Conservatorio Profesional de Danza da Coruña
Conservatorio Profesional de Danza da Coruña | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | A Coruña, ![]() |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
Enderezo | R/ Franxa, 14 15003 A Coruña |
Páxina web | www.dicoruna.es/conservatorio-danza/gl |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Conservatorio Profesional de Danza da Coruña é unha institución de ensino de danza da cidade da Coruña. Foi fundado en 1990, é de titularidade provincial, e a súa especialidade é a danza clásica.
O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de Coruña foi creado en 1990 baixo a dirección de Luciano Gómez para ofrecer á mocidade que o demandaba unha formación regulada que ata aquela non existía na cidade da Coruña.
A especialidade do centro é a danza clásica, como actividades, o Conservatorio celebra espectáculos de danza con repertorio clásico e contemporáneo, e o seu alumnado participa asiduamente en concursos e festivais nacionais e internacionais.
Ao longo da súa historia aldúns dos seus alumnos obtiveron importantes distincións, gañando primeiros premios en distintos concursos de danza a nivel nacional, e algúns dos bailaríns formados na institución estiveron ou están hoxe en importantes compañías de danza como o Ballet de la Comunidad de Madrid, o Ballet de Carmen Roche, o Ballet da Ópera de Múnic, o Ballet de Lisboa, o Ballet de Ángel Corella, a Hubbard Street Dance de Chicago, Tulsa Ballet (Oklahoma), entre outras.
Cada ano a Deputación da Coruña outora bolsas aos novos valores artísticos da provincia e nas que hai un apartado especificamente dedicado á danza.
Casa Martelo
[editar | editar a fonte]A sede do Conservatorio está localizada na Casa Martelo, no barrio da Pescadería. É un edificio de estilo barroco do século XVIII, que pertenceu á familia Martelo ata 1975 en que o permutaron por un terreo do concello. O ano seguinte comprouno a Deputación da Coruña.[1]
O pazo ten baixo, dous andares e ático, con balcóns nos dous andares.[2] As bufardas puideron ser engadidas posteriormente, igual que o escudo do século XIX. A sinxela fachada contrasta coa barroca escaleira de pedra interior.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Una terna de edificios emblemáticos
- ↑ Ficha Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia
- ↑ Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña.
- ↑ PEPRI