o estadio máis grande de Galicia. A dirección do estadio é Avda. de Manuel Murguía, s/n 15011 - A Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

Pese a que nas proximidades do actual Estadio de Riazor xogaba habitualmente o Deportivo desde 1909, ata 1944 o equipo herculino non contou cun estadio en condicións, con bancadas, vestiarios e demais instalacións. A inauguración do novo terreo de xogo produciuse o 28 de outubro de dito ano, nun Deportivo-Valencia no que caerían derrotados os coruñeses por 2-3. Do estadio orixinal consérvase unicamente a Torre de Maratón, de Santiago Rey Pedreira.[2]

O enorme tamaño do novo estadio, con capacidade para máis de 60 000 espectadores de pé, permitiu a celebración nas súas instalacións de partidos internacionais, sendo o primeiro deles un España-Portugal celebrado o 6 de maio de 1945, e no que venceu a selección española por 4-2. Do mesmo xeito permitía a celebración de finais de torneos oficiais, sendo a primeira a final da Copa do Xeneralísimo da temporada 1946-47, que enfrontou o Real Madrid e o Espanyol, e que gañaron os merengues por 2-0.

Non obstante, a gran capacidade do campo e as pistas de atletismo que o rodeaban facían de Riazor un campo frío, que nunca se enchía. Con motivo da disputa en España do Mundial de fútbol de 1982 estes problemas paliáronse en parte, debido ás remodelacións necesarias para que o campo puidese aloxar partidos de tan alta competición. Así, a capacidade do estadio viuse reducida a 29 000 localidades, capacidade coa que albergaría tres partidos do Mundial, todos de primeira rolda.

Na temporada 1995-96, coincidindo cos inicios do periplo europeo do Deportivo, Riazor sofre unha nova remodelación coa finalidade de pechar o recinto polos seus catro costados, pois ata entón tiña forma de ferradura. Tras dita obra, o estadio perdería as pistas de atletismo, e alcanzaría as súas actuais 34 600 localidades.

Co renacer da Selección galega de fútbol a comezos do século XXI, o estadio de Riazor converteuse tamén en escenario dalgún dos enfrontamentos da Irmandiña, acollendo os partidos de 2006 e 2008 contra Ecuador e Irán respectivamente.

No verán 2015, a directiva acomete melloras parciais das instalacións[3]:

  • Eliminación das pingueiras nas bancadas que por mor de sucesivos temporais danaran a cuberta.
  • Os asentos de Pavillón e Preferencia Inferior foron tratados e repintados «para se amosar como novos» e permitiren a configuración da palabra Dépor e a data 1906, visíbeis co estadio baleiro.
  • Os chanzos de ambas as bancadas foron pintados de gris para mellorar a estética e tratados cun produto antiescorregante para evitar o perigo cando estean mollados.
  • O espazo para discapacitados foi trasladado a Preferencia Inferior, xusto na entrada da porta 27, á que se chega directamente pola rampla da Deportienda.
  • Substitución dos videomarcadores dos fondos por outros máis modernos e de maior tamaño.
  • Instalación de céspede artifical no perímetro do terreo de xogo a fin de ocultar os antiestéticos restos das vellas pistas de atletismo.

Eventos deportivos[editar | editar a fonte]

Final da Copa do Xeneralísimo de 1947[editar | editar a fonte]

En 1947 xogouse a única final da Copa do Rei disputada ata o momento en Galicia. Os finalistas foron o Real Madrid e o Espanyol, sendo o resultado favorable ao conxunto branco (2-0), que gañou na prórroga.

Real Madrid 2 – 0 Espanyol 22 de xuño de 1947, 18:00 (CET) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 30.000
Árbitro: Francisco Echave
Vidal Anotado no 107º minuto 107'
Pruden Anotado no 119º minuto 119'
Informe

Mundial de Fútbol de 1982[editar | editar a fonte]

Con motivo do Mundial de Fútbol de 1982 organizado en España, Riazor acolleu tres partidos de primeira rolda, especificamente do Grupo A do mundial, a saber: Polonia-Perú, Polonia-Camerún e Perú-Camerún.

