Martín Sarmiento
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Gravado do século XVIII. | |
Nome orixinal | Pedro Xosé García Balboa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Pedro José García Balboa 9 de marzo de 1695 Vilafranca do Bierzo (León) |
Morte | 7 de decembro de 1772 (77 a.) Madrid |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | relixioso cristián, escritor |
Xénero artístico | narrativa |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento[1], nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sarmiento naceu na vila leonesa de Vilafranca do Bierzo [2][3][4], aínda que o propio Sarmiento repetiu en diversas ocasións que era "natural de Pontevedra". De feito, existe a tese de que naceu en San Xoán de Cerdedo, tal e como se afirma nun artigo de José Santos.[5]
Eu Martín García Sarmiento, de Vilafranca, diocese de Astorga, recibín o santísimo hábito do noso santo pai Bieito neste mosteiro de San Martín de Madrid, da mesma Orde do Santo Pai, de mans do Reverendísimo Padre Maestro frei Juan Bautista Lardito, abade do dito mosteiro no ano mil setecentos dez o día 20, martes, ás dez horas. Frater Martinus Garcia a Sarmien[to].
Xesús Ferro explica a aparente contradición entre declararse "natural de Pontevedra" e a afirmación, do seu puño e letra, de nacer en "Villafranca Dioecesis Astorga". Segundo o anónimo autor da biografía de Sarmiento escrita en 1785 (ós trece anos da morte de Sarmiento), os meniños eran "legalmente naturais do lugar de residencia habitual dos pais, aínda que ocasionalmente estes estivesen fóra do Reino e os fillos nacesen fóra del". É evidente que o lugar de residencia habitual dos pais e irmáns de Sarmiento era Pontevedra, polo que non cabe estrañar que el afirmase ser natural de Pontevedra.[4]
Con catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra, onde pasou a súa infancia e parte da mocidade. O 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marchou a Madrid para ingresar na orde de San Bieito, ingreso que tivo lugar o 20 de maio do mesmo ano.
Ordenado presbítero no 1720, estivo en Asturias ata 1725 como profesor en Celorio e Oviedo. Tras esta etapa e despois de se despedir da súa nai en Pontevedra (desta viaxe de verán queda constancia nos seus escritos), asentouse definitivamente en Madrid, estancia só interrompida entre febreiro de 1726 e maio de 1727 para se trasladar a Toledo, e polas visitas que con certa frecuencia fixo a Galicia.
Dende 1723 coidou a súa amizade con frei Benito Xerónimo Feijoo, o padre Feixóo, co que mantivo correspondencia ata a súa morte.
A instancias de Sarmiento creouse o Real Xardín Botánico de Madrid e dende 1743 reclamou a creación de bibliotecas públicas e xardíns botánicos en diversas cidades a imaxe dos que xorden na Europa da época, así como a constitución da Academia da Agricultura e a dotación de cátedras universitarias de Historia natural, agricultura e botánica.
No ano 1748 foi elixido abade do seu mosteiro de San Martín de Madrid.
Foi un home adiantado ao seu tempo e loitador pola súa terra. Realizou análises da lingua galega, idea que foi seguida posteriormente polo padre Sobreira, nunha época en que a lingua estaba desprestixiada polo centralismo que afogaba as manifestacións populares localistas. De grande importancia foron as súas viaxes a Galicia, a de 1745 (que durou 8 meses) e a de 1754. Foron verdadeiras expedicións científicas programadas e pensadas polo miúdo, nas cales descobre unha Galicia e un pobo cunha gran riqueza natural, cultural e patrimonial.
As súas ideas
[editar | editar a fonte]Ramón Mariño Paz recolle as teses sobre a obra de temática galega do padre Sarmiento. Na súa opinión xiran en torno a:
- o problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria;
- o seu rexeitamento irado do castigo físico que sufrían algúns nenos por expresárense en galego na clase;
- a súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia;
- e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na administración.
En 1944 fundouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, que pretende ser unha continuación do Seminario de Estudos Galegos. Neste instituto realízanse exposicións, publicacións e labores de investigación nas ramas de Humanidades e Ciencias Sociais.
