Domingo García-Sabell
Domingo García-Sabell | |
---|---|
Nome completo | Domingo García-Sabell Rivas |
Nacemento | 9 de outubro de 1909 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 5 de agosto de 2003 |
A Coruña | |
Soterrado | cemiterio de Boisaca |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político, tradutor e médico |
Premios | doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo dun procurador de tribunais. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Alí foi membro da Federación Universitaria Escolar (FUE), onde coincidiu con Rafael Dieste, Carlos Maside, Ánxel Fole e Luís Seoane. Como intelectual e médico fixo amizade con xente como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Roberto Nóvoa, Miguel de Unamuno, Ramón María del Valle-Inclán ou Gonzalo Torrente Ballester e Ramón Otero Pedrayo, de quen foi médico.
En 1936 afiliouse ó Partido Galeguista, razón pola que ó comezar a Guerra civil española foi internado un tempo no campo de concentración da Lavacolla. Ó acabar a guerra foi depurado, e tivo que dedicarse á medicina privada. Contactou co galeguismo cultural, e en 1950 converteuse en director da Editorial Galaxia xunto a Ramón Piñeiro. Foi elixido membro da Real Academia Galega a proposta de Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco e Leandro Carré Alvarellos. Leu o seu discurso de entrada o 20 de xuño de 1959, co título Análisis eisistencial do home galego enfermo, con resposta do propio Otero Pedrayo. Presidiu a Real Academia Galega entre 1979 e 1997[1]. Traduciu ó galego a Martin Heidegger e mais a James Joyce.
Nas Eleccións xerais de España de 1977 foi elixido senador por designación real. Amais foi Delegado do Goberno en Galiza de 1981 a 1996 (presentou a súa dimisión dous días antes de converterse José María Aznar en presidente do goberno).
Está enterrado no cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela.[2]. Teresa García-Sabell Tormo, a súa filla máis vella, foi a primeira esposa de Xosé Manuel Beiras.
Obras[editar | editar a fonte]

- Luis Seoane (Vigo, 1954).
- Ensaios I (1963), Editorial Galaxia.[3]
- Luis Seoane. Grabados (1965), Editorial Galaxia.[4]
- Notas para una antropología del hombre gallego (1966).
- Tres síntomas de Europa: Joyce, Van Gogh y Sartre (Revista de Occidente, 1968).
- A pintura como comunicación (1971).
- Ensaios II (1976), Editorial Galaxia.[5]
- Testimonio personal (Madrid, 1971).
- Roberto Nóvoa Santos (1981).
- Carta ao pintor Luis Seoane (Sada, 1983).
- A Coruña: onde nace a luz (Vigo, 1989).
- Análise existencial do home galego enfermo e outros ensaios (Vigo, 1991).
- Cen relembros (A Coruña, 1993).
- Libro dos comentos (1996).
- Os gromos do pensamento (1996).
- Tempo de lecer (Vigo, 1998).
- Paseata arredor da morte (1999).

Colectivas[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Traducións[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Vitalicio da Fundación Barrié, 1996.
- Premio das Artes e das Letras de Galicia, 1998.
- Premio Fernández Latorre de Xornalismo.
- Gran Cruz da orde do mérito civil.
- Gran Cruz do mérito militar.
- En 1997 foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Domingo García-Sabell Rivas na páxina da RAG
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (6/8/2003). "Domingo García-Sabell, médico, escritor, político y humanista". El País (en castelán).
- ↑ Inclúe os ensaios "Análise existencial do home galego enfermo", "James Joyce e a loita pola comunicación total", "Notas sobre a fame galega" e "Van Gogh e a dimensión antropolóxica da Pintura Contemporánea".
- ↑ Luis Seoane. Grabados en Google Books.
- ↑ "As facianas do erotismo contemporáneo", "Pintura e conocimiento", "A realidade humana de Rosalía" e "Castelao, ou Galiza ao axexo".
- ↑ "Universidade da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo García-Sabell ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Agís Villaverde, Marcelino "Domingo García-Sabell Rivas" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 149.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 177. ISBN 84-7492-465-0.
- Piñeiro, Ramón et al. (2005). "García-Sabell Rivas, Domingo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009). Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 258–259. ISBN 84-8288-019-5.
- ———, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 167–169. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Domingo García Sabell" Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán).
- "Domingo García-Sabell Rivas" Colegio Libre de Eméritos (en castelán).
- Obras de García-Sabell, Domingo, 1909-2003 (2) Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
Predecesor: cargo de nova creación |
Delegación do Goberno en Galicia 1981-1996 |
Sucesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Predecesor: Sebastián Martínez-Risco |
Presidente da RAG 1987-1997 |
Sucesor: Francisco Fernández del Riego |
- Nados en 1909
- Finados en 2003
- Nados en Santiago de Compostela
- Presidentes da Real Academia Galega
- Membros de número da Real Academia Galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Médicos de Galicia
- Delegados do goberno en Galicia
- Senadores de Galicia por designación real
- Tradutores de Galicia
- Tradutores do inglés
- Tradutores ao galego
- Doutores honoris causa pola Universidade da Coruña
- Enciclopedistas de Galicia
- Editorial Galaxia