Fundación Barrié
| Fundación Barrié | |
|---|---|
Sede nos cantóns da Coruña | |
|
Instancia de
| |
|
Forma xurídica
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Fundador/a
| |
|
Presidente/a
| |
|
Membro de
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Premios | |
|
Premios
Premio Otero Pedrayo (2001) | |
| Localización | |
|
Enderezo
| |
|
Sede
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]A organización foi creada o 5 de novembro de 1966 por Pedro Barrié de la Maza, quen a declarou herdeira universal da súa fortuna. Posteriormente, a súa irmá Gertrudis e a súa viúva Carmela Arias achegaron tamén parte do seu patrimonio. A fundación foi declarada de interese galego pola Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986.
Foi accionista maioritaria de Banco Pastor, ata a súa fusión co Banco Popular en 2013, obtendo dos rendementos das accións nesta empresa a maior parte dos seus ingresos.
Sedes
[editar | editar a fonte]A sede da Coruña sitúase no número 9 do Cantón Grande. Foi inaugurada en 1995 pola Raíña Sofía. A sede de Vigo está radicada no número 31 da rúa de Policarpo Sanz, no Edificio Banco de Vigo. Foi aberta en 2005 e recibiu diversos premios pola súa restauración, asinada polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.
Actividade
[editar | editar a fonte]A fundación contribuíu de diversas formas á cultura, educación, sanidade etc. de Galicia. Colaborou na creación das escolas universitarias de Arquitectura e Arquitectura Técnica na Coruña e a de Enxeñería Industrial en Vigo e do Instituto da Lingua Galega.
Organiza anualmente o Ciclo de Jazz da Fundación Barrié e entrega bolsas a estudantes universitarios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
