Culleredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCulleredo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°16′40″N 8°24′43″O / 43.2777, -8.4119Coordenadas: 43°16′40″N 8°24′43″O / 43.2777, -8.4119
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalCulleredo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación30.864 (2023) Editar o valor em Wikidata (489,9 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie63 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude570 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJulio Sacristán de Diego Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Culleredo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15189 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15031 Editar o valor em Wikidata

Sitio webculleredo.org Editar o valor em Wikidata
Twitter: ConcCulleredo Youtube: UCr6poe7okhvWI-cK-OAC2uA Editar o valor em Wikidata

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðo̝/)[1] é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes[2] distribuídos en 62,3[2] km². O xentilicio é culleredés.[3]

Neste concello sitúase o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. Ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.[4][5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Limita ao norte cos concellos da Coruña e de Oleiros e a ría do Burgo, ao oeste co de Arteixo, ao leste co de Cambre e ao sur co de Carral, co concello da Laracha da comarca de Bergantiños e co concello de Cerceda da comarca de Ordes.

Orografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

O concello está presidido polo monte Xalo (572 m) no extremo sur do mesmo, e a partir del vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na ría do Burgo. Os vales están sucados polo río Valiñas e o rego de Trabe, todos eles pertencentes á conca do río Mero que desemboca na ría do Burgo.

Clima[editar | editar a fonte]

Climáticamente atópase no mesmo clima que o resto de Galicia, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación a 1 de xaneiro de 2019 era de 30.402 habitantes, 14.635 homes e 15.717 mulleres, segundo o IGE[6].

Culleredo. Gráfica de poboación.
División menor: 1.000 habitantes.
Fontes: Instituto Nacional de Estadística[4] e Instituto Galego de Estatística[6].
Gráfica elaborada por: Wikipedia.

Na gráfica pódese apreciar claramente o forte incremento de poboación a partir de 1970 debido á súa condición de cidade dormitorio asociada á cidade da Coruña.

Xentilicio (véxase no Galizionario): cullerdense.

Censo total 2019 30.402 habitantes
Menores de 16 anos 5.079 (16.71 %)
Entre 16 e 64 anos 20.158 (66.31 %)
Maiores de 64 anos 5.165 (17.00 %)
Evolución da poboación de Culleredo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
7.495 8.004 8.738 13.129 24.640 28.227 29.207 29.416 29.415 29.434 29.593 29.638 29.982 30.221 30.402 30.685 {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía[editar | editar a fonte]

O Burgo.

Este é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 13.392 habitantes e a do Burgo 8.216 á poboación municipal no ano 2008. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos industriais das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Culleredo, grandemente influenciados pola presenza do aeroporto de Alvedro e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no sector secundario, a primeira, e nos servizos institucionais, como capital do municipio (en Tarrío, na parroquia de Culleredo), e no sector gandeiro, a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da Coruña.

Infraestruturas e transporte[editar | editar a fonte]

En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e Lugo; a N-550 A Coruña-Tui, a AC-400 Muros-Sigrás e a AC-211 San Pedro de Nós-A Pasaxe. Tamén ten o aeroporto de Alvedro no termo municipal.

Historia e cultura[editar | editar a fonte]

Torre de Celas de Peiro.

O Burgo de Faro, nome que recibía o concello nun principio, cobrou forza co traslado de moitos habitantes da Coruña que pretendían protexerse das incursións normandas. A prosperidade veu acompañada da instalación dos templarios e a construción de aceas por parte do mosteiro de Sobrado.

Afonso VIII ordenara repoboar a cidade da Coruña e o Burgo inicia o seu declive pasando a depender dos Andrade, conservándose unha das súas torres en Celas.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A terminación do concello en -redo, ó igual que moitos outros topónimos, fai referencia a nomes xermánicos de posuidores, como Guimaredo ou Recaredo[7].

Patrimonio arqueolóxico e arquitectónico[editar | editar a fonte]

Vilaboa, Culleredo.

Turisticamente este municipio ten interesantes espazos e edificios:

Conta con diversas rutas de sendeirismo organizadas polo Concello por todo o municipio, moitas veces temáticas. A destacar entre estas as dos muíños, as das fontes e as das panaderías.

Símbolos[editar | editar a fonte]

O concello ten como motivo principal do seu escudo a imaxe da ponte do Burgo, como queda definido na súa descrición: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de goles acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada.[10]

Culleredo na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • As nenas de Vilaboa / din que non beben viño, / pero debaixo do mantelo / levan o xarro escondido.[11]
  • Cheguei ó alto do Castro, / e dei volta para atras,(sic) / adeus papeiros de Orro, / queiroeiros de Morás.[11][12]

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Dende 1983 o seu alcalde foi Julio Sacristán, que gobernou de forma continua ata a súa retirada o 26 de outubro de 2017, día no que presentou a súa renuncia por motivos persoais.[13] Foi substituído por José Ramón Rioboo o 7 de novembro de 2017.[14]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Lugares de Culleredo[editar | editar a fonte]

Para unha listaxe completa de tódolos lugares do concello de Culleredo vexa: Lugares de Culleredo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario de pronuncia da lingua galega da USC
  2. 2,0 2,1 IGE. "Información municipal de Culleredo". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 47. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  4. 4,0 4,1 Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842. Municipio: 15031 Culleredo. Información do INE. (en castelán)
  5. Madoz, Pascual (1847), «Culleredo», Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, tomo VII, Madrid: Est. Tipográfico-Literario Universal, p. 283(en castelán)
  6. 6,0 6,1 Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos. 15031 Culleredo. Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. Información do IGE.
  7. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Galaxia. p. 282. ISBN 978-84-9865-092-1. 
  8. La torre de Celas de Peiro Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Castillo López, Ángel del, Boletín nº75, 1913, RAG.
  9. Ponte do Burgo, páxina na web do concello
  10. Decreto 423/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba o escudo do Concello de Culleredo, A Coruña.
  11. 11,0 11,1 Portal de ditados tópicos galegos. Lugar de referencia:Culleredo. USC
  12. A queiroa era usada antigamente para acender o lume na lareira. Ata o primeiro cuarto do século XX, a xente de Morás recollía a queiroa para vendela na Coruña, de aí ven o alcume de queiroeiros. Portal de ditados tópicos galegos. Lugar de referencia:Culleredo. USC
  13. Julio Sacristán abandona la Alcaldía tras 33 años y la dirección provincial del PSOE
  14. José Ramón Rioboo, elegido alcalde de Culleredo tras la dimisión de Sacristán Arquivado 14 de decembro de 2017 en Wayback Machine. 07.11.2017

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]