Brest, Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°23′27″N 4°29′8″O / 48.39083, -4.48556

Brest, Bretaña
Blason Brest(29).svg
Vue brest 800x600 ArM.jpg
Vista da cidade dende o castelo
Localización
Brest en Francia
Brest
Brest
Brest en Bretaña
Brest
Brest
País Francia Francia
Rexión Flag of Brittany (Gwenn ha du).svg Bretaña
Departamento Blason29.PNG Finistère
Xeografía
Altitude 0–103 msnm
Superficie 49,51 km²
Demografía
Poboación 142.097 hab. (2008)
Densidade 2.900 hab/km²
Outros datos
Código postal 29200
Alcalde François Cuillandre (2014-2020)
Páxina oficial de Brest

Brest é unha cidade e un porto atlántico de Francia situada no departamento francés de Finistère, na rexión de Bretaña. No ano 2008 tiña 142.097 habitantes[1]. É a segunda cidade da rexión administrativa de Bretaña despois de Rennes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Brest ocupa unha situación estratéxica preto da ruta marítima máis frecuentada do mundo. A rada de Brest, cunha superficie de 150 km2 e separada do océano por un estreito paso de 6 km de longo e 1,8 km de ancho, protexe a cidade e o seu porto das numerosas tormentas que castigan a miúdo a costa bretoa.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira cidadela de Brest foi un campamento romano construído entre os anos 250 e 350: o 'Castellum'. A ocupación romana termina a comezos do século V.

No século XVII Richelieu crea a Mariña de Poñente e o porto de Penfeld; nace o Arsenal e é o comezo do desenvolvemento portuario e militar de Brest, o cal levou á fortificación da cidade, segundo a planificación de Vauban a partir de 1683.

Durante a primeira guerra mundial foi o porto de desembarco das tropas norteamericanas. Na segunda guerra mundial a cidade foi destruída polos bombardeiros e a reconstrución, comezada ao finalizar a guerra, non rematou até 1961.

Eventos culturais e festividades[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Protocolo de amizade[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • «Brest» por Jean Ollivro en Enciclopædia Universalis

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]