Abegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′39″N 08°17′18″O / 43.22750, -8.28833

Abegondo
Escudo de Abegondo
Cruceiro. San Martiño do Orto, Abegondo.jpg
Cruceiro en San Martiño de Orto.
Situacion Abegondo.PNG
Situación
Xentilicio[1] abegondés/abegondesa
abegondense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca da Coruña
Poboación 5.533 hab. (2016)
Área 83,9 km²
Densidade 65,95 hab./km²
Entidades de poboación 19 parroquias e 254 lugares
Capital do concello San Marco
Política (2015)
Alcalde José Antonio Santiso Miramontes
Concelleiros
PPdeG: 8

Outros: AxA 4; SON 1
Eleccións municipais en Abegondo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 57,34%
Na rede
http://abegondo.gal/

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2016 tiña unha poboación de 5533 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A súa superficie é de 83,9 km². Sitúase a 23 km ao sueste da capital provincial. Conta con 19 parroquias e limita cos concellos de Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes, Carral e Cambre. A capital é San Marco.

Orografía[editar | editar a fonte]

A altitude media sitúase nos 198 m[4], pero o punto máis elevado atópase no Castro Maior con 477 m.[5] Forma parte dunha comarca natural, formada por Culleredo, Cambre e Abegondo, chamada a Mariñas dos Frades.[6]

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Abegondo delimítano os ríos Mero e o Barcés, e o Gobia descorre polo seu interior.[7] En Abegondo está o encoro de Cecebre, que abastece de auga potable á cidade da Coruña; e o encoro de Beche, en Folgoso. O encoro de Cecebre fórmao o río Mero e ocupa unhas 275 ha., parte abranguendo os concellos de Betanzos, Cambre e Carral. Construíuse no val conformado pola confluencia do Barcés e o Mero, val de relevo suave.[7]

Clima[editar | editar a fonte]

Recóllense 1169 mm./ano de precipitacións, e a temperatura media é de 12,3 °C.

Demografía[editar | editar a fonte]

No 2016 a poboación do concello era de 5533 habitantes, dos cales 2735 eran homes e 2798 mulleres. A densidade da poboación no territorio en 2016 foi de 65,9 persoas/km2. En 2004 houbo 3.314 parcelas edificadas, que case na súa totalidade se empregan como vivendas residenciais. Do total de edificacións, 1168 foron construídas antes de 1950, 1662 construíronse entre 1950 e o 2000, e 598 desde o ano 2000.[8]

Evolución da poboación de Abegondo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
7376 7604 7776 8238 8890 8202 7335 6302 5912 5448 5467 5451
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 5585 habitantes
Menores de 15 anos 642 (11,49 %)
Entre 15 e 64 anos 3347 (59,93 %)
Maiores de 65 anos 1596 (28,58 %)

Historia[editar | editar a fonte]

Do calcolítico ao imperio romano[editar | editar a fonte]

O número de xacementos arqueolóxicos mostran que o municipio, como o resto da comarca, estivo densamente poboado desde o calcolítico á idade de Bronce, xa que se conservan castros en todo o territorio.[7][9] Destacan algúns como o castro Maior, ou Coto da Cerca, e os túmulos preto deles en Vizoño.

Xacementos como o castro de Abegondo mostran un "desbordamento" na construción fóra do castro. Iso reflicte o proceso de residir fóra do recinto amurallado que se deu no período de transición do século I a.c. ao século III d.c. O resultado foron asentamentos abertos galaico-romanos.[10]

O itinerario romano chamado Vía XX per loca marítima foi unha das vías que conectou Bracara Augusta con Astorga antes do século III. Esta vía pasou polo actual territorio de Vizoño.[11][12] Unha mansión na ruta "per loca marítima" chamada ATRICONDO, preto de Castromaior en Vizoño, foi un punto nas vías romanas e un punto termal de parada.[13]

Na época prerromana puido haber minería de ouro nas augas do Barcés desde a Aquelabanda ata Abegondo.[14][15]

Do medievo á idade moderna[editar | editar a fonte]

As primeiras referencias escritas ás igrexas cristiás que se crearon a partir das parroquias suevas do concello son do século IX. O "documento de Tructino" do 880, con Afonso II ao poder, fai referencia a dúas das igrexas de Abegondo: "sca. eulaliain auigondo cum sua villa et scm. tirsum in auegondo" (Santaia de Abegondo e San Tirso de Mabegondo) e cítanse como dentro do mesmo commisso ou comitatus (un "condado") de Némitos (ou Nendos), que foi o similar á comarca das Mariñas do século IX. Unha carta de doazón de Sobrado de 887, a "karta donationis quam fecit Sisnandus (sponse sue) domne Eldontie de uillis et de hominibus et de habere", cita "[...] iste sunt: in Nemitos, [...], Heletes cognomento Limenioni, Crendes, [...]”, mencionando ás igrexas de Limiñón ("o lugar de Heletes propiedade de Lemen") e Crendes. Escritos dos séculos X ao XI citan a outras vilas de Abegondo e ás súas igrexas. Escritos do mosteiro de Cis citan "[...] per archam inter Carraes et Cularagondo [....] per petram qui dividit inter Presidiu, et Iohancium et Iohancium et Villar, [...] per ipsam aquam usque ad Merum et inde per Merum usque ad Liminum [...]” mencionando a Cullergondo, o Vilar de Meangos e o paso do Mero por Limiñón. Documentos de Celanova de 934 mencionan "[...] in Nemitos Mavegondo", a Mabegondo; e noutro documento de Sobrado de 959 citan a Meangos "[...] in territorio Nemitos, uilla Melangus cum [...]". Un escrito de Santiago de 1020 cita a dúas igrexas nos lugares de Orto de San Román e Seixurra dicindo "[...] ad illos saxeos qui stant in ripa Mero inter Sanctum Romanum et Sexurriam et [...]". En 1044 cítase a Xuanzo dicindo "a villa que uocitant Iohanzu, territorio Nemitos, secus fluuium Mero [...]".[16][17] Así é que no século XIII a meirande parte das igrexas parroquiais actuais estarían construídas e vertebrando a poboación desta área da comarca.[17] As confrarías relixiosas, establecidas para representar ás 26 freguesías desta zona de Nendos pasou de ser 1 soa en 1594 a 18 en 1630-1650, unha menos que no século XXI.[18]

