Isabel Zendal
Escultura de Acisclo Manzano que se inspira en Isabel Zendal acollendo dous nenos. A Coruña | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Isabel Cendal Gómez 26 de febreiro de 1773 Ordes (Imperio Español) |
Morte | século XIX Puebla de Zaragoza (Imperio Español) |
Actividade | |
Campo de traballo | Vacinación e Varíola |
Ocupación | Reitora, enfermeira |
Participou en | |
30 de novembro de 1803 | Real Expedición Filantrópica da Vacina |
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da infancia de Isabel Zendal sábese pouco. As investigacións realizadas desde 1999 foron demostrando a certeza do seu apelido e do seu nacemento.[1]
A partida de nacemento dun tal Benito -na coruñesa parroquia de San Nicolás no 31 de xullo de 1796- desvela que a súa nai foi “Isabel Celdam Gómez”, solteira, veciña da vila e natural de Santa María de Parada-Ordes.[2]
Existen 35 versións do seu nome, con variacións como Zendalla, Cendales, Gandalla o Sendales[3][4] e a falta de versións do seu primeiro apelido en Galicia levou a algúns investigadores a propoñer as hipóteses de que nacera en Euskadi ou en Irlanda, máis a aparición das partidas de nacemento dos seus irmáns confirmaron que os seus pais eran naturais de Ordes.[3] Os libros Sacramentales da freguesía ordense confirmarán que, mentres o apelido Celdam non existe na comarca, os Zendal son varias ramas familiares asentadas de vello na zona.[2]
Isabel tivo polo menos catro irmáns (Juan, María e Francisca Antonia) e pénsase que talvez tivese outra irmá máis chamada Bernarda.[3] O seu pai Jacobo Zendal era da parroquia de Santa Cruz de Montaos e a súa nai Ignacia Gómez da parroquia de Parada,[3] labregos pobres. Isabel aprendeu a ler e escribir na escola da parroquia sendo a única nena que ía ás clases. Cando a súa nai morreu de varíola tiña 13 anos, tendo que marchar á Coruña a servir.
O 31 de xullo de 1793 naceu o seu fillo Benito Vélez. Aínda que nalgunhas fontes dise que era adoptado, a aparición da acta de bautismo de Benito demostran que era fillo extramatrimonial da futura reitora.[5]
Isabel con 20 anos comezou a traballar no Hospital de Caridade da Coruña, que fora fundado por Teresa Herrera, primeiro de axudante e despois de reitora. O 24 de marzo de 1800, a reitora tiña un soldo mensual de 50 reais e o pago en especie dunha libra diaria de pan feito con fariña fina, de primeira peneira. Dende maio de 1801 recibiu media libra diaria de pan para o seu fillo e, dende agosto, media libra de carne ao día.[5]
Do final da súa vida coñécese pouco. O último que se sabe dela é que no ano 1811 continuaba solicitando unha pensión de 3 reais mensuais á que tiña dereito o seu fillo por ser un dos nenos de número que foi coa vacina e non lla pagaban as Caixas Reais de Poboa onde se achaba vivindo.[1] Segundo o investigador Antonio López Mariño, Isabel Zendal morreu en Puebla (México), polo que a súa conexión con Galicia, "perdeuse radicalmente, e iso implica que a súa biografía está so ao 50 %. O resto habería que investigalo en México".[6]
Participación na Real Expedición Filantrópica da Vacina
[editar | editar a fonte]Aínda que inicialmente non se contemplou a participación dunha muller na Real Expedición Filantrópica da Vacina, a experiencia da viaxe desde Madrid á Coruña e o falecemento dun dos nenos fixeron pensar que a Expedición necesitaba unha man feminina que inculcase confianza e agarimo aos nenos. O 14 de outubro de 1803, mes e medio antes da partida da Real Expedición, Francisco Xavier Balmis, o seu director, contrátaa cun soldo igual ao que gozaban os homes da súa formación e funcións, tres mil reais con destino á súa habilitación e un soldo de cincocentos pesos anuais. Foi contratada en calidade de enfermeira subordinada ás ordes do director, coas funcións de informala directamente das incidencias para non poñer en risco a cadea profiláctica, ademais de coidar, acompañar, entreter e serenar os nenos durante a viaxe.[1]
O 14 de outubro de 1803 publicouse o decreto no que se incorpora a Isabel Zendal Gómez á expedición:[7]
