Vicente Ferrer
Vicente Ferrer | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1920 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 19 de xuño de 2009 |
Lugar de falecemento | Anantapur |
Nacionalidade | España, India, Raj Británico e Domínio da Índia |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | misioneiro, filántropo e empresario |
Cónxuxe | Anna Ferrer |
Premios | Catalan of the year Award, Premio Príncipe de Asturias da Concordia, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, honorary doctorate of the Polytechnic University of Valencia, Honorary doctor of the University of Huelva, Gran Cruz de la Orden Civil de la Solidaridad Social, Premio Príncipe de Asturias da Concordia e Creu de Sant Jordi |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vicente Ferrer i Moncho, nado en Barcelona o 5 de maio de 1920 e finado en Anantapur, Andhra Pradesh (India), o 19 de xuño de 2009, foi un misioneiro laico español, considerado unha das persoas máis activas na axuda, solidariedade e cooperación coas persoas desfavorecidas nos países máis empobrecidos do mundo. A súa actividade desenvolveuse principalmente na India, onde chegou en 1952 como misioneiro xesuíta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]
Na súa xuventude afiliouse ó POUM e ós 16 anos foi chamado ás filas, durante a guerra civil española. Participou na batalla do Ebro (1938) e na retirada do exército republicano a Francia despois da caída da fronte de Cataluña. Foi brevemente internado no campo de concentración de Agelès-sur-Mer. Ó non ter cometido delitos, optou por volver a España, sendo entregado polas autoridades francesas ás franquistas en Hendaia e internado no campo de concentración de Betanzos en 1939.
Foi finalmente liberado pero tivo que cumprir de novo o servizo militar. Puido licenciarse despois de sete anos de mobilización contando os anos da guerra, reclusión e novo servizo militar. En 1944 abandonou os seus estudos de Dereito e ingresou na Compañía de Xesús [1].
Misioneiro[editar | editar a fonte]
En 1970 deixou a Compañía de Xesús, casou coa periodista inglesa Anne Perry e fundou a organización Rural Development Trust (Fondo de Desenvolvemento Rural). Dende o principio do seu labor despertou grandes simpatías entre os campesiños indios, pero non entre as clases dirixentes, económicas e políticas, que vían no seu labor unha ameaza. Aínda así puido seguir adiante cos seus proxectos grazas ó apoio de Indira Gāndhi, que sempre recoñeceu o seu labor.
Dende 1996 conta coa súa propia fundación, a Fundación Vicente Ferrer, a través da cal organiza toda a súa actividade.
Distincións recibidas[editar | editar a fonte]
- Premio Príncipe de Asturias da Concordia, en 1998.[2]
- Español Universal, en 1998.
- Membro da Comisión de Erradicación da Pobreza, do Goberno de Andhra Pradesh, en 2000.
- Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña, en 2000.
- Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacía Española, en 2000.
- Personaxe destacado da historia do século XX pola UNESCO, en 2001.
- Gran Cruz da Orde Civil da Solidariedade Social, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de España, en 2002.
- Premio ó Espírito Olímpico, do Comité Olímpico Español, en 2002.
- Doutor honoris causa pola Universidade Politécnica de Valencia en 2000 e a Universidade de Huelva en 2001.
- A Rural Development Trust obtivo diferentes distincións entre os que destacan:
- Mellor Proxecto Ecolóxico, outorgado polo goberno de Holanda, en 1994.
- Medalla de Ouro do Traballo, concedida polo Estado de Andhra Pradesh, en 2000.
- Recoñecemento da Comisión Europea (institución da Unión Europea) como a mellor ONG participante nas tarefas de rescate e reconstrución despois do terremoto de Guyarat en 2001.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Un recluso en Betanzos, chamado Vicente Ferrer
- ↑ "Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1998". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 10 de decembro de 2008.