Manuel Iglesias Corral
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1901 A Coruña |
| Morte | 8 de setembro de 1989 A Coruña |
| 23 de xuño de 1986 – 2 de setembro de 1989 Nomeado por: Xunta de Galicia | |
| 30 de outubro de 1981 – 8 de setembro de 1989 | |
| 15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: A Coruña | |
| 6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Circunscrición electoral: provincia da Coruña | |
| 6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
| 1932 – 1934 ← Juan González Rodríguez – Alfredo Suárez Ferrín → | |
| Alcalde | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Valladolid |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, avogado, empresario, xurista |
| Partido político | Partido Popular |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Quen é quen no primeiro Parlamento Galego |
Manuel Iglesias Corral, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1989,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Valladolid e na Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser Alcalde entre 1932 e 1934.
Participou na redacción do anteproxecto do estatuto de Galicia, elixido deputado pola ORGA nas Cortes Republicanas en 1933 e fiscal da República en 1936. Durante o franquismo tivo cargos directivos en empresas privadas e coa recuperación da democracia foi senador pola Candidatura Democrática Galega e pola UCD (1977-1982), foi presidente da UCD de Galicia, deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular (1981-89) e senador de novo, desta vez por Alianza Popular (1986-1989), en representación da comunidade autónoma.
Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña desde 1963 a 1988, ano no que foi distinguido como Decano Honorario. Tamén foi Fiscal Xefe do Tribunal Supremo e do Tribunal de Garantías Constitucionais da República.
Foi Avogado da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Tamén no plano empresarial, foi Secretario Xeral da Industria Baleeira Española, S.A.; Presidente de Frigoríficos do Noroeste, S.A. e Secretario do Consello de Administración de La Voz de Galicia, S.A.
Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña; Presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación;[2] Presidente da Comisión do Consello Xeral da Avogacía Española para a Unión de Avogados Hispanoamericanos; Conselleiro da Avogacía Española e Vogal da Comisión Xeral de Codificación en 1968. Foi membro da Union Internationale des Avocats, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; membro correspondente da Academia de Ciencias, Letras e Artes de San Romualdo, de San Fernando (Cádiz); membro do Instituto Padre Feijóo, de Estudos Ourensáns; membro fundador do Instituto Español de Dereito Foral; Académico de Honra da Xurisprudencia e Lexislación, de Barcelona e da Xurisprudencia e Lexislación de Valencia, así como Colexiado de honra do Colexio de Avogados de Lima (Perú).
Foi condecorado coa Lexión de Honra (Francia), coa Condecoración da Orde do Cristo de Portugal e da Cruz da Orde de San Carlos, no grao de Grande Oficial, da República de Portugal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 10-9-1989, p. 33.
- ↑ RAGXL. Historia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Iglesias Corral |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Iglesias Corral, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 200.
- "Iglesias Corral, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1981). "Manuel Iglesias Corral". Quén é quén no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 203–207. ISBN 84-7507-044-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Juan González Rodríguez |
Alcalde da Coruña 1932 - 1934 |
Sucesor: Alfredo Suárez Ferrín |
- Nados en 1901
- Finados en 1989
- Nados na Coruña
- Políticos de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia por AP
- Senadores pola Coruña
- Alcaldes da Coruña
- Alcaldes de Galicia durante a II República
- Alcaldes de Galicia da ORGA
- Políticos de AP
- Políticos de UCD
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Senadores por designación do Parlamento de Galicia
- Deputados nas Cortes da II República
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Membros da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
- Alumnos da Universidade de Valladolid
- Empresarios de Galicia