‘Conformandose el Rey con la propuesta de Vm. y del Director de la expedicion destinada à propagar en Yndias la inoculacion de lavacuna, permite S.M. que la Rectora de la Casa de Expositos de esa ciudad sea comprehendida en la misma expedicion en clase de Enfermera, con el sueldo y aiuda de costa señalada a los Enfer-meros, para que cuide durante la navegacion de la asistencia y asio de los Niños que haian de embarcarse y cese la repug-nancia que se experimenta en algunos Padres de fi ar sus hijosal cuidado de aquellos, sin el alivio de una Muger de providad.Con esta fha, paso el aviso correspondiente al Ministerio de hacienda para que la Rectora reciva en esa Ciudad la aiu-da de costa de tres mil rs con destino à su havilitación y para el abono en Yndias del sueldo de quinientos pp annuales, conta-dos desde el dia que se embarque y la mitad à su regreso, quedeberà ser de cuenta del Erario; y à Vm. lo participo de Rl orden para la inteligencia de la Junta de caridad, de que es Presidente, y noticia de la Ynteresada. Dios gue à Vm. ms as. Sn Loren-zo y Octubre, 14 de 1803.Josef Ano CaballeroDn Ygnacio Carrillo y Niebla.‘
O 30 de novembro de 1803 partiu con 37 persoas desde o porto da Coruña a expedición que levaría a vacina da varíola a América na corveta María Pita, dirixida por Francisco Javier Balmis e financiada polo rei Carlos IV. Isabel Zendal deixara o seu posto no hospicio para facerse cargo dos 22 nenos que foron utilizados para transportar a vacina brazo a brazo durante a travesía polo océano Atlántico. Entre estes nenos estaba o seu propio fillo, Benito Vélez, de nove anos. A vacina debía ser levada por nenos que non padeceran a varíola e pasada dun neno a outro cada 9 ou 10 días. Os documentos da Expedición elóxiana e defínena como: “abnegada reitora”, “nai dos galleguitos” e “muller de probidade”.[1]
A expedición da Vacina chegou a Santa Cruz de Tenerife, onde pasaron un mes vacinando, e saíu das Canarias o 6 de xaneiro de 1804, chegando a Porto Rico o 9 de febreiro.
O 7 de febreiro de 1805 a expedición saíu rumbo a Filipinas cun grupo de 26 nenos mexicanos entre os que estaba o fillo de Isabel, chegando a Manila o 15 de abril. O 14 de agosto de 1809 a expedición volveu a Acapulco, pero Isabel quedou na Nova España, en Puebla, co seu fillo, e xa non volveron a España.
A mísera reitora que co excesivo traballo e rigor dos diferentes climas que percorremos, perdeu completamente a súa saúde, infatigable noite e día derramou todas as tenruras da máis sensible Nai sobre os vinte e seis anxiños que ten ao seu coidado, do mesmo xeito que fixo dende A Coruña e en todas as viaxes e asistiunos enteiramente nas súas continuadas enfermidades.[8]Balmis, Macao (1806)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En Galicia:
- En 1971, o concello da Coruña chamou Isabel López Gandalia a unha rúa da cidade.[9] En 2017, o Pleno corrixiu este nome[10] e en 2018 foi inaugurada unha nova placa como Isabel Zendal Gómez.[11]
- En 2003, co gallo dos 200 anos da expedición, o museo Domus da Coruña adicou un monumento, coñecido como Balcón da expedición Balmis, en homenaxe a Balmis, Isabel Cendala Gómez e aos 22 nenos.[12]
- En 2003 inaugurouse na Coruña unha obra escultórica de Acisclo Manzano que se inspira en Isabel Zendal acollendo maternalmente dous nenos que xorden directamente da súa figura.[13]
- En 2016 foi nomeada filla predilecta do concello de Ordes, no día no que se celebraba o 213 aniversario da saída da chamada expedición Balmis dende A Coruña. [14]
- En 2016 naceu na Coruña a Asociación Isabel Zendal para investigar, difundir e promover, nos ámbitos local, nacional e internacional, o protagonismo de Galicia na Real Expedición Filantrópica da Vacina.[15]
- En 2017 o Sindicato de Enfermería SATSE en Galicia fixo entrega por primeira vez dos "Premios Isabel Zendal", no transcurso do V Encontro Científico Galego de Enfermaría e Fisioterapia.[16]
- En 2019 creáronse os "Premios Isabel Zendal para o fomento do pensamiento crítico en educación secundaria e bacharelato", organizados pola asociación sen ánimo de lucro Círculo Escéptico e patrocinados pola Universidade da Coruña.[17]
- O grupo biofarmacéutico Zendal (con sede no Porriño, Pontevedra) inspirouse na figura desta enfermeira para a súa marca e desde 2019 convoca os "International Zendal Awards" para difundir, impulsar e premiar o coñecemenro e a investigación no campo da biotecnoloxía no ámbito mundial.[18]
- O 3 de decembro de 2020 inaugurouse na Coruña unha estatua na súa homenaxe realizada por Francisco Escudero, preto do lugar onde se situaba o hospital en que traballou.[19]
- En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[20]
En España:
- En 2015, a Asociación de Enfermería Comunitaria (AEC) e a Cátedra Balmis de Vacunología da Universidade de Alacant crearon o "Premio Nacional de Enfermería Isabel Zendal y Gómez”.[21]