En 1528 con Carlos I a "xurisdición real de Betanzos", que previamente estivo unida á da cidade da Coruña, posuía "partidos" que hoxe se corresponden case por completo ás actuais parroquias da parte leste do actual concello. Nese período, con Carlos V, entre a nobreza de Betanzos estaba entre os "rexedores do concello" Fernán Reimóndez de Figueroa, da casa e torre de Figueroa e que tiña moitas propiedades en Figueroa, Crendes, Folgoso, Meangos, Limión, Sarandóns, entre outros lugares.[19]

Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana da casa dos Figueroa, e gobernador xeral de Tucumán e cabaleiro da armada de Santiago, recibiu o título de marqués de Figueroa no ano 1675 da man de Carlos III.[20] Así, esta familia da parroquia homónima recibiu o recoñecemento da realeza pola participación na Guerra de Francia e no Perú en 1639. Os seus antecesores tiveran unha historia ligada a Figueroa e o pazo, así como a cidade de Betanzos e á orde de Santiago. O seu pai, Ares Pardo de Figueroa, fora señor da torre de Figueroa e da casa de Pardo de Cela, así como capitán da garda do vicerrei de Nápoles, gobernador de armas na Coruña e capitán xeral do Reino de Galicia.[21][22][23][24] Na literatura a liñaxe dos Figueroa cítase na lenda do tributo das cen doncelas e colócaos na loita cos mouros na Torre de Peito Bordel. A lenda cita como os cabaleiros de Figueroa rescatan ás cen doncelas empregando pólas de figueiras con cinco follas.[20]

Os Quiroga foron señores do couto e xurisdición de Santirso de Mabegondo, Crendes e Santa María e San Vicente de Vigo, entre outras. Diego de Quiroga e Reimóndez foi quen o construíu no século XVII o Pazo de Quiroga en Mabegondo.[25][26]

Dúas das variantes do camiño de Santiago teñen o seu paso polo concello: desde a Coruña pasando por Sarandós e desde Ferrol pasando de Limiñón a Viós. Este camiño seguiría os "camiños reais" que comunicaron as dúas cidades con Compostela desde o medievo.[27]

Idade moderna e contemporánea[editar | editar a fonte]

Na primeira división territorial de Galiza en provincias as parroquias do concello pertenceron a varias. Máis da metade estiveron dentro da provincia de Betanzos, como foron Presedo, Cullergondo, Figueroa, Mabegondo ou Crendes. Outras como Sarandós, Montouto ou Folgoso, estiveron sempre dentro da provincia de Santiago.[28]

O Concello de Abegondo constituíse como tal en 1836, formado dende entón coa actual agrupación territorial de parroquias en cada "partido" trala aprobación do decreto estatal de división territorial de 1835 para a Deputación Provincial da Coruña.[29]

Durante a ditadura franquista Abegondo foi un dos puntos loxísticos e de actuación das guerrillas contra a ditadura que actuaban entre a Coruña, Ordes e Betanzos. Nos días de 19 e 20 de xullo de 1936 a veciñanza, iniciando a resistencia, requisaron armas en lugares como a Torre de Figueroa.[30] Logo nese ano os franquistas actuaron contra deles, en lugares como Presedo, Limiñón e Viós ao consideralas puntos de resistencia ou ter sido puntos de acollida desa "guerrilla". En outubro de 1936 hai constancia dun xornaleiro da CNT "paseado" e asasinado.[31] Os guerrilleiros no concello desde 1944 actuaron en apoio ou con accións contra a ditadura.[32] En 1947 guerrilleiros que apoiaban ao grupo de resistencia “Enrique Líster" asasinaron ao párroco de Viós, por ser este un firme defensor do franquismo. Poucos días despois, en 1947 guerrilleiros do grupo "Santiago Álvarez" atentaron contra a garda civil nun salón de bailes propiedade dun anterior alcalde do concello e asasinaron a dous gardas, escapando despois ao monte da Groba que hai preto.[33][34] Na noite do 21 de xullo de 1948 a casa consistorial ardeu, quedando queimando o edificio e os seus arquivos ao completo. Só horas previas ao incendio, un guerrilleiros asaltaron unha casa atrás da igrexa de Beldoña e pedíronlles a cea. Os donos conseguiron avisar a garda civil e ao chegar á casa comezaron a confrontación cos guerrilleiros. Estes conseguen escapar polo Castro en Mabegondo e ao pouco arde a casa consistorial, co que puido ser provocado polos guerrilleiros.[33]

O abastecemento de auga da cidade da Coruña na década de 1960 estaba suplido polas presas da Telva e de Cañás. En 1967 considerouse a construción dun encoro para duplicar o subministro a cidade co que se comezou a planificar a súa construción no Mero. O plano aprobouse en 1972 e construíuse entre o 1974-1976 dirixido polo enxeñeiro Luciano Yordi. A presa construíuse en Cecebre e anegou os vales do Mero e o Barcés en Orto e Crendes.[35][36][37][38]

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

Abegondo é un topónimo de orixe xermánica[39]. O topónimo está composto por abe- 'auga' e -gondo 'terra'[20][40] (outros autores indican que se compón de ave- e -gondo[41]). Amais da propia parroquia de Abegondo, que dá nome ao concello, tamén as de Cullergondo e Mabegondo teñen esa mesma orixe xermánica con remate en -gondo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Martiño do Orto.

