Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°43′59.88″N 8°39′0″W / 42.7333000°N 8.65000°W / 42.7333000; -8.65000

Padrón
Escudo de Padrón
Concello de Padrón.jpg

Casa do concello.
Situacion Padrón.PNG
Situación
Xentilicio[1] padronés - iriense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca do Sar
Poboación 8882 hab. (2012)
Área 48,4 km²
Densidade 183,51 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Política (2011)
Alcalde Antonio Fernández Angueira
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: C.I.PA 1, PGD 2, CIDEGA 1
Eleccións municipais en Padrón
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,44%
Na rede
www.concellodepadron.org
info@concellodepadron.org

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram) a pedra onde se amarrou a barco do apóstolo Santiago. É un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o IGE en 2012 tiña 8.882 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 8.882
Menores de 15 anos 1.106 (12.45 %)
Entre 15 e 64 anos 5.847 (65.83 %)
Maiores de 65 anos 1.929 (21.72 %)
Evolución da poboación de Padrón (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 7.415  7.351  8.505  9.948  9.070  8.985    8.882  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O topónimo da vila procede de "pedrón" (do latín "Petronem"), do altar de orixe romana adicado ao deus Neptuno, localizado orixinalmente na beira esquerda do río Sar e levado no século XV ao interior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, dunha superficie de 48,37 km², abrangue 5 parroquias. Está situado ás beiras do río Sar, xa na súa desembocadura na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa. Limita ao noroeste co concello de Teo, ao sueste coa Estrada, ao sur con Pontecesures, ao suroeste con Dodro e ao noroeste con Rois.

Historia[editar | editar a fonte]

No concello de Padrón apenas hai restos anteriores á romanización, debido posiblemente a que a desembocadura do río Sar é unha zona pantanosa. A primeira poboación da que se ten constancia é Iria Flavia, fundada posiblemente durante a dinastía dos Flavios, entre os anos 69 e 96.

A economía dos primeiros poboadores debeu estar baseada na pesca e o marisqueo, como demostran os restos arqueolóxicos atopados nos arredores como conchas de bivalvos, cerámicas especiais e unha serie de obxectos representativos.

A tradición di que cara ao ano 34 desembarcou en Iria o Apóstolo Santiago, e que amarrou a súa barca á ara antes mencionada. Conta a lenda que os seus discípulos Teodoro e Anastasio trouxeron os seus restos mortais desde Xudea no ano 44, enterrándoo nun outeiro río Sar arriba, no que hoxe é Santiago de Compostela, no monte Libredón, onde se construíu a catedral de Santiago.

Trala chegada do Catolicismo e o reino de Galiza, na Idade Media constituíuse a diocese de Iria, cuxa historia aparece reflectida no Chronicon Iriense. Desde o descubrimento dos restos do Apóstolo durante o bispado de Teodomiro, Padrón convértese en lugar de paso da vía dos peregrinos que chegan por mar, pero tamén en obxectivo para as saqueadores viquingos e normandos entre os séculos X e XI (véxase viquingos en Galicia), polo que Afonso V mandou reconstruír en Catoira as Torres do Oeste, sobre os restos do Castellum honesti de orixe romana. Con esta defensa, a vila de Padrón tivo gran prosperidade durante os séculos XII e XIII. En 1156 o rei Afonso VII doou ao plebeo Sancho Eanes o couto de Lampai, situado na parroquia de Cruces.

O arcebispo Diego Xelmírez, nado nas Torres do Oeste, foi un dos artífices desa prosperidade, mandando construír un peirao (que se mantivo activo até o século XVII, cando os aluvións do río Sar provocaron a retirada da ría), onde se sitúa actualmente a igrexa de Santiago. Dos seus estaleiros saíron as primeiras galeras da mariña española. No século XV o arcebispo Rodrígo de Luna estivo dous anos en Padrón con todo o cabido compostelán para protexerse dos condes de Altamira. Na igrexa de Iria Flavia consérvase o seu sepulcro, con estatua xacente.

Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Xoán Rodríguez de Padrón, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela.

Eleccións en Padrón[editar | editar a fonte]

O PPdG predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de Jesús Villamor Calvo coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o PSdeG e un partido independente (escisión no seu día do PPdG), deulle o bastón de mando a Camilo Forján Seoane, pertencente ao PSdeG. O BNG e o PG tamén apoiaron a investidura do devandito. Na actualidade o alcalde é Antonio Fernández Angueira do PPdG, que goberna en coalición co PGD.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 3.110 49,03 % 7
PSdeG 1.359 21,43 % 3
BNG 556 8,77 % 1
Outros 1.231 19,41 % 2
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 2.262 35,49 % 5
PSdeG 1.637 25,69 % 3
BNG 687 10,80 % 1
Outros 1.786 28,02 % 4
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 2.190 37,62 % 5
PSdeG 1.187 20,39 % 3
BNG 610 10,48 % 1
Outros 1.758 30,03 % 4

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa.

Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón consérvanse dous epígrafes: un en latín, sobre a tradición do santo, e outro de 1133, sobre a reconstrución do templo iniciada polo bispo Xelmírez.

Na ermida de Santiaguiño do Monte, á que segundo a lenda se retiraba a rezar o apóstolo tralas súas predicas, celébrase cada 25 de xullo unha popular romaría.

A casa da Matanza é o pazo onde residiu Rosalía de Castro, situado na periferia, fronte á estación de Padrón. Actualmente acolle un museo. Nos arredores da poboación existen outros pazos e casas señoriais.

O Xardín botánico de Padrón, situado no centro da vila, acolle especies senlleiras e exóticas de árbores.

A vila acolle cada domingo a feira de Padrón, unha das de máis sona de Galiza, onde ademais de roupa e apeiros, destacan os produtos hortofrutícolas da zona, en especial os coñecidos pementos.

Os pementos de Padrón, están vinculados ao convento de San Francisco de Herbón, onde foron levados por frades franciscanos cara ao século XVI ou XVII, seguramente procedentes de México ou o sur dos EUA.

Padrón na cultura popular[editar | editar a fonte]

Monumento ao carro en Padrón.
Véxote no Milladoiro,
no Faramelo, en Padrón,
e hastra pola Ponte Valga
te vexo no corazón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Padrón.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón

Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)

Lugares de Padrón[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrón vexa: Lugares de Padrón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Padrón Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca do Sar Comarca do Sar
Dodro
Dodro
Padrón
Padrón
Rois
Rois