A Pescadería, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pescadería, A Coruña
A Coruña 042.JPG
Rúa de San Nicolao.
Parroquia A Coruña
Concello A Coruña
Poboación 8913[1] hab. (2015)

A Pescadería,[2][3] Pescaría[4][5][6] ou Peixería,[7] tamén coñecida como Pescadaría[8] e Peixaría,[9] é un barrio da Coruña que ocupa unha das áreas máis antigas da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Rúa Real.
Situación da Peixaría (vermello) no concello da Coruña.[10] En amarelo María Pita, en laranxa O Orzán e en verde os xardíns do Recheo.

A Pescadería xurdiu fóra da muralla debido ao crecemento da poboación a partir do século XIV. Xa en 1456 o concello pediu ao rei Henrique IV medidas para evitar o traslado da poboación dende a Cidade Vella.

A partir de entón a Pescadería converteuse no núcleo comercial e pesqueiro, tendo dúas parroquias, San Xurxo e San Nicolao. A importancia da zona, que a principios do século XVI xa duplicaba a poboación da Cidade, provocou a mellora das condicións urbanas, ademais da necesidade de construción de fortificacións. En XVII estableceuse o primeiro convento do barrio, da Compañía de Xesús.[11]

As melloras culminaron no século XVIII coa construción de edificios como as Casas de Paredes, a Aduana ou o Consulado.

No século XIX a expansión do barrio produciuse cara ao Orzán co establecemento dalgunhas fábricas, ademais de pola construción do “Recheo”, que supuxo a ampliación do porto e a aparición dos Xardíns de Méndez Núñez.

Coa demolición das murallas conectouse a Pescadería coa Cidade Vella pola zona próxima á praza de María Pita e comezou a ampliación da cidade co proxecto do Primeiro Ensanche no Campo de Carballo. Dentro dos plans de aliñamento de principios do século XX leváronse a cabo o proxecto do que foi o mercado de Santo Agostiño e a apertura da rúa de Durán Loriga para conectar mellor a Pescadería co novo ensanche.[11]

Descrición[editar | editar a fonte]

A diferenza do plano da Cidade Vella, a Pescadería ten un trazado lonxitudinal. Isto é debido a que esta zona cumpría a función de unir o núcleo primitivo cos camiños de saída, orixinariamente as rúas Real e de San Andrés.

Dentro da Pescadería existían dous espazos morfolóxicos diferentes: o sector de San Nicolao tiña quinteiros pequenos e un rueiro entrecortado, mentres que na zona de San Andrés había quinteiros máis amplos con hortas no seu interior.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]