Xosé López Calo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé López Calo
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Nacemento 4 de febreiro de 1922 (95 anos)
Lugar Nebra, Porto do Son, Galicia Galicia
Ocupación Sacerdote e musicólogo

José López Calo, nado en Nebra, no concello de Porto do Son o 4 de febreiro de 1922, é un sacerdote católico xesuíta e musicólogo galego. Salientan os seus estudos sobre a música do Códice Calixtino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

López Calo estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Compañía de Xesús, onde ingresou en 1942. Licenciouse en Filosofía (Universidade de Comillas), Teoloxía (Universidade de Granada) e doutorouse en Filosofía e Letras por esta última universidade e mais pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou Musicoloxía na Escola Superior de Música Sagra de Madrid e no Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma, onde tivo como profesor principal ao musicólogo Higinio Anglés e onde se doutorou en 1962 coa tese “A Música na catedral de Granada no século XVI”.

Bolseiro da Fundación March, traballou na organización dos arquivos musicais de diversas catedrais españolas. Foi Profesor de Musicoloxía entre 1965 e 1970 e vicerreitor do Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma entre 1967 e 1970, así como Secretario xeral da Sociedade Internacional de Música Sagra (1963-1968) e asesor musical da Radio Vaticana (1963-1970). Dende 1973 exerceu como profesor agregado, e despois catedrático de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela, que, á súa xubilación, o nomeou catedrático emérito. Escribiu máis de sesenta libros e uns 300 artigos nas principais revistas, enciclopedias e dicionarios de música do mundo, entre os que cómpre salientar o alemán “Die Musik in Geschichte und Gegenwart” e o “The New Grove Dictionary of Music and Musicians”, para o cal escribiu máis de 200 voces sobre música e músicos españois, mais tamén naEncyclopédie des Musiques Sacrées ou na Storia dell’Opera. Tamén traballou especialmente na catalogación de música manuscrita española entre 1575 e 1825 para o Repertoire International des Sources Musicales.

Considéraselle como un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela[1]. É membro de numerosas Academias e Sociedades Internacionais de Musicoloxía e Socio Fundador das Sociedades Nacionais de Musicoloxía de Italia e España (sendo varios anos vicepresidente desta). É membro da Real Academia Galega de Belas Artes e membro correspondente das de Granada, Segovia e Sevilla. Impulsou a constitución do Coro Campus Stellae.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Archivo de Música de la catedral de Santiago de Compostela (1962)
  • Presente y futuro de la música sagrada (1967)
  • La música en la catedral de Palencia (1981-1982)
  • El Arpa en la catedral de Santiago: un estudo sobre estética musical barroca
  • O Feito diferencial galego na música, Idade Media e Renacemento

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]