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

Os xacementos do concello son de épocas que van desde o calcolítico, neolítico, idade de bronce ata o período romano e medieval. Os xacementos identificados no concello son:[9][7]

Nome Parroquia Lugar Tipo Idade
Castro de Abegondo Abegondo Castro Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Cova dos Mouros/Covas de Bea Abegondo San Marco Explotación mineira Romana
Castro de Brea Abegondo Brea Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Castro de Cerneda Cerneda Garabatos Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Castro de Cos Cos O Barral de Abaixo Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Túmulo de Vilar Crendes Vilar Asentamento fortificado Neolítico-Idade de Bronce
Castro de Vilar Crendes Vilar Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Castro de Areosa Cullergondo Areosa Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Os Ullos Folgoso San Bartolomé Restos de cerámica e un lítico Idade de Bronce - ferro e Romana
Túmulo 3 de San Bartolomé Folgoso San Bartolomé Mámoa Neolítico - Idade de Bronce
Túmulo 5 do Monte de San Bartolomé Folgoso San Bartolomé Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Casarío de San Bartolomé Folgoso San Bartolomé Restos dun casarío e cerámica Do calcolítico, idade de Bronce e do medievo
Castro de Leiro Leiro O Loureiro Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Túmulo 1 e 2 da Granxa de Abegondo Limiñón Gobia Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Mabegondo ou Castro de Santiso Mabegondo O Castro Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Túmulo de Truz Mabegondo A Covela (no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Meangos Meangos A Igrexa Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
A Medorra Meangos Axilda Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Figueroa ou Chan do Castro Figueroa/Montouto Figueroa Pequeno/Santín Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Castro de Orto Orto Orto de Arriba Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Castro de Presedo ou Agra dos Castros Presedo Brandián Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Castro de Bordelle ou Monte do Castro Sarandós Bordelle Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Monte Lourido ou Covas dos Mouros Sarandós Aquelabanda Asentamento fortificado e minaría Idade de ferro - Romana
Túmulo do 1 ao 12 do Abelar Vizoño A Malata Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Túmulo da Brea Vizoño A Ribela Enterramento tumular Neolítico -Idade de Bronce
Túmulo do Coruxeo Vizoño Adrán Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Castro Maior ou Coto da Cerca Vizoño A Torreira Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Túmulo 1 de Carpeáns Vizoño Travesa Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Túmulo 2 de Carpeáns Vizoño A Braña Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Castro de Vizoño Vizoño Castro Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Achado de Vorducedo Pequeno Vizoño A Igrexa Industria lítica Neolítico (III milenio)
Túmulo de Vorducedo Pequeno Vizoño A Igrexa Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Castro Grande de Alcaiana Vizoño Vorducedo e a Malata Asentamento fortificado Idade de ferro - Romana
Túmulo do Campo Vizoño A Malata Enterramento tumular Neolítico - Idade de Bronce
Calzada Alcaiana Vizoño Vorducedo Pequeño Calzada da Vía XX Romana

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

O patrimonio arquitectónico civil do concello a destacar é:

  • Torres de Bordel. Este pazo tardiomedieval é do século XV e está en Bordel. Conta cunha construción, unha torre arruinada, que dataría do século XII. O resto fórmano dúas torres unidas por un corpo central. É de estilo gótico e nel aprécianse reformas e ampliacións dos dous séculos seguintes. Atrás das torres hai un amplo xardín. Os muros de cantería e cachotaría de granito locen un escudo cadrado na fachada principal, en referencia a liñaxe dos Figueroa e Andrade. O cen doncelas fai referencia a este pazo citando que as doncelas foran encerradas nel para seren enviadas ao Califato de Córdoba. Segundo a lenda, nas inmediacións deste pazo teríanse acontecido a batalla dos irmáns Figueroa para salvar ás súas irmás e demais doncelas.[43][7]
  • Torre da Cerca. Este pazo está na Cerca, Cullergondo, e fórmano tres naves en "U", deixando un patio central, e unha capela. O seu escudo na fachada loce as armas dos Gaioso, Puga e Moscoso.[7] Esta torre amparouna unha lei de 1949[42] e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
  • Torre e pazo de Figueroa. Esta edificación militar pertence á familia nobre do Marquesado de Figueroa e atópase na Praza, en Figueroa. Conta cunha torre central e un pazo e capela anexos. A torre construíuse no século XII e foi reformada no XVII; segundo un gravado no 1621 grazas ao cabaleiro Ares Pardo de Figueroa, da orde de Santiago. O seu pazo anexo foi construído no século XV. O escudo que loce a torre é de cinco follas de figueira e nos muros aparecen as armas dos Gaioso, os Puga, os Freixomil e os Moscosos e inscricións mencionando os Figueroa. O cen doncelas versa que en 791 os antecesores dos Figueroa foron protagonistas do asalto á torre de Bordel para liberar a cen doncelas, entre as cales estaban as súas irmás. O uso de polas de figueira para liberar as doncelas dos mouros sería a orixe do símbolo familiar.[43][7] Esta torre amparouna unha lei de 1949[42] e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
  • Castelo de Porcas. Esta fortificación do medievo está derruída e sitúase entre as Covas e Guilliade en Limiñón. Quedan restos de 20 metros de altura deste forte cun foxo de ata 8 metros ao seu arredor.[7] Este castelo amparouno unha lei de 1949[42] e declarouse como ben de interese cultural en 1985 e 1995.
  • Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso. Este pazo atópase na Torre en Mabegondo. É un pazo de planta cadrada e de dous andares, cun patio interior, con dúas torres laterais contra a fachada de tres andares. As torres están telladas a catro augas e o resto do pazo a dúas. Posúe unha unha fachada barroca con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio. Loce escudos de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza nas dúas torres. Foi construído por Diego de Quiroga e Reimóndez, Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantería, no século XVII.[7]
  • Casa de Suárez. Este pazo plateresco e do século XVI e atópase na Igrexa, en Cos. A súa porta ten un arco con bóvedas grandes e sobre del ten o escudo da fidalguía dos Figueroa.[7]
  • Pazo de Crendes. Esta casa barroca construíuse no século XVIII en Tras da Igrexa, Crendes. A súa fachada é ben alongada co que está dividida en dúas partes, e conta con escaleiras de acceso por unha delas. Foi doado á congregación das irmás de Cristo Rei para unha fundación benéfico-docente.[7]
  • Pazo de Pastoriza ou Pazo dos Pardo de Andrade. Atópase na Pastoriza, Mabegondo, preto do pazo dos Quiroga. É un pazo rectangular que se construíu no século XVIII, e que é de tella a catro augas e que ten unha capela anexa comunicada por un pasadizo pétreo. Destaca pola súa grande chaminea e a porta de fundición que pecha o seu terreo.[7]
  • Pazo de Macenda. Este pazo barroco sitúase na Torre, Crendes, e emprégase como residencial. É un pazo de tres corpos a distintas alturas, o central máis elevado e coa entrada principal. A cuberta do pazo é de tella árabe de a catro augas. Ao entrar no pazo, que está rodeado totalmente de muralla, atópanse as casas de servizo e unha capela. A capela é sinxela e atópase preto do portón da propiedade. O xardín rodea ao pazo e ten árbores froiteiras e plataneiras. O escudo do pazo é do século XVIII e loce símbolos dos Ribadeneyra, Enríquez, Mosquera e Novoa.[7]
  • Pazo da Chan ou Casa Grande. Este pazo ou casarío é de labranza e está na Chan, en Vilacova. A planta deste casarío forma unha "L". O seu terreo ten un muro de cantería e cachotaría rodeándoa. Contou con dous escudos. Un deles esa agora no Pazo de Sigrás e loce as figuras dos Ares de Barreira, Luaces, os Parga e os Montenegro.[44][7]
  • Ponte de Beldoña. Esta ponte cruza o río Mero a altura de Beldoña, Mabegondo. Por ela pasou o antigo Camiño Real de peregrinación, que unía Betanzos con Compostela, e arestora pasa a variante ferrolá do camiño de Santiago. É dun estilo semellante ao romano e súa orixe é do século II, mais ten trazas da arquitectura dos séculos III e IV. Restaurouse no século XIV.[7]
  • Pazo de Barral ou Casa de Filipe II. Esta casa do século XVI atópase na Calle en Sarandós e nela descansou uns días o rei Filipe II en 1554. Viña á Coruña para embarcarse cara a Inglaterra cando ía celebrar os esponsais con María Tudor. Esta casa conserva dous escudos pétreos na súa fachada. Un é o da familia de Fernando González de Barral e Soutomaior e Catarina Sánchez de Boado e o outro é un escudo da realeza de Castela e o cálice do Reino de Galicia, e que se puxo como recordatorio do paso de Filipe II.[7]
  • Convento de Sarandós. Esta construción clerical data do século XIX e está na Calle, Sarandós. É rectangular de dúas alturas e con balcóns de ferro forxado na súa fachada. Coñecese como "o convento" pois antes nese lugar houbera un servizo de hospital levado a cabo pola orde relixiosa. Gómez de Barral, rexedor de Santiago de Compostela no ano 1547, puido ter establecido nese lugar de Sarandós un priorado, e sábese que estivo presente no século XVIII. Entre 1821 e 1836 coa desamortización de Mendizábal o lugar tería pasado das mans do clero a particulares e volto ao clero. A construción do actual edificio levaríase a cabo coa volta da propiedade ao clero.[45]

