Saltar ao contido

Gemeinsame Normdatei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Gemeinsame Normdatei
Logotipo
Imaxe
 Título
Gemeinsame Normdatei (de) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
 Lingua
 Medio usado
Implicados
 Usado por
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
19 de abril de 2012
2012 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF188136221 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j9kt8p Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
Twitter: gndnet Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos.

Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá. O sistema GND está baixo a licenza Creative Commons Zero (CC0).[1]

A especificación GND fornece unha xerarquía de entidades de alto nivel e subclases, útiles nas clasificacións das bibliotecas, e un sistema para a identificación sen ambigüidades de elementos únicos.

Tornouse operacional en abril do ano 2012, e integra o contido doutros ficheiros de autoridades que dende entón xa non están en uso:

  • Personennamendatei (PND)
  • Gemeinsame Körperschaftsdatei (GKD)
  • Schlagwortnormdatei (SWD)
  • Einheitssachtitel-Datei des Deutschen Musikarchivs (DMA-EST)
  1. "Integrated Authority File (GND)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2016.