Carmen Porto Vázquez
María Carmen Porto Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 1938 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | Radióloga |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Carmen Porto Vázquez, nada en Santiago de Compostela en 1938, é unha destacada radióloga galega. En 2011 foi distinguida cunha medalla Castelao pola Xunta de Galicia.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Medicina pola USC. A súa tese de doutoramento recibiu a máxima nota, un sobresaínte cum laude.
No ámbito español, pasa por ser a primeira muller radioterapeuta titulada en exercer o cargo. Por concurso de méritos, ocupou a xefatura de servizo no Centro Hospitalario de Santiago dende 1972 até a súa xubilación. Así mesmo, foi a primeira muller á fronte do SERGAS e a primeira profesora da Facultade de Medicina en formar parte do seu claustro.
En 2007 recibiu a medalla de ouro que outorga anualmente a Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica.[2]
En 2011 fo Medalla Castelao e Medalla de honra da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé M. Cambeiro (7/2/2011). "Soy pionera en radioterapia". La Voz de Galicia (en castelán).
- "Sempre tiven presente que as mulleres témolo moito máis complicado". Eco Revista do Eixo Atlántico (314). xullo de 2017.