O patrimonio medieval e moderno civil rexistrado no concello é:[9][7]

Nome Parroquia Lugar Tipo Idade
Castelo Abegondo Torrente Asentamento fortificado Medievo
Castelo ou Castro Meangos Souto Asentamento fortificado Medievo
Castelo de Porcas Limiñón As Covas-Guilliade Castelo Medievo
Ponte de Beldoña Mabegondo Beldoña Vía Medievo
Castelo de Beldoña Mabegondo Beldoña Castelo Medievo
Pazo dos Quiroga ou Torre de Santirso Mabegondo A Igrexa Pazo Século XVII
Pazo de Pastoriza ou dos Pardo de Andrade Mabegondo O Souto do Val Casarío Século XVIII
A Torre Leiro Torre Asentamento fortificado derruído Medievo
Torre e pazo de Figueroa Figueroa A Torre Torre e pazo Medievo-Moderno
Cruz da Beira ou Monte dos Matos Sarandós Cruz de Beira Asentamento fortificado Medievo
Torre de Peito Bordel Sarandós Bordel Torre e pazo Tardomedieval-Moderno
Pazo de Barral ou Casa de Filipe II Sarandós Sarandós Casarío Século XVI
Torre ou Redondo Vilacova Currás Asentamento fortificado Medievo
Torre de Cerca Cullergondo A Cerca Asentamento fortificado Medievo
Minas de Tintín Vizoño Castromaior Explotación mineira Sen determinar
Pazo de Folgoso ou de Borreiros Abegondo Borreiros Casarío Sen determinar
Casa de Suárez Cos A Igrexa Casarío Século XVI
Pazo de Macenda Abegondo A Torre de Macenda/Macenda Pazo Moderno
Pazo na Aldea de Abaixo de Folgoso Folgoso Aldea de Abaixo Pazo Século XVII
Pazo de Orto Orto Orto de Arriba Pazo Século XVIII
Pazo e capela da Chán en Vilacoba Vilacova A Chan Pazo Moderno

Patrimonio relixioso[editar | editar a fonte]

As igrexas, ermidas, capelas e conventos do concello son:[9][7][47]