Obra
[editar | editar a fonte]Publicada
[editar | editar a fonte]- “Aprobación” de la Ilustración Apologética de Feijoo, Madrid, 1729
- Planta curiosa sobre entablar los estudios en la Orden Benedictina de España (1729)
- Demonstracion Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal (1732) [7]
- Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741-45) [8]
- Cartas sobre el estado de la religión benedictina y pago del 8 % (1743)
- Reflexiones Literarias para una biblioteca Real (1743) [9]
- Viaxe a Galicia (1745) (Viaje a Galicia, 1745)
- Coloquio en mil duascentas coplas galegas ou Colección de voces y frases gallegas ou Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos (1746-47) [10]
- Coplas gallegas y Glosario (1746)
- Cartas al Duque de Medinasidonia (1747-1770)
- Sistema de adornos ... para el nuevo Palacio Real (1747-53)
- Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1748) [11]
- Plano de un nuevo y fácil método para recoger infinitos materiales para una general descripción geográfica y completa de toda la Península y toda la América (1751)
- Notas al privilegio de Ordoño II (1752) [12]
- Catálogo de voces vulgares y en especial de voces de diferentes vegetables (1754-55)
- Viaje a Galicia de Fr. Martín Sarmiento (1754-1755)
- Sobre el Origen de la Lengua Gallega y sobre la Paleografía española (1755)
- Sobre el chasco que se da a los gallegos en la Cruz de Ferro (1756)
- Sobre los vegetables kali, sosa y la barrilla (1756)
- Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en España de unos buenos caminos reales y de su pública utilidad (1757)
- De los atunes y de sus transmigraciones (1757)
- Sobre el chasco del meco (1757)
- Mostayo, en castellano, en León, Asturias y Bierzo mostayo, en Liébana mostazo (1757)
- El porqué si y el porqué no (1758)
- Sobre los castellanos de Orense (1758)
- Etimología de la voz Valdeorras y de su puente Cigarrosa (1758)
- Sobre los maragatos (1758)
- Ir a la guerra, navegar, y casar, no se puede aconsejar (1758)
- Onomástico etimológico de la lengua gallega (1758-69)
- Geografía de las cuatro vías militares que salían de Braga a Astorga (1759)
- Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carqueixa (1759)
- Noticia de la Verdadera patria (Alcalá) de El Miguel de Cervantes (1761)
- Tiempo de marras (1761)
- Sobre el origen de las bubas (1761)
- Sobre el origen del nombre Samanos (1761)
- Problema Chorográfico para describir Galicia con un nuevo método (1762)
- La Educación de los niños
- La Pantómetra del P. Sarmiento (fragmento da anterior)
- Nacimiento y crianza de San Fernando en Galicia (fragmento de La Educación de los niños
- Sobre un grande espejo de piedra durísima y cristalina que vino de América. Piedra negra de la América llamada gallinaza, también conocido como discurso sobre la singularísima piedra negra del ara de Lugo (1766) editado por Antolín López Peláez co título Las aras de la catedral de Lugo
- Elementos Etimológicos, siguiendo el método de Euclides, y sobre el origen de las lenguas (1766)
- Catálogo de los pliegos que yo, Fray Martín Sarmiento, benedictino y profeso en San Martín de Madrid, he escrito de mi mano, pluma y letra sobre diferentes asuntos (1767)
- La educación de la Juventud (1768)
- Sobre métodos de estudios de San Isidro (1769)
- Discurso apologético por el arte de rastrear las etimologías de las lenguas vulgares (1770)
- Epistolario
- Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España [13]
Na cultura contemporánea
[editar | editar a fonte]Na curtametraxe de animación A escola das areas aparece representado coma o mestre que guía ao neno Alfonso.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Busto (escaiola de Felipe de Castro, 1774). Museo de Pontevedra.
-
Retrato (debuxo de Isidro Carnicero).
-
Retrato. Museo de Pontevedra.
-
Retrato de Sarmiento. Mercado polo IES Sánchez Cantón en 1859.
-
Coloquio en mil duascentas coplas galegas é o n.º 2 da Biblioteca Galega 120.
