Juan Domínguez Fontenla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Domínguez Fontenla
Juan Domínguez Fontenla 1923.jpg
Nacemento8 de outubro de 1869
 A Guarda
Falecemento11 de marzo de 1942
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote católico, arqueólogo e historiador
editar datos en Wikidata ]

Juan Domínguez Fontenla, nado na Guarda o 8 de outubro de 1869 e finado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, foi un sacerdote, arqueólogo e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Teoloxía, foi profesor no Seminario de Tui, capelán das carmelitas da Guarda, párroco do Rosal, de San Francisco de Vigo e da Guarda, e cóengo nas catedrais de Burgos, Ourense e Tui. Foi profesor da Universidade Pontificia, da Sociedad Arqueológica de Santander e conservador do Museo Provincial de Ourense. Fixo escavacións no monte de Santa Trega, colaborou con Florencio Cerviño, bispo de Ourense, na restauración do mosteiro de Oseira, descubriu o arquivo da catedral de Tui, oculto nunha bóveda desde 1808 e traballou na Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Colaborou en La Voz del Tecla, Boletín da Real Academia Galega, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, La Región e Faro de Vigo. Entre os seus artigos destacan “Etimología de la palabra “Panjón”, nombre de un pueblo de la ría de Bayona”, “Turonium. Estudio histórico de esta antigua ciudad”, “Descubrimientos arqueológicos en Santa Tecla” e “El monasterio beneditino de La Guardia”. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939 e foi correspondente da Real Academia de la Historia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Autobiografía del Padre Sarmiento, baseada nunha copia de frei José Goyanes.
  • Tratado de Albeitería de Jordán Rubio de Calabria (século XIII). Transcrición paleográfica dunha versión galega do século XV.
  • Nuestra guerra con Portugal en el siglo XVIII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]