Nome Parroquia Lugar Estado
Santaia de Abegondo Abegondo O Adro Conservada
San Xián de Cabanas Cabanas O Igrexario Conservada
San Salvador de Cerneda Cerneda A Calva Conservada
Santo Estevo de Cos Cos A Igrexa Conservada
San Pedro de Crendes Crendes Tras da Igrexa Conservada
Santa María de Cullergondo Cullergondo A Cerca Conservada
San Miguel de Figueroa Figueroa A Igrexa Conservada
Santa Dorotea de Folgoso Folgoso Cancela-A Igrexa Conservada
Santaia de Leiro Leiro A Igrexa Conservada
San Salvador de Limiñón Limiñón O Souto Conservada
San Tirso de Mabegondo Mabegondo A Igrexa Conservada
Santiago de Meangos Meangos O Castro Conservada
Santa Cristina de Montouto Montouto Campo do Monte Conservada
San Martiño de Orto Orto Orto Conservada
Santa María de Presedo Presedo Campo da Nosa Señora da Saleta Conservada
Santa María de Sarandós Sarandós Fontán Conservada
Santuario de San Paio de Vilacova Vilacova San Paio Conservada
San Salvador de Viós Viós Pousada Conservada
San Pedro de Vizoño Vizoño A Fraga Conservada
Ermida da Quinta Angustia Vizoño Fondo da Aldea Conservada
Casa reitoral de Santaia de Abegondo Abegondo O Adro Conservada
Casa reitoral de San Xián de Cabanas Cabanas O Igrexario Conservada
Casa reitoral de Crendes Crendes Tras da Igrexa Conservada
Casa reitoral de Santa María de Cullergondo Cullergondo A Cerca Conservada
Casa reitoral de Santa María de Sarandós Sarandós O Rueiro Conservada
Casa reitoral de San Pedro de Vizoño Vizoño Os Currás Conservada
Capela de San Marco Abegondo San Marco Conservada
Ermida de Santo Antonio Mabegondo O Cruceiro Conservada
Ermida de Santo Antonio de Beldoña Mabegondo Beldoña Conservada
Capela de San Xoan Sarandós A Calle-Aquelanda Conservada
Capela Nosa Señora de Cancelada Abegondo Cancelada Abandonada[47]
Capela de San Xoán Cullergondo A Cerca Conservada
Capela de Santo André Crendes O Vilar Abandonada[47]
Capela de San Amaro Figueroa San Amaro Abandonada[47]
Capela de San Salvador Limiñón O Igrexario Abandonada[47]
Capela de Santo André Meangos O Couto Abandonada[47]
Capela da Virxe da Madalena Meangos O Souto Abandonada[47]
Capela de San Bertolameu Montouto San Bertolameu Abandonada[47]
Capela de Santa Ana Orto Orto de Arriba Abandonada[47]
Capela da Nosa Señora de Guadalupe Orto Guexe Abandonada[47]
Capela de San Martiño de Orto Orto Agra da Igrexa Abandonada[47]
Capela de San Román Orto San Román Abandonada[47]
Capela de Santa Catarina Sarandós Ponte de Sarandós Abandonada[47]
Capela de San Pedro Sarandós Bordelle Abandonada[47]
Capela da Concepción Vilacova A Chan Conservada

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos[editar | editar a fonte]

Escolas[editar | editar a fonte]

No concello hai os seguintes centros educativos:

  • Escola infantil Pasiños: escola preescolar para idades entre 0 e 3 anos e que se atopa na Ferrería, Mabegondo.[48][49]
  • CEIP San Marcos: escola de educación infantil e primaria que se atopa na Agra de Abegondo.[50]
  • IES de Viós: escola de educación secundaria que se atopa na Poceira, Viós.

Centros sociais, bibliotecas e museos[editar | editar a fonte]

  • Aula da Natureza de Crendes. Este centro de formación e educación ambiental está no Vilar, en Crendes. Conta cunha biblioteca e aula informática. Ten un mirador de aves do encoro e desde ela organízanse roteiros polo LIC do encoro de Abegondo-Cecebre.[51]
  • Sala multiusos de Mabegondo.[52]
  • Outros centros sociais parroquiais distribuídos polo concello, case todos construídos reformando antigas escolas. Os centros que están en uso están no Adro en Abegondo, en Bordel[53], en Folgoso,[54] en Figueroa na antiga Escola do Neno Xesús[55][56], en Limiñón,[57] en Presedo, na Aquelabanda en Sarandós, en Meangos, en Xuanzo e en Vizoño.[58][59], e en Cabanas, Cos, Leiro, Orto e Crendes.[7]
  • Bibliotecas municipais na casa do Concello de Abegondo e nos centros sociais de Crendes e Limiñón.
  • Casa das Abellas. Centro privado de divulgación da apicultura no Francés, Meangos.[60]

Investigación e innovación[editar | editar a fonte]

Centro de Investigacións agrarias de Mabegondo[editar | editar a fonte]

A Granxa Agrícola Experimental en Galicia creouse en 1888 en Monelos, A Coruña. Coa construción da Avenida da Vedra na década de 1960 este centro de tívose que mudar primeiro a Guísamo e logo faríao nos anos 1970 a Mabegondo. Ese novo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) agora depende da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia. Conta con 310 ha. en Mabegondo nas que se traballa na investigación de agricultura e gandería: en mecanismos de fertilización, fitoxenética e conservación de variedades autóctonas ou sanidade animal.[61][62][63]

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e romarías[editar | editar a fonte]

  • Festas da Nosa Señora da Saleta en Presedo, o día 19 de setembro.
  • Festas da Nosa Señora dos Remedios en Sarandós, o 4º domingo de setembro.
  • Romaría das cereixas en Vilacova, o 1º domingo de xullo.
  • Celébrase unha feira en San Marcos de Abegondo o 2º domingo de cada mes e unha extraordinaria o día 25 de abril por ser San Marcos.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Escudo[editar | editar a fonte]

O escudo de Abegondo é de cor de ouro, e sobre ondas de azur e prata, unha cuña de figueira de cinco follas de sinople. O timbre é de coroa real pechada.[64]

O escudo do concello recolle a lenda da orixe da liñaxe dos Figueroa, que ten o seu pazo ou Torre de Figueroa na localidade homónima do concello. A pola de figueira do heraldo desta, coas cinco polas, recordan a esta liñaxe. As augas representan ao encoro de Cecebre.[64]

Espazos naturais[editar | editar a fonte]

Abegondo está dentro dunha reserva da bioesfera na súa totalidade e conta con 355,24 ha. protexidas dentro da rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000.[8]

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo[editar | editar a fonte]

A totalidade do concello de Abegondo está dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dentro desta está dentro da parte menos altitude da costa Ártabra, mais onde a densidade poboacional é menor e a economía agrogandeira segue o sector de maior peso relativo.[65][66]

Encoro de Cecebre e ribeiras do Mero e o Barcés[editar | editar a fonte]

O Encoro construíuse en 1976 no Mero, collendo ao seu maior afluente, o Barcés. A maior parte do encoro e boa parte destes dous ríos decorren por terras abegondesas. Desde 1999 foise catalogando e declarando como ZEPVN, LIC e ZEC ao encoro de Cecebre e as súas ribeiras. Nas terras abegondesas esta ZEC pasa por parte das parroquias de Orto, Crendes, Mabegondo, Figueroa, Limiñón e Cos. Inda que fóra da protección da ZEC, na cabeceira das ribeiras destes dous ríos destacan outros espazos naturais.[67][7]

A ZEC ampara no concello ao encoro e a 3,8 km do Mero e 4,9 km do Barcés. Ademais das augas do encoro en Orto e Crendes, no encoro destaca o espazo da fraga, un bosque de ribeira que está preto do Pazo de Orto.

