Viñetas desde o Atlántico
Viñetas desde o Atlántico ou tamén coñecido como Salón do cómic da Coruña é un evento que se celebra na cidade da Coruña tódolos anos durante o verán.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A súa VIII edición foi celebrada entre os días 15 e 22 de agosto do 2005. Nesta edición foi celebrado o 50 aniversario do Capitán Trueno.
A XI edición celebrouse entre o 11 e o 17 de agosto de 2008 e tivo entre os seus convidados a Catel Muller, Daniel Acuña, David Aja, Howard Cruse, José Louis Bocquet, Luc Brunschwig, Mark Buckingham, Olivier Ka, Sergio Bleda, Francisco Solano López e Étienne le Roux. Tamén se realizaron diferentes charlas e exposicións sobre a BD Arrugas de Paco Roca, Solano López, David Aja, Olivier Ka etc.
Desde 1998 o seu director é Miguelanxo Prado.