- En 2016 a revista Enfermería en Desarrollo, editada polo Sindicato de Enfermería (SATSE) en colaboración coa Fundación para el Desarrollo de la Enfermería (FUDEN) outorgoulle o "Premio especial Enfermería en Desarrollo" recordando a súa decisiva dedicación e traballo na prevención e promoción da saúde, ao levar o remedio da varíola ata América e Asia.[22]
- Foi incluída na «Táboa Periódica das Científicas», creada en 2018 pola enxeñeira química Teresa Valdés-Solís e publicada na plataforma Naukas.[23]
- O SUMMA 112, Servizo de Urxencia Médica da Comunidade de Madrid, entrega os "Galardóns Isabel Zendal de Enfermería" en honor da enfermeira española precursora da vacinación internacional.[24]
- En 2020, baixo a pandemia da COVID-19, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, inaugurou un novo hospital en Madrid co nome "Hospital de Emergencias Enfermera Isabel Zendal"[25]
En México:
- Dende 1975 o goberno de México entrega o "Premio Enfermera Isabel Cendala y Gómez", ao Mérito en enfermería.[26][27]
- A Escola de Enfermería "Isabel Cendala y Gómez", fundada en San Martín de Texmelucan en Puebla (México), leva o seu nome na súa honra.[28]
Internacional:
- En 1950 foi recoñecida polo Congreso Panamericano de Saúde e a Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira en misión internacional de saúde pública da historia.[25][27]
Obra relacionada
[editar | editar a fonte]Investigación histórica
[editar | editar a fonte]- Tras anos de investigación, Antonio López Mariño publicou os seus descubrimentos no libro Isabel Zendal Gómez nos arquivos de Galicia, editados polo Parlamento de Galicia en 2018, con versións tamén en castelán e inglés.[7]
Ficción
[editar | editar a fonte]- A novelista dominicano-estadounidense Julia Álvarez escribiu a novela Saving the World: A Novel. Neste relato, unha escritora descobre as similitudes sorprendentes entre a súa propia existencia e a historia de dona Isabel Sendales y Gómez, que acompañará o doutor Balmis na expedición da varíola. Algonquin Books, 2006. ISBN 9781565125100. En castelán foi publicado co título Para salvar el mundo. Alfaguara, 2007. ISBN 9788420471006
- Isabel Zendal é unha das protagonistas da novela de Almudena de Arteaga Angeles custodios. Ediciones B, 2010. ISBN 9788466643542
- A raíz do descubrimento da identidade de Isabel Zendal, Javier Moro reconstruíu na novela A Flor de piel a historia da expedición da vacina a través desta personaxe femenina. Seix Barral, 2015. ISBN 9788432224942
- A escritora galega María Solar relata no seu libro Os nenos da varíola a historia de Isabel Zendal Gómez como directora do orfanato Casa de Expósitos e de como pasou a formar parte da expedición. Galaxia, 2017. ISBN 9788491510260. Foi traducido ao castelán[29] e ao catalán.[30]
- O álbum ilustrado, Novo Mundo. Isabel Zendal na Expedición da Vacina, con textos e ilustracións de El Primo Ramón, conta a vida da enfermeira. Ed. Bululú, 2018. ISBN 9788494954917. En castelán, "Nuevo Mundo. Isabel Zendal en la expedición de la vacuna" . Ed. Bululú, 2018. ISBN 9788412257700
Películas e documentais
[editar | editar a fonte]- En 2016 estreouse o telefilme 22 ángeles, producido por TVE e baseado na novela Angeles custodios. Dirixido por Miguel Bardem, con guión de Alicia Luna e protagonizada por Pedro Casablanc, Octavi Pujades e a galega María Castro no papel da enfermeira.[31]
- En 2016 estreouse o documental Isabel Zendal, la enfermera que cambió el rumbo del mundo. O documental de Enfermería TV, televisión creada polo Sindicato de Enfermería, SATSE, e a Fundación para el Desarrollo de la Enfermería, FUDEN, é obra de Ana Fernández, Enrique Sierra e Javier González.[32]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Balcón da expedición Balmis
-
Placa en homenaxe a Isabel Zendal
-
Placa en homenaxe a Benito Vélez, fillo de Isabel Zendal
-
Placa en homenaxe aos membros da expedición
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Isabel Zendal Gómez, Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2020-11-28.
- ↑ 2,0 2,1 "Isabel". Isabel Zendal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2019. Consultado o 2020-11-28.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "La rectora Isabel, al descubierto" La Opinion de A Coruña.
- ↑ "La calle Isabel López Gandalia recoge una de las 30 versiones que hay de los apellidos de esta mujer" La Voz de Galicia, 11/9/2009.