Ao encoro de Cecebre chega o río Mero despois tras pasar polas parroquias de Crendes e Mabegondo (dentro da ZEC). Nesta ribeira hai hábitats formados por salgueirais e ameneiros mergullados, así como outros hidrófitos, e outros de especies ripícolas, como chopos (Populus nigra) e carballos (Quercus robur). O rego Fontenlo e o Fontao desembocan no Mero e parte deles están dentro da ZEC. O Fontenlo pasa por Crendes e Beldoña e desemboca nunhas chairas de brañas. O Fontao pasa por Limiñón e Cos e ten para un lado unha chaira costaneira e para o outro lado do val é amplo e máis chan. En Vilacova, e fóra do ZEC pero con interese de conservación, o Mero ten un val ancho con varcias, moitas adicadas a agricultura.

O tramo abegondés da ribeira do Barcés discorre polas parroquias de Mabegondo, Abegondo e Figueroa. Namentres en Mabegondo e boa parte do seu paso por Abegondo as ribeiras do Barcés son amplas e teñen un uso agropecuario; en Beade, Damil, Muradelos, e a Ribeira de Figueroa teñen bosques de ribeira densos e conservados. Alí, as chairas do río son máis amplas e teñen unhas abas cunha caída media, máis importante. A vexetación desta zona é ripícola. En Sarandós, entre a Aquelabanda e o Rueiro, os meandros do Barcés forman unha insua. Está rodeada dunha chaira con abas de pouca pendente e con bosques de ribeira e especies ripícolas.

Aqueles espazos naturais descritos antes e que non foron incluídos dentro da ZEC Encoro Abegondo-Cecebre do concello foron declarados como zonas de interese local (ENIL) en 2015. Danlle protección aos hábitats de ribeira dos ríos Mero, Barcés, Gobia e o encoro de Beche.[68]

Río Gobia[editar | editar a fonte]

O río Gobia está só dentro do concello de Abegondo e é un afluente do Mero. O seu tramo final, chegando ao Mero, e ao paso por Meangos, Mabegondo, Cos e Limiñón; é un espazo natural catalogado. A beira oeste do seu val úsase para a agricultura e a leste para como zona forestal. Entre as especies de árbores de ribeira que alí aparecen están os amieiros, os bidueiros e os salgueiros.[7]

O seu paso por Meangos en Quintán e Coedo, que é xa a cabeceira do Gobia, a ribeira ten unha aba acusada que ocupa pouco terreo, con carballos e castaños, e pastos e brañas de ribeira aproveitados para a agricultura. Cara a súa cabeceira, en Cabanas, as abas son pouco pendentes e as ribeiras amplas. Nesas brañas hai múltiples muíños.

Encoro de Beche e o rego de Roufrío[editar | editar a fonte]

O Encoro de Beche, en Folgoso, é un encoro construído para o abastecemento de auga do concello e é un espazo natural de interese local. O alto do rego de Roufrío, no Couto, está no desaugue do encoro e conserva vexetación ripícola e cun interese de conservación. A súa aba augas abaixo xa ten árbores introducidas, como piñeiros e eucaliptos. O Roufrío é un afluente do Mero. Este espazo natural é de 17 ha.[7]

Río Traveso no Abelar[editar | editar a fonte]

Parte das ribeiras do río Traveso no Abelar, Vizoño, son un espazo natural de 52 ha. de interese local. A súa vexetación máis o norte é típica de bosque atlántico e a súa zona sur de pradarías e brañas, que se empregan para a agrogandeiría.[7]

A carballeira da Chousa[editar | editar a fonte]

Na Chousa en Figueroa, entre A Praza e Figueroa Pequeno, está a Carballeira do Marqués. Esta é unha arborada de carballos e castaños de elevados portes entre na cabeceira do rego de Figueiroa, afluente do Barcés. Ocupa unha área de 56 mil metros cadrados.[7]

Ancoraxes na Lameira[editar | editar a fonte]

As escavacións na construción da AP-9 ao seu paso pola Lameira en Folgoso supuxo rebaixar un talude. O sistema de rebaixamento do terreo e ancoraxe que se aplicou para evitar o seu derrube foi recoñecido outorgándolle a ese lugar a mención de punto de interese xeolóxico. O perfil xeolóxico que se observa pertence ao dominio xeolóxico da zona centro-ibérica e a unidade xeotectónica da serie de Ordes, con perfís estratigráficos que van do cámbrico ao cuaternario. Esas formacións que presenta son da oroxénese hercínica do macizo Ibérico.[69]

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura, a gandería e o sector forestal son os sectores económicos de maior peso no concello. Así é que en 2009 só o 7,8% do solo do concello está edificado e o 24,3% se adica a uso agrícola e o 63,7% a cultivo forestal. Domina a cría de gando vacún, o 17% da produción, e porcino, que é o 80% da produción e que usan o 0,7% do terreo agrícola.[8] As industrias fóra do sector primario teñen menor peso no concello.

