Lista de monarcas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do reino de Galicia ilustrado no L´armorial Le Blancq. Bibliothèque nationale de France. 1560.

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma reis de Galicia.

Reis suevos de Galicia (409-585)[editar | editar a fonte]

Mapa da provincia romana da Gallaeciae', a comezos do século V, inmediatamente anterior á chegada dos suevos.
Dominios da monarquía sueva, e extensión do reino de Galicia arredor do ano 500.

Primeira liñaxe real (409-456)

Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)

Período Escuro (469-550)

Período final da monarquía sueva (550-585)

Reis Visigodos de Galicia, Septimania e España[editar | editar a fonte]

Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.
Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais.

Pese o cesamento dos monarcas suevos polos reis visigodos no ano 585, Galicia continúa a ter unha condición diferente do resto de provincias visigodas peninsulares, tal é o caso que a documentación visigoda denota tres entidades políticas, Galicia (Gallaecia), España (Hispania) e Septimania derivadas da antiga condición política destas. Así, o estado visigodo é foi de tres antigos reinos, chegando o caso de que Galicia e España estean rexidos por diferentes reis, como o caso de Éxica e Vitiza.

Señores con atribución reais na Galicia alto-medieval[editar | editar a fonte]

  • Paio (?-737). Gobernou apenas o oriente asturiano, o chamado regnum asturorum.
  • Fávila (737-739). Señoreou efemeramente o mesmo territorio que o seu predecesor.
  • Afonso I (739-757). Descoñece a extensión dos seus dominios.
  • Froila I (757-768).

Os reis "usurpadores" (768-791)

Reis con sede na cidade de Oviedo[editar | editar a fonte]

Consolidado o poder rexio, Afonso II ordena establecer a corte do reino no modesto lugar de Oveto, na rexión de Asturias, centro-norte do reino da Galicia alto-medieval. A carencia de institucións previas como un bispado, ou un influente pasado aristocrático, foron as razóns que motivaron a escolla deste lugar por Afonso II, dende entón os reis de Galicia titularíanse maiormente como reis ovetenses en virtude da situación da sede real en Oveto, ata o seu cese no ano 910.

Mapa político do Noroeste da Península Ibérica a finais do século IX.

A dinastía dos Ramírez (842-910)

Reis con sede na cidade de León[editar | editar a fonte]

Se con Afonso III o vello campamento romano de Legio (León) comezou a adquirir relevancia en detrimento do antigo Oveto (Oviedo), baixo o goberno dos seus herdeiros consolidouse definitivamente como sede rexia dos monarcas da Galicia alto-medieval. Será primeiramente García I, fillo de Afonso III en exercer o poder real dende a nova capital. Dende entón, os reis galaicos deixarán de empregar o título de reis ovetenses polo de legionenses a razón da súa sede na cidade de León.

Mapa político da noroeste peninsular no ano 1064. O espazo do reino da Galicia alto-medieval é rexido por Sancha e Fernando I, mentres España (Hispania) atópase dividida en taifas.

A dinastía dos Ordóñez (910-1037)

Reis de Galicia co condado portucalense[editar | editar a fonte]

Mapa político da noroeste peninsular onde se aprecia a creba da Galicia alto-medieval, asi como os novos reinos de Castela e León a finais do século XI. Segue, con todo, a existir unha diferenza agora conceptual entre Galicia e España (Hispania).

O reparto territorial dos fillos de Sancha e Fernando supuxo a creba do tradicional espazo político da Galicia alto-medieval, e a formación de dous novos reinos, Castela e León. Así, o territorio coñecido como reino de Galicia viuse reducido ás terras galegas -incluíndose nelas o condado portucalense-, se ben o termo Galicia seguirá a ser empregado para designar ao conxunto dos tres reinos, mais perdendo paseniñamente a súa significación política.

Dinastía Ximena ou de Navarra (1065-1111)

Dinastía de Borgoña

Reis de Galicia e León[editar | editar a fonte]

Á morte de Afonso VII no ano 1157 divide as súas posesións entre os seus fillos. Así, mentres Fernando herda os reinos de Galicia e León, o seu irmán herda os reinos de Castela e reino de Toledo. Cabe subliñar que o territorio do reino de Galicia se viu de novo reducido no ano 1128, ano no que Afonso Henriques gaña a independencia do condado portucalense, conformándose como un novo reino e deixando portanto de pertencer ao reino galego.

Mapa político da noroeste peninsular trala morte de Afonso VII, nel apréciase a división dos seus estados entre os seus fillos, Fernando (rei de Galicia e León) e Sancho (rei de Castela e Toledo). Tamén se aprecia a expansión dos reinos cristiáns a costa das taifas musulmás, e a separación definitiva de Portugal respecto do reino de Galicia.

Reis de Galicia-León e Castela-Toledo[editar | editar a fonte]

Dinastía Trastámara

Reis de Portugal que reclamaron a posesión da Galiza[editar | editar a fonte]

Dinastía de Borgoña (Portugal)[editar | editar a fonte]

Dinastía de Avís[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Listas de monarcas dos reinos cristianos da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca

Bibliografía[editar | editar a fonte]