- ↑ 5,0 5,1 "La rectora Isabel, al descubierto. Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-12-22. Consultado o 2020-11-28.
- ↑ "Antonio López Mariño: «Con Isabel Zendal e os nenos expósitos cometeuse unha inxustiza histórica»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-03-10. Consultado o 2020-11-26.
- ↑ 7,0 7,1 Mariño, Antonio López (2018). Isabel Zendal Gómez en los archivos de Galicia. Parlamento de Galicia. ISBN 978-84-7836-120-5.
- ↑ Orixinal en castelán: "La mísera Rectora que con el excesivo trabajo y rigor de los diferentes climas que hemos recorrido, perdió enteramente su salud, infatigable noche y dia ha derramado todas las ternuras de la más sensible Madre sobre los 26 angelitos que tiene a su cuidado, del mismo modo que lo hizo desde A Coruña y en todos los viajes y los ha asistido enteramente en sus continuadas enfermedades"
- ↑ Orde do día do Pleno ordinario do 4 de decembro do 2017
- ↑ El pleno adapta el presupuesto al plazo de las obras de Riazor
- ↑ "Isabel Zendal estrenó su calle en A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-19. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "A Coruña recuerda a los 22 niños que llevaron la vacuna de la viruela a América". El País (en castelán). 2003-12-03. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ Corredoira, Pilar. "El homenaje de Acisclo Manzano a la enfermera Isabel Zendal". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-11-27.
- ↑ O Pleno de Ordes nomea a Isabel Zendal filla predilecta. Concello de Ordes
- ↑ "Isabel Zendal - Conoce la historia y la gesta de esta coruñesa única". Isabel Zendal (en castelán). Consultado o 2020-11-28.
- ↑ "SATSE Galicia entrega los premios Isabel Zendal a la investigación científica en Enfermería y Fisioterapia". Satse (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "Premios Zendal. Premios al fomento del pensamiento crítico". Premios Zendal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Grupo Zendal - Vacunas, biológicos, farmacológicos, nutricionales y probióticos". Zendal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2020. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ A Coruña homenaxea cunha estatua conmemorativa á enfermeira e filla predilecta de Ordes, Isabel Zendal
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "Premio Nacional de Enfermería "Isabel Zendal y Gómez"". enfermeriacomunitaria.org (en castelán). Consultado o 2020-11-26.
- ↑ "Premios Enfermería en Desarrollo 2016". www.fuden.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2017. Consultado o 2020-11-26.
- ↑ Valdés-Solís, Teresa (2018-11-23). "La Tabla Periódica de las Científicas". Naukas (en castelán). Consultado o 2020-11-26.
- ↑ "El SUMMA 112 entrega los Galardones Isabel Zendal de Enfermería al CODEM, el Pal 24 y la Orcam". Comunidad de Madrid (en castelán). 2019-05-21. Consultado o 2020-11-26.
- ↑ 25,0 25,1 Viejo, Manuel (2020-07-17). "El hospital de emergencias se llamará Isabel Zendal, la primera enfermera de la historia". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "Premios al Mérito". gob.mx (en castelán). Consultado o 2020-11-27.
- ↑ 27,0 27,1 "Isabel Zendal, la primera enfermera en misión internacional de la Historia". www.thisistherealspain.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "Escuela de Enfermería Isabel Cendala y Gómez, Zaragoza Norte 603, Colonia La Santísima, San Martín Texmelucan de Labastida (2020)". www.fashyas.com (en castelán). Consultado o 2020-11-26.
- ↑ "Los niños de la viruela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "L´expedició del doctor Balmis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ La 1 estrena '22 ángeles', tvmovie protagonizada por María Castro, Pedro Casablanc y Octavi Pujades, TVE, Noticias, 07/12/2016.
- ↑ "Isabel Zendal: la enfermera que cambio el rumbo del mundo". Mundo Sanitario (en castelán). 2016-12-02. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2020. Consultado o 2020-11-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Anair (2018). Pioneiras. Galegas que abriron camiño. Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz. ISBN 978-84-9121-310-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Isabel Zendal". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Estrea do documental Isabel Zendal, la enfermera que cambió el mundo (en castelán).
- Isabel Zendal: la desconocida heroína de la expedición de la vacuna no YouTube, canal do Instituto Cervantes (en castelán).
- Isabel Zendal Gómez: una gallega al servicio de la humanidad no YouTube, canal de Museos Científicos Coruñeses
- Una española, la primera enfermera en misión internacionalno YouTube, canal Canal enfermero - Consejo General Enfermería
- Isabel Zendal no Youtube, canal da Sociedad Mexicana de Salud Pública
- Isabel Zendal. Enfermera con historia. no Youtube, canal de Fuden TV
- Lunnis de Leyenda - Isabel Zendal. no YouTube, canal de Clan TVE