María Teresa Miras Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Teresa Miras Portugal
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento19 de febreiro de 1948
Lugar de nacementoO Carballiño
Falecemento27 de maio de 2021
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónbióloga, farmacéutica, bioquímica, bióloga molecular, investigadora e profesora universitaria
PaiAurelio Miras Azor
IrmánsAurelio Miras Portugal
PremiosPremio de Investigación Miguel Catalán, Medalla Castelao e Premio María Josefa Wonenburger Planells
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948 e falecida en Madrid o 27 de maio de 2021, foi unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia[1][2][3], sendo a primeira muller en presidir unha Real Academia.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou farmacia, primeiro na Universidade de Santiago de Compostela, para pasar a finalizar estes estudos na Universidade Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e Premio Nacional da Licenciatura de Farmacia en 1971. Ademais, dende 1975 é Docteur Sciences pola Universidade de Estrasburgo, obtendo tamén o Doutoramento en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Dende 1982 é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Dedicouse á investigación durante máis de 40 anos.[6]

Estaba especializada no estudo dos receptores de nucleótidos e a súa repercusión en doenzas neurodexenerativas, e a súa investigación diríxese fundamentalmente ás neurociencias (funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos, interacción de neurotransmisores etc.).

Publicou máis de 200 artigos de investigación en revistas especializadas, e compaxina o seu labor docente e institucional coa investigación. En 2012, foi nomeada presidenta do Comité de Expertos para o estudo da necesidade de reformas na universidade española.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Xunta de Galicia concedeulle o Premio María Josefa Wonenburger Planells en 2008. Entre outros moitos premios e recoñecementos ó seu labor investigador e docente, no ano 2011 a Comunidade de Madrid concedeulle o Premio de Investigación Miguel Catalán, por toda a súa traxectoria profesional e, en 2016 recibiu a Medalla Castelao.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi filla de Aurelio Miras Azor e irmá de Aurelio Miras Portugal, estaba casada e tiña dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ranf.com (ed.). "Perfil na Real Academia Nacional de Farmacia". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 SEBBM (ed.). "La universidad española necesita una profunda revisión". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. Tribuna Complutense (ed.). "Parece que en España no estamos orientados a obtener un beneficio de las ideas". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. "Fallece María Teresa Miras Portugal, la bioquímica ourensana que quiso cambiar la Universidad española". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-28. Consultado o 2021-10-19. 
  5. Pereiro, Xosé Manuel (2021-05-31). "Muere María Teresa Miras, la primera mujer en presidir una Real Academia". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-19. 
  6. madridmas (ed.). "En Ciencia sin imaginación se envejece rápido". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  7. "Medallas Castelao 2016", El Progreso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]