Escolas Labaca
Escolas da Fundación Labaca | |
---|---|
Edificio | |
Localización | rúa de Juan Flórez 112-116 15005, A Coruña |
Coordenadas | 43°21′37″N 08°24′24″O / 43.36028, -8.40667Coordenadas: 43°21′37″N 08°24′24″O / 43.36028, -8.40667 |
Uso(s) | colexio |
Construción | |
Inicio | 1912 |
Remate | 1915 |
Dimensións | |
Plantas | 2 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Leoncio Bescansa |
[ editar datos en Wikidata ] |
As escolas Labaca é un edificio situado no centro da cidade da Coruña.
Historia[editar | editar a fonte]
Os irmáns Ángela e Ricardo Labaca fundaron a Escola Católica de Ave María en honra dos seus pais para atender a nenos e nenas de clase humilde.[1] Cando se construíu o edificio a zona do Camiño Novo estaba practicamente sen edificar, só con algunhas edificacións industriais.[2]
Anos despois a escola pasou aos poderes públicos.[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
O edificio principal foi deseñado por Leoncio Bescansa en estilo modernista e neogótico e consta de dous andares. O inferior estaba destinado a aulas e o superior para vivendas dos mestres e unha aula. [3]
Ten planta simétrica e destaca a fachada cunha torre como elemento central, máis alta que a cornixa. Rodeando a torre hai seis pináculos con decoracións con formas xeométricas rematadas nunha coroa.[4]
Tamén destaca a reixa, con forma de tea de araña.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 A Coruña Modernista
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 84.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 84-85.
- ↑ 4,0 4,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 85.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en Turgalicia
- A arquitectura modernista
- Escolas Labaca na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- CEIP Plurilingüe Labaca