Cerdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°36′43″N 07°57′17″O / 43.61194, -7.95472

Cerdido
Escudo de Cerdido
Casa do Concello de Cerdido.JPG
Casa do Concello
Situacion Cerdido.PNG
Situación
Xentilicio[1] cerdidense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca do Ortegal
Poboación 1.191 hab. (2016)
Área 52,7 km²
Densidade 22,6 hab./km²
Entidades de poboación 3 parroquias
Capital do concello As Felgosas
Política (2015)
Alcalde Benigno Galego Castro
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Cerdido
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 89,06%
Na rede
www.cerdido.org
correo@cerdido.dicoruna.es

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 1249 habitantes
Menores de 15 anos 93 (7,44 %)
Entre 15 e 64 anos 683 (54,68 %)
Maiores de 65 anos 473 (37,87 %)
Evolución da poboación de Cerdido   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
3060 3350 3696 2195 1558 1361 1312
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo deriva do latín quercetum, debido á abundancia de carballos da zona.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur coas Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Pertence á Rede Natura 2000 da ría de Ortigueira-Mera.

Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.

A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.

Historia[editar | editar a fonte]

No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.

No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.

O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de San Martiño de Xuvia.

No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de visconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Alcalde durante varias décadas, Bernardino Breijo (PP) renunciou a esta condición e á de edil na corporación municipal en abril de 2006, a pouco máis dun ano das seguintes eleccións locais. Entrou no seu lugar, como alcaldesa, Ana Rodríguez Montero.

Nos comicios de maio de 2007, o PP volveu a ser o máis votado, pero perdeu un escano, acadando 5 concelleiros. Obtivo maioría absoluta, fronte aos 2 edís do BNG e os outros 2 que recolleu o PSdeG-PSOE. Ana Rodríguez Monteiro repetiu como rexedora.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdido.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido

A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño)

Lugares de Cerdido[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdido vexa: Lugares de Cerdido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.