A proximidade a Betanzos e A Coruña permite que unha parte dos veciños se movan e traballen nesas cidades. Agás o 25,1% da poboación que non se despraza a diario, en 2011 o 61,3% da poboación empregou o vehículo para moverse, e só 0,12% vehículos públicos. A meirande parte dos desprazamentos son por motivos laborais e só 15,83% da poboación maior de 16 anos que traballa non precisa de se desprazar para o punto de traballo.[8]

No concello había en 2016 3314 parcelas edificadas e o seu valor catastral medio foi de 23.808 €. Considerando só as vivendas para uso residencial o sei valor chega aos 73.658€. En 2009 o porcentaxe de cotizacións sobre prestacións foi do 13.95 % e nos cinco últimos anos a renda bruta por fogar incrementárase nun 74,8 %. En 2013 as afiliacións á seguridade social supoñían o 53% da poboación.[8]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.
Adestramento do Deportivo da Coruña en Abegondo. 
As dezanove parroquias do concello. 
Casa do concello. 

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Lugares de Abegondo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lugares de Abegondo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Universidade de Vigo, eds. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  4. Consúltese a páxina do Sistema de Información Xeográfica de Datos Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
  5. Cartografía 1:5000 do Sistema de Información Territorial de Galicia, folla 45-85.
  6. Concello de Abegondo (eds.). "Turismo". Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 7,23 7,24 7,25 "Orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo (14 de setembro de 2012)". 14 de setembro de 2012. Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "Instituto Galego de Estatística". Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Alfredo Garrote Pazos e Juan Manuel Páramo Neira para o Concello de Abegondo (27/17/1996). Xunta de Galicia, ed. "Normas subsidiarias de planeamento. Aprobación o 27/17/1996 e anunciado no DOG do 22/01/1997. Derogado por sentencia do Tribunal Supremo Xeral de Galicia o 14/09/2000". Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  10. Sánchez-Pardo, José Carlos (15 de xullo de 2010). Zephyrvs, eds. "Castros y aldeas galaicorromanas: sobre la evolución y transformación del poblamiento indígena en la Galicia Romana" 65 (0): 129–148. ISSN 2386-3943. Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  11. Malde, Antón Fernández; Vilariño, José Francisco Castro; Buxán, Anxo López; Salido, Juana Molina; Vázquez, Elisa Amigo; Sarabía, Antía Baliño; Pinos, Francisco Parada; Mateo, Lucia Diez; Velazquez, María Beatriz Fernández (2011). "A via per Loca Marítima ao seu paso polo territorio Mariñas-Betanzos". Consultado o 2017-08-27. 
  12. La Voz de Galicia, eds. (29 de xullo de 2011). "Arqueólogos definen en un estudio el trazado de la Vía XX a su paso por Abegondo". Consultado o 2017-08-27. 
  13. Maside Franco, Rosa María (2000). Gallaecia, eds. "Rutas naturais e vias romanas na provincia de A Coruña" 19: 143–170. ISSN 0211-8653. Consultado o 2017-08-27. 
  14. Sánchez-Palencia, Francisco Javier (1997). "La tierra que florece de plata, estaño y oro blanco: (notas sobre la minería antigua en el territorio de los ártabros)": 41–47. ISBN 978-84-88991-12-6. Consultado o 2017-08-27. 
  15. González García, Francisco Javier (2003). Os ártabros: estudio xeográfico e etnohistórico. ISBN 978-84-96011-27-4. Consultado o 2017-08-27. 
  16. Rei, Maxi (2004). Anuario Brigantino, eds. "Referencias documentais ó concello de Abegondo durante a alta idade media" (27): 179–198. Consultado o 2017-08-27. 
  17. 17,0 17,1 Sánchez Pardo, José Carlos (2010-04-15). "Las iglesias rurales y su papel en la articulación territorial de la Galicia medieval (ss. vi-xiii)". Mélanges de la Casa de Velázquez. Nouvelle série 40–1: 149–170. ISSN 0076-230X. Consultado o 2017-08-27. 
  18. González Lopo, Domingo L. (1996). Universidade de Santiago de Compostela, eds. "La Evolución del asociacionismo religioso gallego entre 1547 y 1740: El arzobispo de Santiago." (5): 157–182. ISSN 1133-0481. 
  19. Erias Martínez, Alfredo; Veiga Fernández, José María (2002). Anuario Brigantino, eds. "Betanzos y su provincia en la época del Emperador Carlos V" (PDF) 25. 
  20. 20,0 20,1 20,2 Concello de Abegondo. "Historia: Concello de Abegondo". Consultado o 13/9/2015. 
  21. Gándara, Felipe de la (1677). Nobiliario, armas, y triunfos de Galicia, hechos heroicos de sus hijos, y elegios de su nobleza y de la mayor de España, y Europa: dedicado al maestre de campo don Antonio Lopez de Quiroga. por Julian de Paredes. 
  22. "Figueroa de Abegondo - Xenealoxía.org - Genealogía de Galicia". Consultado o 2017-01-05. 
  23. "Genealogía del linaje Figueroa, s. XV - XVI". Consultado o 2017-01-05. 
  24. "Genealogía del Linaje Pardo de Figueroa, s. XV - XVII". Consultado o 2017-01-05. 
  25. Rocha Carro, Juan José (setembro de 2013). "Pazo de Quiroga, San Tirso de Mabegondo (Abegondo)". 
  26. Daviña Sáinz, Santiago (2004). Nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, eds. "Los primeros fueros de La Coruña" (PDF). Tomo 1. ISSN 1885-6349. 
  27. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia (eds.). "Camiño Inglés. Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao camiño de Santiago. Separata 10: Concello de Abegondo" (PDF). 
  28. López, Tomás (1784). "Mapa geográfico del Reyno de Galicia contiene las Provincias de Santiago, Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Orense y Tuy. Dedicado al excelentísimo señor Don Joseph Moñino, Conde de Florida-Blanca...". Atlas particular de los Reynos de España, Portugal e Islas adjacentes Comprehende individualmente y con separación cada una de sus Provincias y Reynos, con todas las Ciudades, Villas, lugares, aldeas, ventas, y hasta los sitios de menor nota que encierran los referidos Reynos, sin olvidar las divisiones y subdivisiones con que distinguen y separan los territorios. Se hallará éste con todas las obras de su autor, en Madrid, Calle de Atocha, casa nueva de Santo Tomás, M. 159, N. 3. 
