Francisco Vázquez Vázquez
Francisco Vázquez Vázquez | |
![]() | |
23 de maio de 1983 – 24 de marzo de 2006 | |
Precedido por | Joaquín López Menéndez |
Sucedido por | Javier Losada |
2006 – 2011 | |
1980 – 1982 | |
Precedido por | José Luis Rodríguez Pardo |
Sucedido por | Antonio Rodríguez Rodríguez |
1993 – 1998 | |
Precedido por | Antolín Sánchez Presedo |
Sucedido por | Emilio Pérez Touriño |
1979 – 1981 | |
1982 – 2000 | |
2000 – 2006 | |
1991 – 1995 | |
Precedido por | Tomás Rodríguez Bolaños |
Sucedido por | Rita Barberá |
2003 – 2006 | |
Precedido por | Rita Barberá |
Sucedido por | Heliodoro Gallego |
Datos persoais
| |
Nacemento | 9 de abril de 1946 (74 anos) A Coruña, ![]() |
Partido | PSdeG-PSOE (até 2014) |
Profesión | Avogado, Inspector de Traballo, político |
Residencia | A Coruña |
Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. No ano 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade [1]. En febreiro de 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, é elixido Secretario Xeral dos socialistas galegos, e forma parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, presentándose á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas. Como deputado no Parlamento de Galicia encabezou a oposición ao establecemento da capitalidade en Santiago propoñendo que A Coruña fora a sede das institucións autonómicas
En 1983 gañou as eleccións locais na Coruña, obtendo o maior apoio electoral nunha capital de provincia, con máis dun 60 por cento dos votos[Cómpre referencia]. Volvería a obter maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, aínda que esta última vez dun xeito bastante axustado.
Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e varias lexislaturas Senador. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en dúas ocasións.
Entre outros títulos posúe o de Cabaleiro da Orde do Imperio Británico[2] e a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.[3]
De carácter conservador e constantemente enfrontado ao nacionalismo galego, mantivo sempre posturas de seu, independentes das oficiais do seu partido: republicano e socialdemócrata, confésase católico practicante e respectuoso coa monarquía.
Destacou pola súa longa batalla polo topónimo castelán da cidade, e a súa feroz oposición á utilización oficial en exclusiva do nome galego "A Coruña", en contra das leis de normalización da comunidade galega.
A súa pegada na cidade da Coruña, tras 23 anos de goberno destacan as obras do Paseo Marítimo (ao que se lle puxo o seu nome despois da súa marcha da alcaldía), a rede de Museos Científicos, os Pazos da Ópera e de Congresos, o Coliseum, o Fórum Metropolitano, parques como os de San Pedro, Bens ou San Diego, barrios coma Os Rosales, Paseo das Pontes, Matogrande ou Novo Mesoiro e doutras medidas como a creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, a da Universidade da Coruña, a Planta de Tratamento de Residuos de Nostián, así como a consecución das obras do Porto Exterior.
Algunhas das súas decisións estiveron envoltas de polémica, en especial na súa última época á fronte de María Pita. A derruba do asilo de Adelaida Muro, a instalación de amarres deportivos na dársena da Mariña, a farmacia de Durmideiras, as terrazas da praza de María Pita ou a instalación dunha bandeira española na Coraza do Orzán tras o desfile das Forzas Armadas do ano 2005, provocando polémica esta última decisión no nacionalismo local, son boa mostra diso. Ademais outras polémicas como a do topónimo castelán, a capitalidade da comunidade autónoma ou a reclamación dunha diocese para a cidade, independente da compostelá, acompañárono de forma constante durante toda a súa traxectoria política.
Deixou o posto na alcaldía o 10 de febreiro de 2006, cando o goberno español o nomeou embaixador no Vaticano[4], cargo que mantivo até abril de 2011.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Foi condecorado, entre outras,[5] con:
- Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Pío IX.
- Orde do Imperio Británico[2].
- Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica[3].
- Gran Cruz da Orde de Malta.
- Cabaleiro da Gran Cruz da Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Jorge.
- Gran Cruz Fidélitas.
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio.
- Gran Cruz do Mérito Militar.
- Gran Cruz do Mérito Naval.
- Orde do Mérito Constitucional.
- Gran Cruz da Orde Real do príncipe Danilo I (Montenegro).
- Medalla de Ouro da Coruña.
- Gran mestre de honor da Orde de Cabaleiros de María Pita.
- Fillo Predilecto da Coruña.
- En 2009 foi galardoado co Premio Fernández Latorre[6].
Predecesor: Joaquín López Menéndez (LCU) |
![]() Alcalde da Coruña 1983 – 2006 |
Sucesor: Javier Losada |
Predecesor: Ningún |
![]() Secretario Xeral do PSdG-PSOE 1977 – 1985 |
Sucesor: Antolín Sánchez Presedo |
Predecesor: Antolín Sánchez Presedo |
![]() Secretario Xeral do PSdG-PSOE 1993 – 1998 |
Sucesor: Emilio Pérez Touriño |
Predecesor: Tomás Rodríguez Bolaños |
Presidente da FEMP 1991 – 1995 |
Sucesor: Rita Barberá |
Predecesor: Rita Barberá |
Presidente da FEMP 2003 – 2006 |
Sucesor: Heliodoro Gallego |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La mayoría de los candidatos ocupa ahora cargos públicos
- ↑ 2,0 2,1 La reina de Inglaterra nombra a Francisco Vázquez caballero del Imperio Británico Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 30/10/2000 (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Aznar impondrá a Francisco Vázquez la Gran Cruz de Isabel la Católica ABC, 08/10/2003 (en castelán).
- ↑ Zapatero nombra al alcalde de A Coruña nuevo embajador ante el Vaticano
- ↑ Francisco Vázquez recibe la cruz de la Orden de Malta, 12/4/2011. La Opinión A Coruña.
- ↑ "Premios Fernández Latorre". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 20 de maio de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Vázquez Vázquez ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1946
- Nados na Coruña
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes da Coruña
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Senadores pola Coruña
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Embaixadores
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Corporación Municipal da Coruña 1999-2003
- Corporación Municipal da Coruña 2003-2007
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Grandes cruces da Orde do Mérito Civil
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Orde de Afonso X o Sabio
- Avogados de Galicia