Amancio Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amancio Ortega Gaona
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Nacemento 28 de marzo de 1936 (80 anos)
Lugar Villamanín, España
Nacionalidade España Español
Ocupación Empresario (Retirado)
Cónxuxe(s) Rosalía Mera (1966–1986; divorciado)
Flora Pérez Marcote (2001–presente)
Amancio Ortega Gaona signature.png

Páxina web: faortega.org

Amancio Ortega Gaona, nado en Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara[1]. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres. O maior, Antonio, faleceu en 1987. Josefina (Pepita) e a menor: Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actividade profesional[editar | editar a fonte]

Gala, fábrica de camisas.
Primeira tenda de Zara na rúa Juan Flórez da Coruña.

Fillo de país vascos,[2] naceu en Busdongo, unha aldea leonesa do concello de Villamanín, e aos tres anos regresou con eles a Tolosa, onde viviu ata os doce anos. Nesa altura destinaron a seu pai, ferroviario, á Coruña, onde marchou, e onde con catorce anos comezou a súa carreira no mundo do téxtil como empregado de dúas coñecidas tendas de roupa: a camisería Gala[3] e a mercería La Maja[4].

É en 1963 cando crea coa axuda dos seus irmáns a compañía Confecciones GOA (as súas iniciais en sentido inverso), dedicada á fabricación de batas. O negocio crece progresivamente nesta década, e coa súa muller daquela, Rosalía Mera, funda Zara como empresa. En 1975 ábrese a primeira tenda de Zara na céntrica rúa Juan Flórez, na Coruña. Os seus establecementos comezan a abrirse por toda España e o mundo. Co aumento do volume de actividades da empresa, en 1985 créase o grupo Inditex, para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que posúe.

Como presidente de Inditex, e é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares[5]. En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla[6].

Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais como o inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Escola infantil de Esteiro, Ferrol. Fundación Amancio Ortega.

Refuxiado na normalidade e obsesionado polo anonimato, toda a súa vida e ata o seu rostro foron durante moitos anos un dos segredos mellor gardados. Nunca concedeu unha entrevista, aínda que si ten colaborado nalgún libro biográfico. Entre as súas afeccións coñecidas destacan a hípica, os automóbiles e a pintura.

Marcos, o único fillo home de Ortega, naceu cunha grave discapacidade e o empresario e mais a muller daquela, Rosalía Mera promoveron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois casou con Flora Pérez Marcote, con quen tivo unha filla, Marta Ortega, quen se perfila como sucesora á fronte do grupo empresarial e no que xa ten ocupado diversos postos como en Bershka.

En 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.

É propietario do pazo de Anceis en Anceis, e o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas, en Larín.

No ano 2012 Amancio Ortega, a través da fundación que leva o seu nome, realizou unha doazón a Cáritas por valor de 20 millóns de euros, que nese momento calculouse que supoñía o 0,05% do seu patrimonio.[7][8]

Honras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blanco, Xabier; Salgado, Jesús (2004). Amancio Ortega, de cero a Zara: El primer libro de investigación sobre el imperio Inditex. Esfera de los Libros. p. 271. ISBN 978-84-9734-167-7.
  • Martín, David; Zara, visión y estrategia de Amancio Ortega. Conecta. 192 páxinas
  • Enrique Abadía. Zara y sus hermanas. LID. ISBN 978-84-8356-026-6 (368 páxinas)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]