Jaime Ozores de Prado
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de xullo de 1846 A Coruña, España |
| Morte | 2 de maio de 1922 A Coruña, España |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | militar |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | José María Ozores de Prado |
| Descrito pola fonte | Dicionario biográfico de Galicia |
Jaime Ozores de Prado, marqués de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do militar Eduardo Ozores Valderrama e de Ramona de Prado Ozores, foi irmán de José María Ozores de Prado. Foi coronel de artillaría. Vinculado ao catolicismo social. Presidiu a Real Academia Galega de Belas Artes (1901-1922),[1] e promoveu a creación do Museo Provincial e das Escolas Populares Gratuítas na Coruña. Foi membro da Real Academia Galega desempeñando o cargo de secretario.[2] Foi coleccionista de arte.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Jaime Ozores de Prado.
-
Casa Ozores na Cidade Vella da Coruña.
-
Placa na casa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Presidentes". Real Academia Gallega de Bellas Artes (en castelán).
- ↑ "Jaime Ozores de Prado". Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaime Ozores de Prado |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ozores de Pardo, Xaime". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 54.