-
Martín Sarmiento imaxinado por unha intelixencia artificial a partir dun seu cadro. Autor: Manuel Gago Mariño
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Consello da Cultura Galega utiliza a forma Martín. A Real Academia Galega, na listaxe dos Días das Letras Galegas Arquivado 07 de outubro de 2010 en Wayback Machine., tamén. A biblioteca da USC, o mesmo. A EGU e a GEG tamén. A forma Martiño está escasamente referenciada, se ben a empregan algunhas instancias como o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
- ↑ Pilar Allegue (2001): Sarmiento un intelectual ilustrado, ISBN 84-8302-669-4.
- ↑ ANÓNIMO (1785): "Vida y obra del Rvdmo. P. M. Fray Martín Sarmiento (1965-1772), sacada a la letra de un manuscrito anónimo del siglo XVIII". Edición de Isidro GARCÍA TATO e Felipe VALDÉS HANSEN (eds.) (2003). Santiago de Compostela: Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento". CSIC; XXXVIII + 352 pp. O anónimo beneditino escribe: "... el día 9 de marzo de 1695... nació el niño Pedro Joseph García, pues con este nombre le bautizaron, en la parroquia de Santiago de Villafranca del Vierzo, reyno de León" (px. 47).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Ferro Ruibal, Xesús (2018): Sarmiento naceu en Vilafranca. Proba autógrafa.
- ↑ "Martin Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo", en Sarmiento, Anuario de Historia da Educación, nº 12, 2008, pp. 9-21.
- ↑ "Ego Martinus Garcia â Sarmiento, ex Villafranca Dioecesis Astorga accepi sanctissimum habitum Sancti P[atris] N[ostri] Benedicti in hoc Monasteiro Sancti Martini Matritensis Ordinis eiusdem Sanctissimi Patris â R[everendissi]mo Patre Magistro fratre Joanne Bap[tista] Lardito ipsius Monasterii Abate. Anno Domini millessimo septingentesimo decimo die vigesima Martis hora decima. Frater Martinus Garcia a Sarmien[to]".
- ↑ "Demonstracion Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ "Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ Reflexiones Literarias para una biblioteca Real
- ↑ Coloquio en mil duascentas coplas galegas Facsímile do orixinal autógrafo. Proxecto gráfico e deseño de cubertas de M. Janeiro. Galaxia. CCG, 2002. ISBN 84-95415-49-6.
- ↑ "Catálogo de algunos libros curiosos y selectos". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ Notas al Privilegio de Ordoño y Reflexiones sobre Archiveros Universidad de La Laguna.
- ↑ Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España Universidad de La Laguna.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martín Sarmiento |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Martín Sarmiento |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bibliografía de Martín Sarmiento.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Frei Martín Sarmiento " Arquivado 08 de abril de 2012 en Wayback Machine. Real Academia Galega.
- Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega
- "Martín Sarmiento". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- "Padre Sarmiento" na Biblioteca Virtual Galega.
- Álamo, Mateo del e Pérez de Urbel, Justo (transcrición): Viaje a Galicia de Fr. M. Sarmiento (1754-1755), Sánchez Cantón e Pita Andrade (ed.), Santiago de Compostela, IEGPS, 1950.
- Ferro Ruibal, Xesús (2018): Sarmiento naceu en Vilafranca. Proba autógrafa, en academia.gal. Tribuna 07-06-2018.
- Sobre a casa natal en Vilafranca do Bierzo e actividades da Comisión Cultural Martín Sarmiento na súa comarca natal.
- De Sarmiento a Fernandez Morales, Héctor Silveiro e Anxo Angueira IV Xornadas Martín Sarmiento Vilafranca 2012 https://www.youtube.com/watch?v=P4bX3yPkZyQ&t=1243s
- Nados en 1695
- Finados en 1772
- Nados en Vilafranca do Bierzo
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Día das Letras Galegas
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Historiadores de Galicia
- Séculos Escuros
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Alumnos da Universidade de Salamanca
- Beneditinos de España
- Botánicos de Galicia
- Ilustración (corrente intelectual)
- Cronistas mores de Indias