Perú Flag of Peru.svg 0 – 0 Flag of Cameroon.svg Camerún 15 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 11.000 espectadores
Árbitro: Franz Wöhrer (Austria)
Informe
 


Polonia Flag of Poland.svg 0 – 0 Flag of Cameroon.svg Camerún 19 de xuño de 1982, 19:15 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 19.000 espectadores
Árbitro: Alexis Ponnet (Bélxica)
Informe
 


Polonia Flag of Poland.svg 5 – 1 Flag of Peru.svg Perú 22 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 25.000 espectadores
Árbitro: Mario Rubio Vázquez (México)
Smolarek Anotado no 55º minuto 55'
Lato Anotado no 58º minuto 58'
Boniek Anotado no 61º minuto 61'
Buncol Anotado no 68º minuto 68'
Ciolek Soccerball.svg 76'
Informe La Rosa Anotado no 83º minuto 83'
 

Partidos da selección galega[editar | editar a fonte]

Galicia Flag of Galicia.svg 1 – 1 Flag of Ecuador.svg Ecuador 28 de decembro de 2006 – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 20.000 espectadores
Árbitro: Bernardino González Vázquez
Pereira Anotado no 68º minuto 68' Informe Calle Anotado no 63º minuto 63'
 


Galicia Flag of Galicia.svg 3 – 2 Flag of Iran.svg Irán 27 de decembro de 2008, 20:45 (CET) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 12.000 espectadores
Árbitro: Ignacio Iglesias Villanueva
Novo Anotado no 23º minuto 23' Anotado no 59º minuto 59'
Losada Anotado no 66º minuto 66'
Informe Borhani Anotado no 32º minuto 32'
Khalatbari Anotado no 82º minuto 82'
 

Partidos da selección española[editar | editar a fonte]

España Flag of Spain.svg 4 – 2 Flag of Portugal.svg Portugal 6 de maio de 1945 – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: Sen datos sobre espectadores
Árbitro:
Zarra Anotado no 37º minuto 37' Anotado no 40º minuto 40'
Herrerita Anotado no 74º minuto 74'
César Anotado no 81º minuto 81' (pen.)
Peyroteo Anotado no 10º minuto 10' Anotado no 88º minuto 88'
 


España Flag of Spain.svg 5 – 0 Flag of Belgium.svg Bélxica 5 de setembro de 2009, 22:00 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 33.000 espectadores
Árbitro: Bertrand Layec (Francia)
Silva Anotado no 41º minuto 41' Anotado no 68º minuto 68'
Villa Anotado no 49º minuto 49' Anotado no 85º minuto 85'
Piqué Anotado no 50º minuto 50'
Informe
 

Afluencia[editar | editar a fonte]

O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de grande afluencia ao estadio de Riazor. A primeira delas, entre os anos 1992–93 e 1996–97, onde a media de entrada se situaba en 25 000 espectadores,[4] para un estadio con capacidade para 29 000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35 000 espectadores, o número de socios e de afluencia situábase en torno os 30 000 espectadores,[5] entre as tempadas 2000–01 e 2003–04. Na actualidade,[cando?] o número de socios e a asistencia supera lixeiramente a media entrada.[6] Na tempada 2009–10, a asistencia media foi de 21 240 espectadores.[7]

Proxecto do novo estadio[editar | editar a fonte]

En 2003 o presidente Augusto César Lendoiro presentou unha maqueta dun novo estadio de Riazor[8] deseñado polo prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio máis bonito do mundo, de cinco estrelas e que tería unha capacidade de 36 000 espectadores. O proxecto prevía a súa construción enriba do actual estadio, porén as non demasiado boas relacións entre o club e o Concello, así como o alto custo económico fixeron que o proxecto fose deixado de lado.

Anos máis tarde, en 2008, a raíz da candidatura conxunta das federacións española e portuguesa de fútbol para se converteren en sede oficial do mundial de fútbol de 2018, as reivindicacións para a construción dun novo estadio na Coruña víronse avivadas. O Deportivo e o Concello presentaron toda a documentación necesaria para postularen A Coruña como unha das sedes do campionato (de feito foi a primeira cidade en facelo) e amosaron o apoio non só do propio Concello senón tamén doutras institucións como a Deputación provincial e a Xunta de Galicia. Esta candidatura levaba consigo o problema de que Riazor non cumpre os requisitos (por exemplo ter unha capacidade superior aos 40 000 espectadores), o que compromete as institucións a realizaren ben unha remodelación do estadio actual, ou ben a construír un novo estadio,[9][10] tal e como levaba reivindicando Lendoiro nos últimos anos.

O 18 de marzo de 2010, desde o Concello da Coruña presentábase o proxecto de reforma, no suposto de que a cidade fose elixida como sede para o Mundial de fútbol de 2018 ou 2022. O novo estadio tería unha capacidade de 45 000 espectadores e remodelaríase a zona próxima, incluíndo o soterramento das rúas próximas, para crear así unha nova área de lecer na cidade. O custo do proxecto estímase en 170 millóns de euros e o prazo de execución sería dun ano.[11]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]