Francisco Fernández del Riego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Fernández del Riego
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Medalla de Galiza.svg
Estatua Francisco Fernández del Riego.JPG
Busto de Fernández del Riego, obra de Álvaro de la Vega, na praza homónima, en Vigo.
Datos persoais
Nacemento 7 de xaneiro de 1913
Lugar Vilanova de Lourenzá, Lourenzá, Galicia Galicia
Falecemento 26 de novembro de 2010 (97 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Evelina Hervella
Fillos non tivo
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Ensaio, narrativa
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos[1], foi un intelectual galego. Escribiu co pseudónimo de Salvador Lorenzana. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

A cultura non se pode politizar seitariamente, perténcelle ao país, que se interpreta a través dela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Tras rematar o bacharelato matriculouse en dereito na Universidade Complutense de Madrid, a proclamación da República colleuno nesa cidade, pouco despois trasládase a Santiago e segue os seus estudos na súa universidade ao tempo que realizaba filosofía, entrou no Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista[2], e formou parte do Consello galego de Galeusca (1934).

Carta enviada a Vicente Risco avisándoo de que a censura aprobara a súa obra Leria.

Foi xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto un dos principais impulsores da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. En 1963 xurdiu desta editorial a revista Grial, que Del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua recesións literarias e artigos.

Ingresou en 1960 na Real Academia Galega cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. En 1997 presidiu esta institución.

O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra convérteno nun dos principais intelectuais galeguistas do século XX e comezos do XXI. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Historia da literatura galega (1984), Galicia no espello, Diccionario de escritores en lingua galega, A xeración Galaxia e estranxeiras, como Letras do noso tempo.

Cultivou tamén a narrativa (O cego de Pumardedón) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia). Editou antoloxías poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artigos poéticos e biografías. Tamén é autor dun libro de memorias, O río do tempo (1991). No 2003 recompila a súa correspondencia con Cunqueiro e a edita en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario Mindoniense, e publica tamén en Galaxia as súas memorias baixo o título de Camiño andado.

En 1995 doou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Foi director da Biblioteca da Fundación Penzol, en Vigo.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Cos ollos do noso esprito, 1949, Alborada (Bos Aires).
  • Galicia no espello, 1954, Ediciones Galicia (Bos Aires).
  • Os camiños galegos na andadura de don Ramón María del Valle-Inclán, 1971.
  • Manual de historia da literatura galega, 1971, Galaxia.
  • Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, 1973.
  • Letras do noso tempo, 1974, Galaxia.
  • Ánxel Casal e o libro galego, 1983, Edicións do Castro.
  • As peregrinacións xacobeas, 1983, Galaxia.
  • Escritores de Portugal e do Brasil, 1984, Edicións do Castro.
  • Historia da Literatura, 1984, Galaxia.
  • O señor da casa grande de Cima de Vila, 1988, Fundación Otero Pedrayo.
  • Diccionario de escritores en lingua galega, 1990, Edicións do Castro.
  • O río do tempo, 1990, Edicións do Castro.
  • Álvaro Cunqueiro e o seu mundo: vivencias e fabulacións, 1991, Ir Indo.
  • Presencia de Vigo na industria do libro e nas publicacións periódicas, 1991, Edicións do Castro.
  • Blanco Amor, emigrante e autodidacta: a súa vida literaria, 1992, Ir Indo.
  • O camiño de Santiago, 1992.
  • Galicia, 1994, Xerais.
  • Luis Seoane desde a memoria, 1994, Edicións do Castro.
  • A xeración Galaxia, 1996, Galaxia.
  • Antolín Faraldo, o gran soñador, 1998, Xerais.
  • A pesca galega de mar a mar, 1998, Edicións do Castro.
  • A pegada das viaxes, 2000, Ir Indo.
  • Portugal norteño, 2000.
  • Con Pondal en Bergantiños, 2001, Edicións do Castro.
  • Ourense sentimental, 2001.
  • Vigo sentimental, 2001. Caixanova.
  • Camiño andado, 2003, Galaxia.
  • Desde a miña fiestra: 13 figuras da cultura galega contemporánea, 2003.
  • As peregrinacións xacobeas, 2003, 3C3.
  • Sinais dunha cultura, 2003, Deputación de Pontevedra.
  • Lourenzá, 2004, Edicións do Castro.
  • Palabras a eito, 2005, Universidade de Santiago de Compostela.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O cego de Pumardedón, 1992, Ir Indo.
  • Mondoñedo, 1992.
  • San Andrés de Teixido, 1993, Castromil.
  • Na espera do amigo, 1994.

Edicións e antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Escolma de poesía galega. IV. Os contemporáneos, 1955, Galaxia.
  • Do dezanove ós continuadores, 1976, Galaxia.
  • Do posmodernismo ós novos, 1980, Galaxia.
  • Escolma de textos de Vicente Risco, 1981, Real Academia Galega.
  • Pensamento galeguista do século XIX, 1983, Galaxia.
  • Pensamento galeguista do século XX, 1983, Galaxia.
  • Poesía, de Antonio Noriega Varela, 1991, Xerais.
  • Eduardo Blanco Amor: escolma de textos, 1993, Real Academia Galega.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Historia de la literatura gallega, 1951.
  • Peregrinaciones a Santiago, 2004, Galaxia.

Dicionarios[editar | editar a fonte]

  • Vocabulario castellano-gallego, 1973, Galaxia.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Como unha das principais figuras de Galicia, foi recoñecido con numerosos galardóns, como o Premio Trasalba, o Pedrón de Ouro, a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, o Premio Celanova, o premio A casa dos Poetas, unha Medalla Castelao, o Premio das Artes e das Letras de Galicia, o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda, o Premio Laxeiro e outros.

Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica, así como Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega e, postumamente, Bo e Xeneroso por esta mesma entidade.


Predecesor:
Domingo García-Sabell
Presidente da RAG
1997-2001
Sucesor:
Xosé Ramón Barreiro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado, mais non tivo fillos. Á súa morte, foi incinerado, e as súas cinzas gardadas no cemiterio da Ramallosa (Nigrán)[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]