  29. Rocha Carro, Juan José. "A formación e constitución dos concellos na privincia de A Coruña en 1836". Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  30. Rocha Carro, Juan José (xullo de 2016). "La guerra civil de 1936 en Abegondo - La improvisada resistencia.". Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  31. Torres Regueiro, Xesús (2006). Anuario Brigantino, eds. "1936-1939: As vítimas betanceiras da represión" (PDF) 29. 
  32. Xavier Castro (2004). Deputación Provincial de Ourense, eds. O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. I). Ourense. ISBN 8-85858-14-X |isbn= incorrecto: length (Axuda). Consultado o 2017-08-27. 
  33. 33,0 33,1 Rocha Carro, Juan José (19 de xaneiro de 2015). "Acciones mas importantes llevadas a cabo por la guerrilla antifranquista en el municipio de Abegondo: Asesinado del cura de Viós; atentado contra la guardia civil en San Tirso de Mabegondo y el incendio intencionado de la casa consistorial.". Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  34. Enciclopedia da emigración galega. Confederación Intersindical Galega (eds.). "Personaxes da emigración: Francisco Rey Balbis". Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  35. La Voz de Galicia, eds. (12 de marzo de 1967). "Permanente Municipal. Será restaurado el torreón del Jardín de Juan Carlos". 
  36. "La Coruña 1970 . La ciudad militar y los nuevos edificios públicos.". 30 de xullo de 1970. 
  37. La Voz de Galicia, eds. (26 de abril de 1974). "Las obras de ampliación del abastecimiento de aguas supondrán más de 550 millones de pesetas". 
  38. La Voz de Galicia, eds. (21 de febreiro de 1975). "La presa de Cecebre comenzará a embalsar agua en el próximo verano". 
  39. xenealoxia.org, eds. (5 de xullo de 2005). "Topónimos xermánicos que rematan en -GONDO". Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  40. Albaiges Olivart, Josep María (1997): Enciclopedia de los topónimos españoles. Planeta.
  41. Cabeza Quiles, Fernando (2014). A toponimia celta de Galicia. Toxosoutos. 
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 "Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de los castillos españoles. Ministerio de Educación Nacional. BOE nº 125 de 5 de maio de 1949". 5 de maio de 1949. Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  43. 43,0 43,1 Xabier Moure (onosopatrimonio), eds. (xullo de 2011). "Castelos de Galiza/Galicia. Castelos e Torres da Provincia da Coruña". Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  44. García G. Ledo, Xosé Antón (1994). Heráldica de Abegondo. Imprenta Mundo. ISBN 9788460497530. 
  45. Moure Salgado, Xabier (xullo de 2011). onosopatrimonio.net, eds. "En busca do mosteiro perdido". Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  46. Troiano, Xosé (15 de novembro de 2016). patrimoniogalego.net, eds. "O cruceiro Bonito de Abegondo". 
  47. 47,00 47,01 47,02 47,03 47,04 47,05 47,06 47,07 47,08 47,09 47,10 47,11 47,12 47,13 Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2014). Anuario Brigantino, ed. "Ermidas e capelas desaparecidas na comarca das Mariñas" (PDF) 37. 
  48. Servizos Sociais de Abegondo, eds. (2006). "Escola infantil Pasiños". 
  49. La Opinión A Coruña, eds. (2 de marzo de 2016). "La escuela infantil Pasiños de Abegondo reserva plazas para el próximo curso". 
  50. Xunta de Galicia (eds.). "CEIP San Marcos". 
  51. La Voz de Galicia, eds. (9 de novembro de 2000). "El Aula da Natureza de Crendes nace como centro interactivo de educación ambiental". 
  52. Concello de Abegondo (eds.). "Inauguración Centro Cultural O Salón Mabegondo". 
  53. Concello de Abegondo (eds.). "Abegondo logra o financiamento da Xunta para a construción de beirarrúas en Bordel". 
  54. Concello de Abegondo (eds.). "Patrimonio autoriza o Concello a acometer a ampliación do centro social de Folgoso". 
  55. Concello de Abegondo, eds. (22 de agosto de 2012). "Abegondo impulsa un centro xuvenil en Figueroa para dar resposta ás necesidades dos mozos do municipio". 
  56. Concello de Abegondo, eds. (6 de xaneiro de 2011). "Abegondo transforma a antiga Escola do Neno Xesús nun centro social". 
  57. Concello de Abegondo (eds.). "Abegondo emprende a remodelación do centro social de Limiñón coa mellora da cuberta". 
  58. Concello de Abegondo, eds. (30 de xullo de 2008). "O Concello de Abegondo rematou as obras de adaptación e mellora en centros sociais". 
  59. Concello de Abegondo, eds. (12 de marzo de 2011). "Decenas de veciños acoden ás inauguracións dos centros sociais de Cullergondo e Sarandós". 
  60. La Opinión A Coruña (eds.). "Casa das Abellas". 
  61. CRTVG (eds.). "Este domingo no Labranza repasaremos os 125 anos de historia do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo - Noticias de Galicia". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  62. GCiencia (eds.). "O CIAM de Mabegondo desenvolveu 33 proxectos de investigación no 2015". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  63. Centro Investigaciones Agrarias Mabegondo (eds.). "Historia". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  64. 64,0 64,1 Xunta de Galicia (eds.). "DECRETO 145/1994, do 19 de maio, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Abegondo. Consellaría de Xustiza, Interior e Relacións Laborais". Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  65. "Reserva de Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  66. Blanco Ballón J.M.; Crecente Maseda R.; Vales Vázquez, C. (Coordinadores) (2012). Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, eds. Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Documento técnico presentado ante la UNESCO (Paris).) (en (en castelán)). 
  67. "Encoro de Abegondo - Cecebre, Código ZEC ES1110004. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  68. Xunta de Galicia (eds.). "RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública a proposta de declaración de espazo natural de interese local da zona denominada Ribeiras do Mero-Barcés, pertencente ao concello de Abegondo. DOG nº 235 do 2015/12/10, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio". Consultado o 2017-08-26. 
  69. Instituto Geológico y Minero de España, eds. (31 de decembro de 1983). "Anclajes en Lameira. Código LIG: 45001, Inventario Nacional de PIG (IGME)". Consultado o 26 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]